Virxinia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo "rebaño" por "rabaño"
m Bot - ortografía: *sudoeste -> suroeste; cambios estética
Liña 47:
Diversas tribos indíxenas vivían na rexión que actualmente constitúe o estado de Virxinia moito tempo antes da chegada dos primeiros [[Europa|europeos]]. Estas tribos facían parte de dúas nacións indíxenas: os [[algonquino]]s e os [[siouniano]]s.
 
Os primeiros europeos en explorar a rexión foron xesuítas [[España|españois]], que exploraron e estableceron unha misión [[Catolicismo|católica]] na rexión durante a década de [[1570]]. Un ataque indíxena destruíu a misión e forzou aos xesuítas a saír da rexión. En [[1584]] a raíña Sabela I de Inglaterra deu permiso a [[Walter Raleigh]] para que explorase e colonizase a rexión que actualmente constitúe Virxinia. En nome da Raíña, Raleigh fixo algunhas exploracións na costa americana e reivindicou a rexión que se estende desde a [[Carolina do Sur]] ata [[Maine, Estados Unidos de América|Maine]] para o Reino Unido. En homenaxe á Raíña Isabel, Raleigh nomeou esta inmensa área, que posteriormente se desenvolvería en doce distintas colonias, co nome ''Virxinia''. Porén, Raleigh fallou nos seus esforzos en colonizar a rexión, en parte por causa da falta de provisións e dos constantes ataques indíxenas.
 
En [[1606]], o Rei [[Xacobe VI de Escocia e I de Inglaterra|Xacobe I da Inglaterra]] fundou a [[Compañía Londrina de Virxinia]]. Esta compañía sería responsábel da colonización da nova colonia británica. En [[maio]] de [[1607]], un grupo de colonizadores británicos, liderados por [[John Smith de Jamestown|John Smith]], fundou [[Jamestown, Virxinia|Jamestown]], o primeiro asentamento británico permanente no continente americano. Os colonizadores enfrontaron innúmeras dificultades no inicio, especialmente a falta de comida, invernos rigorosos e constantes ataques dos algonquinos. Smith foi obrigado a volver para a Inglaterra en [[1609]], e tantos colonos morreron ata [[1610]] que os 60 colonos restantes, desmotivados, decidiron volver para a Inglaterra no verán de [[1610]]. Porén, un novo líder, [[De La Warr]], desembarcou no verán do mesmo ano traendo provisións e máis colonos.
Liña 108:
O clima de Virxinia é [[Clima temperado|temperado]], con catro estacións, con [[verán]]s quentes, e [[inverno]]s relativamente fríos. A proximidade do estado co Océano Atlántico fai que as temperaturas no inverno sexan máis agradábeis ao longo do litoral. As rexións montañosas da cadea dos Apalaches, especialmente aquelas próximas a Blue Ridge, rexistran as temperaturas máis baixas do estado o ano enteiro.
 
A temperatura media do estado no inverno é de 5  °C no litoral e de 0  °C na cadea dos Apalaches. No verán, as maiores temperaturas tamén son rexistradas ao longo do litoral. A temperatura media, no verán, no litoral é de 26  °C, de 24  °C no sudoestesuroeste e de 20  °C no sueste. A temperatura máis alta rexistrada en Virxinia é de 43  °C, rexistrada o [[5 de xullo]] de [[1900]], en [[Columbia, Virxinia|Columbia]]; e a temperatura baixa rexistrada no estado é de -30  °C, rexistrada o [[22 de xaneiro]] de [[1985]]. As máximas varían entre 20  °C e 38  °C no verán e entre -15  °C e 10  °C no inverno. As mínimas varían entre 14  °C no verán ata -25  °C no inverno.
 
A precipitación media anual ([[choiva]] e [[saraiba]]) é de 104 centímetros. As maiores medias son rexistradas na rexión metropolitana de [[Pittsburgh]] e no leste do estado, onde a media é de 130 centímetros. Xa o centro-norte e o oeste do estado posúen as menores medias de precipitación, de apenas 98 centímetros. A precipitación media anual de [[neve]] varía entre 50 centímetros no sudoestesuroeste a 230 centímetros no noroeste de Virxinia.
 
== Política ==