Castro de Rei: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
+imaxes
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 61:
'''Castro de Rei''' é un concello da [[provincia de Lugo]], pertence á [[comarca da Terra Chá]]. Segundo o [[IGE]] en [[2014]] tiña 5.226 habitantes <small>(5.685 no 2009, 5.785 no [[2006]], 5.779 no [[2005]], 5.856 no [[2004]], 5.902 no [[2003]])</small>. O seu xentilicio <small>(véxase no Galizionario)</small> é «{{Dic|castrexo}}».
 
== Xeografía ==
Castro de Rei está situado na [[comarca da Terra Chá]]. A organización funcional do territorio obedece a unha estrutura monocéntrica, con tres focos comarcais: [[Vilalba]], [[Guitiriz]] e Castro de Rei. Este factor condiciona a maior parte dos seus trazos socioeconómicos.
 
Liña 68:
Regan as súas terras o [[Río Miño|Miño]] e varios dos seus afluentes. O Miño atravesa o concello e ata el derivan o resto dos colectores secundarios como son o [[Río Azúmara|Azúmara]], o [[Río Lea|Lea]] e o [[Río Anllo|Anllo]].
 
=== Demografía ===
Dende o punto de vista demográfico, toda a comarca sufriu as consecuencias da [[emigración]] e do envellecemento demográfico, que tamén deixaron pegadas imborrables nas parroquias montañosas. Non obstante, Castro de Rei non experimentou as oscilacións doutros municipios lucenses no que se refire ás súas flutuacións demográficas. Ao longo de todo o século mantivo a súa poboación en torno aos seis ou sete millares, co cal a súa perda de poboación non foi tan alarmante como ocorreu nos municipios da montaña lucense.
 
Liña 88:
|}
 
=== Climatoloxía ===
Castro de Rei presenta un [[clima temperado]], con abundantes precipitacións nos meses do [[inverno]]. Dende o punto de vista paisaxístico, se algo caracteriza a toda a comarca son as súas planicies e os seus extensos humedais, morada de [[aves]] acuáticas e de grandes comunidades de [[anfibio]]s. Asociada a estes humedais aparece unha paisaxe en mosaico, de gran riqueza ecolóxica, con amplitude de cores e variedade de hábitats: pradeiras, cultivos, [[bosque]]s, uceiras e xunqueiras.
 
== Patrimonio histórico e artístico ==
Na parroquia de [[Ansemar, Castro de Rei|Ansemar]] hai [[megálito]]s e unha posible ''villa'' de [[Roma antiga|época romana]] coñecida como [[Vila de Arcas]].
 
Liña 110:
Na parroquia de [[Viladonga, Castro de Rei|Viladonga]] están o [[Castrelo de Viladonga]] e mais o [[castro de Viladonga]], exemplo de [[castro (poboado)|castro]] de ocupación tardía, e que conta cun [[Museo do Castro de Viladonga|Museo monográfico]] no que se expoñen pezas da [[cultura castrexa]] atopadas no [[sitio arqueolóxico]].
 
== Galería de imaxes ==
{{APArtigo principal|Galería de imaxes de Castro de Rei}}
{{Galería|lines=3
|Ficheiro:Vista xeral da croa Castro de Viladonga.JPG|Vista xeral da croa do [[Castro de Viladonga]]
Liña 120:
|Ficheiro:Ruta Escrita Castro de Rei.JPG|Marcador da ruta da Escrita na parroquia de [[Castro de Rei, Castro de Rei|Castro de Rei]].
}}
== Lugares de Castro de Rei ==
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Castro de Rei vexa: [[Lugares de Castro de Rei]].
 
== Parroquias ==
{{Castro de Rei}}
 
== Notas ==
{{referencias}}
 
== Véxase tamén ==
{{Commonscat|Castro de Rei}}
 
Liña 138:
 
[[Categoría:Castro de Rei]]
 
[[Categoría:Concellos de Galicia sen imaxes da casa do concello]]