Sicilia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
+ort +fix +cat +img
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 70:
Os máis antigos pobos de Sicilia foron os Elymas no oeste, os Sicanas no centro, e os Siculos na parte oriental, estes últimos probablemente vidos do continente, empurrando cara ao oeste da illa aos poboadores máis antigos. Estes son os que darán o seu nome ao país.
 
A Sicilia foi primeiro colonizada polos [[fenicios]], os [[Cartago|cartaxinenses]] e os [[Grecia antiga|gregos]], que alí teñen deixado numerosos vestixios (teatro de Taormina, templos de Segesta, Agrigento e Selinonte, entre outros). Foi gobernada por príncipes chamados "tyranos", entre eles os famosos Denys o Antigo e Denys o Novo (que acolleu ao filósofo [[Platón]]). Máis tarde caeu nas mans dos [[Roma Antiga|romanos]] despois da [[Primeira Guerra Púnica]], converténdose desde entón nunha importante fonte de cereais para Roma. O rei de [[Siracusa]] [[Hierón]] foi un fiel aliado dos romanos na segunda guerra púnica.
 
Sicilia foi a base da resistencia dos últimos pompeianos mandados por [[Sexto Pompeio]], fillo de [[Cneo Pompeio Magno|Pompeio]]. Despois da caída do [[imperio romano]], Sicilia pasa ao [[Imperio bizantino]] ata a súa conquista polos [[Arabia|árabes]] do [[827]] ao [[902]].
Liña 162:
[[Ficheiro:Oranges 1.jpg|miniatura|150px|Laranxas sicilianas]]
[[Ficheiro:Theatre at Syracuse, Sicily.jpg|miniatura|Necrópole de Pantalica, [[Patrimonio da Humanidade]]]]
Dentro das actividades do sector primario Sicilia é coñecida pola súa cultura do cultivo de [[Laranxa (froita)|laranxalaranxas]]s, [[limón]]s, [[mandarina]]s, hortalizas, [[legume]]s e froitos secos, como base dos produtos desta terra. Tamén destaca o cultivo da [[vide]] e a produción de [[viño]]s, moi apreciados sobre todo no estranxeiro. Entre os máis coñecidos están o Viño de Marsala, da provincia de Trapani, o Moscato de Pantelleria, Malvasía de Lipari, Nero de Avola, o máis importante viño siciliano de hoxe día, Cerasuolo de Vittoria.
 
Dentro da gandería sobresaen os [[ovino]]s, [[caprino]]s e [[equino]]s, que están presentes en cantidade, mentres que os [[bovino]]s están presentes en número limitado. A pesca constitúe un recurso moi valioso para Sicilia. Péscanse, ademais de [[peixe espada]], [[atún]], [[sardiña]]s e [[xarda]]s, ademais do [[peixe azul]] típico do [[Mediterráneo]], que permite prover á industria da [[conserva]], a materia prima necesaria para o peixe enlatado e o peixe afumado. En [[Mazase do Valo]], na provincia de Trapani, obtéñense boas [[robaliza]]s, [[camarón]]s en Ganzirri, e na a zona norte de Messina, [[ostra]]s. Os portos máis importantes son os de [[Palermo]], [[Catania]], Messina e Augusta. Son ben coñecidas tamén as [[salina]]s de Trapani, desde onde se extrae desde a antigüidade unha fina [[cloruro de sodio|sal]] mariña.
Liña 172:
A industria do turismo é unha actividade en crecemento, favorecida pola presenza de numerosos sitios [[Arqueoloxía|arqueolóxicos]] (Morgantina, Val dos Templos, Selinunte...) e as belezas naturais que suscitan o interese dos visitantes. Nos últimos anos investiuse sobre a capacidade receptiva dos albergues, favorecendo o incremento da súa presenza na illa.
 
Entre outros destinos turísticos de renome están localidades como [[Taormina]], [[Agrigento]], [[Siracusa]], [[Caltagirone]], [[Cefalù]] e [[Piazza Armerina]] (Vila do Casale). O interior da illa é un lugar rico en historia, [[tradición]]s e sobre todo en arte e [[cultura]], [[Fortaleza (arquitectura militar)|fortalezafortalezas]]s, [[igrexa (arquitectura)|igrexaigrexas]]s, bosques e espazos naturais de importancia que lle dan valor ás áreas internas das provincias de Enna, Catania, Caltanissetta e Palermo.
 
== Cultura ==
=== Lingua siciliana ===
{{APArtigo principal|Lingua siciliana}}
[[Ficheiro:Super Enalotto sicilianu.jpg|miniatura|esquerda|Letreiro en siciliano.]]
Unha grande parte dos sicilianos son bilingües en [[lingua italiana|italiano]] e en [[lingua siciliana|siciliano]], unha [[lingua romance]] totalmente independente, cun vocabulario considerable (cun mínimo de 250.000 palabras). Unha parte destacable das palabras son de préstamo con lixeiros cambios, tendo a influencias do [[lingua grega|grego]], [[lingua catalá|catalán]], [[lingua francesa|francés]], [[lingua|árabe]] ou do [[lingua castelá|castelán]] entre outras.<ref>[http://www.leoluca-criscione.net/HTM-DOCUMENTI/DIALetto-english%20version.htm The Sicilian Language]</ref> O siciliano a parte da illa tamén é falado en certa medida en [[Calabria]] e [[Puglia]], tendo ademais unha influencia significativa na [[lingua maltesa]]. Na idade moderna, o italiano ensínase nas [[escola]]s e é a linguaxe dos [[medios de comunicación]], especialmente nalgunhas das zonas urbanas, o siciliano é agora un segundo idioma entre a maior parte dos mozos.