Torta del Casar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
m Bot - ortografía: *surleste -> sueste; cambios estética
Liña 1:
A '''torta del Casar''' é un [[queixo]] [[España|español]] con [[DOP]] a [[Unión Europea|nivel europeo]] polo Regulamento (CE) 1491/2003 da [[Comisión Europea]]. Trátase dun dos queixos máis recoñecidos de [[Estremadura]].
 
== Zona xeográfica ==
Aínda que moitas persoas crean que este queixo só se fabrica no [[Casar de Cáceres]], a zona xeográfica que comprende a elaboración do Sopapo do Casar abrangue 36 termos municipais dentro das comarcas [[Provincia de Cáceres|cacereñas]] dos [[Llanos de Cáceres]], [[Sierra de Fontes]] e [[Montánchez]], ocupando así 400.000 hectáreas.
 
É unha zona que queda ao norte da [[Sierra de San Pedro]], límite coa [[provincia de Badaxoz]], os ríos [[Almonte]] ao leste e [[Taxo]] ao norte. É unha [[chaira]] [[Estepa|esteparia]] asucada de noroeste a surlestesueste pola [[Sierra de Fontes]], de chans [[area|areosos]], de pouca fertilidade e escaso espesor con frecuentes afloramentos rochosos. O [[clima]] é [[Clima continental|continental]], con veráns longos e calorosos, invernos suaves e curtos e unhas [[precipitacións]] de 300-500 ml ao ano. A [[flora]] está fundamentalmente constituída por plantas herbáceas dun grande valor nutritivo, pero escaso desenvolvemento, existindo tamén restos de vexetación arbustiva e arbórea do tipo [[quercus]].
 
== Historia ==
Toda esta zona xeográfica foi sempre de [[transhumancia]] e [[pastoreo]], regulándose as [[cañadas]] como camiños de obrigado uso para rabaños segundo as normas da [[Mesta]], aprobadas en [[1273]]. Un Privilexio Real do rei [[Sancho IV de Castela|Sancho IV]] outorgou á aldea do Casar unha terra ao seu redor para que o [[gando]] puidese pastar alí libremente ([[1291]]), época na que este queixo serviu ata como forma de pago. En [[1791]] menciónase o queixo de ovella do Casar de Cáceres nos Interrogatorios da Real Audiencia, sendo a primeira documentación deste queixo.
 
== Elaboración ==
Elabórase con leite cru de [[ovella merina]] e [[entrefina]]. Se [[Coagulación|calla]] con cardo silvestre ([[Cynara cardunculus]]) entre 28º e 32º °C e durante un tempo de 50 a 80 minutos, o que consegue que se manteña no seu interior unha crema case líquida que é a principal característica do devandito queixo.
 
Logo de callar o leite córtase ata ter grans de tamaño fino, tipo gran de [[arroz]]. Logo métese a callada en moldes cilíndricos e prénsase durante 3-8 horas. A [[salgadura]] que pode ser húmida ou seca, emprega exclusivamente [[cloruro sódico]]. Logo déixase madurar durante, polo menos, 60 días, en condicións de 4 ° a 12  °C de temperatura e entre un 75 e un 90 % de humidade relativa.
 
Nas [[etiquetaxe|etiquetaetiquetas]]s, contraetiquetas e outros sistemas destinados a identificar os produtos amparados deberán destacar o nome e [[logotipo]] da [[Denominación de Orixe Protexida]] «Torta del Casar», así como todas aquelas indicacións que estipule a lexislación vixente na materia.
 
== Características ==
A materia graxa sobre extracto seco é dun mínimo 50 %. A torta del Casar ten forma de [[cilindro]] dunha altura entre 5 e 7 [[centímetro]]s. Pódense facer en dous tamaños:
a) Pequena: 11-13 cm de [[diámetro]] e un peso entre 500 e 700 [[gramo]]s;
Liña 23:
En canto ás características organolépticas, ha de sinalarse que ten unha codia semidura, cunha cor entre amarelo e ocre. A pasta vai de branda a untable, de cor branca a amarelada, de corte pechado, pero brando e untuoso, podendo presentar pequenos ollos repartidos no corte. Desprende un cheiro intenso. En canto ao seu sabor, é intenso, cun suave amargor motivado polo uso do callo vexetal.
 
== Como consumir e conservar ==
 
Para consumila comunmente se lle rebana a codia superior (que ao cabo servirá de tapa) e úntase a crema do seu interior en [[pan]]. Para abrir o '''Torta del Casar''' recoméndase cortar a capa dura de arriba a modo de ''tapadeira'', de tal xeito que cando se terminou de consumir poida taparse para que non se reseque.
Liña 30:
 
== Notas ==
* Solicitude de reconocimiento da DOP, contenida en [http://eur-lex.europa.eu/LexUriServ/LexUriServ.do?uri=OJ:C:2002:291:0002:0004:ES:PDF DOCE 26.11.2002]
* [http://www.sfgate.com/cgi-bin/article.cgi?f=/c/a/2005/12/22/WIGPIGB4081.DTL&hw=torta+del+casar&sn=001&sc=1000 "Publicación sobre a fabricación da Torta del Casar"] por Janet Fletcher en ''San Francisco Chronicle''.
 
[[Categoría:Gastronomía de Estremadura]]