Brión: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 74:
{{Hab info|5.681|6.129|6.966|6.790|6.684|7.205||7.369}}
 
== Xeografía ==
Brión ten unha superficie de 74,9 km². Limita cos concellos de [[Ames]], [[Negreira]], [[Outes]], [[Noia]], [[Lousame]], [[Rois]] e [[Teo]]. Abrangue 9 parroquias e 107 entidades de poboación, sendo a súa capital Pedrouzos. O seu relevo é ondulado, cunha altitude mínima de 30 m sobre o nivel do mar e unha máxima de 525 m.
 
== Historia ==
Consérvanse restos da [[cultura megalítica]], como o campo de mámoas de Raña Longa. Da [[cultura castrexa]] consérvase o [[sitio arqueolóxico]] de Santa Cecía, o [[castro Lupario]], castros de Lamiño, Boullón, Forxán, Pousada, Vioxo e Ons. Logo da [[romanización de Galicia|romanización]], por estas terras pasaba a vía romana ''[[per loca maritima]]''. Os romanos tamén construíron o ''[[hipocaustum]]'' de Cirro.
 
Durante o [[antigo réxime]] as terras de Brión estiveron baixo o dominio da familia dos Moscoso, que desde o [[Torres de Altamira|castelo de Altamira]] dominaban boa parte do norte de Galiza. Trala batalla de Altamira, que tivo lugar en [[1471]] contra as tropas do [[arquidiocese de Santiago de Compostela|arcebispo de Compostela]] [[Alonso II de Fonseca]], [[Rui Sánchez de Moscoso]] deuse o título de I Conde de Altamira. Con todo, a fortaleza de Altamira foi quedando deshabitada por mor do progresivo traslado da nobreza galega á corte debido á política centralista levada a cabo polo [[reino de Castela]] desde os [[Reis Católicos]], até o seu abandono total no [[século XIX]].
 
== Patrimonio ==
=== Arquitectura relixiosa ===
A maioría dos templos relixiosos desta zona foron reformados na época barroca. A igrexa parroquial de San Xulián de Bastavales ten ao seu pé unha capela da [[Virxe do Carme]]. O templo neoclásico de Luaña, conserva a primitiva cabeceira románica e pinturas medievais. A igrexa de Ons ten un retablo pétreo presidido pola Virxe da Asunción.
 
Liña 90:
A capela da Nosa Señora de Guadalupe está situada no Tremo, ao pé da estrada Santiago-Noia, coa mesta arboreda do campo da feira.
 
=== Arquitectura civil ===
Consérvanse diversos pazos e casas grandes, como o [[pazo de Barbeira]] (en Trasouteiro, que fora dos condes de Altamira e ten unha magnífica fonte barroca), o [[pazo de Armesto]] (en Salaño Pequeno, Ons, recentemente restaurado xunto cunha capela), o [[pazo do Armental]] (nos Ánxeles), o [[pazo do Casal]] (en proceso de reconstrución, coa capela de San Xosé adosada) e a casa de Pardo (en Ons, cun escudo de armas).
 
=== Arquitectura popular ===
A fonte do Tremo está coroada por un busto do filántropo local [[Vicente Ramos Rodríguez]], esculpido por [[Francisco Asorey]]. A fonte da igrexa de Bastavales foi pagada polos emigrantes da parroquia na [[Habana]]. En Bastavales, sobre o río Tinto, consérvase unha ponte medieval.
 
No concello hai máis de 60 [[cruceiro]]s, en [[adro]]s de igrexas, encrucilladas, quinteiros das aldeas e beiras de camiños reais. Destacan dous de capela ou loreto (un en Pousada, Viceso, datado en 1637, e outro en Vioxo de Abaixo, Luaña) ou o cruceiro de Bemil (preto da igrexa de Bastavales, coas primeiras mazarocas de millo da anada penduradas como ex-voto).
 
== Política ==
{{APArtigo principal|Eleccións municipais en Brión}}
 
[[Xosé Luís García García]], viu sendo alcalde de forma ininterrompida desde as [[Eleccións Municipais 1979 en Galicia|eleccións municipais de 1979]], até o 2007 como independente, e desde as [[Eleccións Municipais 2007 en Galicia|eleccións municipais de 2007]] encabezando a lista do [[PSdeG]]. A actual corporación municipal está composta por 13 concelleiros, 8 do PSdeG, 3 do [[PPdG]] e 2 do [[BNG]].
 
== Galería de imaxes ==
{{APArtigo principal|Galería de imaxes de Brión}}
<gallery>
Ficheiro:Brión-Galicia 1.jpg|Praza en Brión.
Liña 115:
</gallery>
 
== Parroquias ==
{{Brión}}
 
== Lugares de Brión ==
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Brión vexa: [[Lugares de Brión]].
 
== Notas ==
{{referencias}}
 
== Véxase tamén ==
{{commonscat}}
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.santaminia.org/ www.santaminia.org], web sobre o Santuario de Santa Minia
 
=== Bibliografía ===
* [[Clodio González Pérez|González Pérez, C.]]: ''Brión, historia, economía, cultura e arte'' (Ed. Toxosoutos, 1998).
 
{{ConcellosSantiago}}
{{A Coruña}}
 
 
[[Categoría:Concellos da provincia da Coruña]]