Miño: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 61:
O seu xentilicio <small>(véxase no Galizionario)</small> é «{{Dic|miñense}}».
 
== Xeografía ==
=== Situación ===
O concello, de 33 km², abrangue oito parroquias que son [[Bemantes, Miño|Bemantes]], [[Callobre, Miño|Callobre]], [[Carantoña, Miño|Carantoña]], [[Leiro, Miño|Leiro]], [[Castro, Miño|Castro]], [[Miño, Miño|Miño]], [[Perbes, Miño|Perbes]] e [[Vilanova, Miño|Vilanova]]. Limita ao norte con [[Pontedeume]], ao leste con [[Vilarmaior]], ao sur con [[Paderne]] e [[Irixoa]], e ao oeste coa [[ría de Betanzos]]. Está situado a 25 km da [[A Coruña|capital da provincia]], e a 72 km de [[Santiago de Compostela]].
 
O concello está atravesado pola [[Camiño inglés|Vía inglesa]] do [[Camiño de Santiago]].
=== Hidrografía ===
Polo municipio pasan o [[río Lambre]], que tras cruzar a [[A Ponte do Porco, Miño, Miño|ponte do Porco]] forma a praia da Alameda, o [[río Xarío]], que atravesa as parroquias de [[Vilanova, Miño|Vilanova]] e [[Perbes, Miño|Perbes]] e desauga a carón da praia Grande, e o [[río Baxoi]], que tamén desauga na praia Grande e recibe este nome polo seu paso pola [[A Ponte Baxoi, Castro, Miño|Ponte Baxoi]]. Alí se atopa na súa beira unha [[Fonte (arquitectura)|fonte]] [[Arte gótica|gótica]] e un merendeiro para o descanso dos [[peregrino]]s que se dirixen a Compostela.
=== Demografía ===
<timeline>
Colors=
Liña 138:
<center>
 
== Historia ==
O concello constituíuse como tal trala fin do [[Antigo Réxime]] a comezos do [[século XIX]]. Até 1919 o municipio levou o nome de [[Castro, Miño|Castro]], parroquia na que estivo a capital até entón<ref>[http://www.cronistadebetanzos.com/el-cambio-del-ayuntamiento-de-castro-para-mino/ "El cambio del ayuntamiento de Castro para Miño"], artigo de [[José Raimundo Núñez-Varela Lendoiro]] en ''Betanzos e a súa Comarca'', 1 de xullo de 2000.</ref>.
 
== Cultura ==
=== Patrimonio ===
==== Patrimonio arqueolóxico ====
Da [[cultura castrexa]] consérvase o [[castro de Loios]] e o castro de Ombre<ref>[http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/castros-de-galiza-i.html Miño. O Noso Patrimonio]</ref>.
==== Patrimonio arquitectónico ====
A [[Igrexa (arquitectura)|igrexa]] de San Xoán de Vilanova é de orixe [[arte románica|románica]]. Comezou a construírse no ano 1040, sendo a [[Portada (arquitectura)|portada]] reconstruída no [[século XVIII]]. A súa [[ábsida]] semicircular foi restaurada. A igrexa de Santa María de Castro é do [[século XVI]].
 
Sobre os ríos Lambre e Vixoi (hoxe [[río Baxoi]]), hai dúas [[ponte]]s do [[século XV]], mandadas construír por [[Fernán Peres de Andrade o Boo]], señor de Pontedeume. A que cruza o río Lambre, cun só [[Arco (arquitectura)|arco]] de estilo [[Arco apuntado|oxival]], é coñecida como [[Ponte do Porco]], por ter esculpido un [[xabaril]], símbolo da [[casa de Andrade]]. En [[Bañobre, Castro, Miño|Bañobre]] está o pazo dos Condes de Vigo, que conserva na [[fachada]] elementos orixinais do século XVIII.
 
=== Etnografía ===
==== Festas e celebracións ====
''Santa María de Miño''
* '''27 ou 29 de xuño''': Festas en honra a [[Pedro, papa|San Pedro]]. Parte da poboación miñense cre que San Pedro é o patrón, mais en realidade a parroquia de Miño é Sta. Maria, polo que non ten patrón, senón patroa: a Virxe da Asunción. A festividade de San Pedro débese a unha decisión estratéxica pola condición de municipio turístico de Miño que depende da tempada estival, dado que a festividade da Virxe da Asunción coincide con festas locais noutras vilas (15 de agosto), optouse por festexar San Pedro ao ser o 29 de xuño unha data máis propicia para atraer visitantes no verán. {{Cómpre referencia}}<ref>http://www.paxinasgalegas.es/catolica-parroquias-iglesias-mi%C3%B1o-2337ep_49ay.html
Liña 186:
* '''24 de xuño''': Festa de San Xoán
 
== Economía ==
=== Infraestruturas de transporte ===
O concello está comunicado a través da [[Estradas nacionais de España|estrada nacional]] [[N-651]] que vai de [[Betanzos]] a [[Ferrol]] e pola [[autoestrada]] [[AP-9]] con acceso directo, que conecta coas cidades da franxa atlántica. Está atravesado pola liña de [[ferrocarril]] que vai da Coruña a [[Lugo]], conta coa [[estación de Miño]] e coa [[estación de Perbes]].
 
== Deporte ==
No concello teñen a súa sede os seguintes [[club]]s deportivos:
* Asociación Deportiva Miño
Liña 200:
* Judo Club Bemantes
 
== Asociacións ==
No concello teñen a súa sede as seguintes asociacións:
* [[ACRD O´Castro]].
* Asociación de Empresarios de Miño
* Ardobriga. Asociación cultural para a protección do patrimonio
Liña 218:
* Asociación Cultural Mulleres de Bemantes
 
== Galería de imaxes ==
{{APArtigo principal|Galería de imaxes de Miño}}
<gallery>
Ficheiro:Miño dende Sada - Galiza.jpg|Miño dende Sada.
Liña 238:
== Véxase tamén ==
{{commonscat}}
=== Outros artigos ===
* [[Lugares de Miño]].
 
{{Miño}}