Benito Pérez Galdós: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 41 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q189869
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 2:
'''Benito Pérez Galdós''', nado en [[Las Palmas de Gran Canaria]] o [[10 de maio]] de [[1843]] e finado en [[Madrid]] o [[4 de xaneiro]] de [[1920]], foi un novelista, dramaturgo e articulista [[Illas Canarias|canario]], probablemente un dos escritores máis representativos e prolíficos do [[século XIX]].
 
== Traxectoria ==
Galdós era o décimo fillo dun coronel do [[exército español|exército]], Sebastián Pérez, e de Dolores Galdós, unha dama de forte carácter e filla dun antigo secretario da [[Inquisición]]. O seu pai inculcou no fillo o gusto polas narracións históricas contándolle acotío historias da [[Guerra da Independencia Española|Guerra da Independencia]], na que participara{{Cómpre referencia}}. A súa imaxinación foi desbordante xa desde moi novo. En [[1852]] ingresou no Colexio de San Agustín, que aplicaba unha pedagoxía activa e bastante avanzada para a época, durante os anos en que empezaban a espallarse por [[España]] as polémicas teorías [[Charles Darwin|darwinistas]], do cal hai ecos en obras súas como, por exemplo, ''[[Dona Perfecta]]'' (Doña Perfecta).
 
Liña 31:
:''Nunha ocasión don Gabino Pérez, o seu editor, quíxolle mercar en firme os seus dereitos literarios das dúas primeiras series dos'' Episodios Nacionais '' (Episodios Nacionales) por cincocentas mil pesetas, unha fortuna entón. Don Benito replicou: "Don Gabino, vendería vostede un fillo?" E, con todo, don Benito non só non dispuña xamais dun cuarto, senón que contraera débedas enormes. As fraquezas co pecado do amor son pesadas gabelas. Pero este non era o único buraco por onde o diaño leváballe os caudais, senón, ademais, a súa dadivosidade irreflenable, de que logo falarei. Nos seus apuros perennes acudía, como tantas outras vítimas, ao usureiro. Era cliente e vaca leiteira de todos os usureiros e usureiras matritenses, a quen, como se supón, estudara e cabalmente coñecía na propia salsa e medio típico, con tódalas súas tretas e sórdida voracidade. ¡Que admirable cancro social para un novelista! (Léase o seu ''Fortunata e Jacinta ''e a serie dos ''Torquemadas.'') Cando un dos untuosos e quexumbrosos emprestamistas presentáballe á firma un dos recibos diabólicos en que unha entrega en man de cinco mil pesetas convértese, por arte de encantamento, con carácter de documento executivo ou pagarei ao prazo dun ano, nunha débeda imaxinaria de cincuenta mil pesetas, don Benito tapaba coa man esquerda o texto, sen querer lelo, e asinaba resignadamente. Os intereses da débeda fiticia así contraídos levábanlle case todo o que don Benito debía recibir por liquidacións mensuais da venda dos seus libros. Moi poucos anos antes da morte don Benito, un xornalista pescudou por isto a súa precaria situación económica e fíxoa pública, con que se suscitou un movemento xeral de vergoña, simpatía e piedade'' (...) ''A comezos de mes acudían a casa de don Benito, ou ben lle axexaban nas afeitas rúas, atallándolle ao paso, copiosa e pintoresca colección de pobres xentes, deixadas da man de Deus; pertencían a ambolos dous sexos e as máis diversas idades, moitos deles de aspecto e guisa asaz sospeitosos; todos, de vida calamitosa, xa no físico, xa no moral, personaxes cuxas cuitas non deixaba de escoitar evanxelicamente'' (...) ''Don Benito levaba sen cesar a man esquerda ao peto interno da chaqueta, sacaba eses papelitos máxicos denominados billetes de banco, que para el non tiñan valor ningún senón para ese único fin, e íaos aventando''<ref> Ramón Pérez de Ayala, «Más sobre Galdós», en ''Divagaciones literarias'', Madrid: Biblioteca Nueva, 1958, p. 162-163.</ref>
 
== Obras ==
* ''La sombra'' (1870)
* ''[[La Fontana de Oro]]'' (1870)
Liña 66:
 
==== Episodios nacionales ====
{{APArtigo principal|Episodios Nacionales}}
 
==== Teatro ====
Liña 111:
* ''Memorias'' (1930)
 
== Notas ==
{{Listaref|1}}
 
== Véxase tamén ==
{{commonscat|Benito Pérez Galdós}}
 
{{ORDENAR:Perez Galdos, Benito}}
 
[[Categoría:Escritores en lingua castelá]]
[[Categoría:Nados en 1843]]