Estados Pontificios: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 135:
== Unificación Italiana e fin dos Estados Pontificios ==
[[Ficheiro:Popepiusix.jpg|miniatura|Pío IX.]]
{{APArtigo principal|Unificación de Italia}}
 
Os aires revolucionarios que sopraban con forza por toda Italia derivaron en correntes impulsoras da unidade nacional. O rei sardo-piemontés [[Carlos Alberte de Savoia|Carlos Alberte]] asumiu as iniciativas en prol de tal unidade e declarou a guerra a Austria. O papa [[Pío IX]], que fora entronizado en [[1846]], non quixo unirse á causa, actitude que non lle perdoou o pobo romano. Estoupou a rebelión e Pío IX tivo que fuxir de Roma en novembro de [[1848]]. Aboliuse o poder temporal do papa e proclamouse a II [[República Romana (1849)|República Romana]]. Organizouse un continxente militar achegado por diversas nacións católicas e o [[12 de abril]] de [[1850]] o papa regresaba a Roma, abolida a efémera república. No verán de [[1859]] algunhas cidades da Romaña erguéronse contra a autoridade do papa e adoptaron a plebiscitaria resolución de anexionarse ao [[Piemonte]], o que se levou a efecto en marzo de [[1860]]. Ese mesmo ano, [[Vítor Manuel II|Vítor Manuel]] solicitou formalmente do papa a entrega de Umbría e de Marcas, o que Pío IX rexeitou facer. As tropas piemontesas enfrontáronse ás do papa, que resultaron derrotadas en Castelfidardo (18 de setembro) e en Ancona (30 de setembro). A igrexa se viu desposuída daquelas rexións que, en unión da de Toscana, de Parma e de Módena -estas por vontade propia expresada mediante plebiscitos-, se anexionaron ao crecente reino de [[Piemonte-Sardeña]] (novembro de 1860), que pasaba a denominarse reino de Italia do Norte. Os Estados Pontificios quedaban definitivamente desmembrados e reducidos á cidade de Roma e o seu contorno, onde o papa, baixo a protección das tropas francesas, seguiu polo momento exercendo a súa declinada autoridade civil.
Liña 156:
* [[Papado de Aviñón]].
* [[Pacto de Latrán]].
* ''[[Patrimonia]]''
 
[[Categoría:Cidade do Vaticano]]
[[Categoría:Historia de Italia]]