A Merca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 72:
{{Hab info|4.975|5.463|6.016|5.054|2.341}}
 
== Xeografía ==
O concello atópase na súa maior parte entre os 400 e 500 m de altitude. Está dividido á metade por unha pequena serra, prolongación do [[outeiro de Boa Madre]] e dos montes de Augas Santas e Cousa, que separan as cuncas dos ríos [[río Miño|Miño]] e [[río Arnoia|Arnoia]]. Os maiores cumio son o monte de Castrelos (645 m), Outeiro de Fontefría (561 m) e Alto de Rodela (510 m). Floracións deste cordón son tamén as altitudes do noroeste, como A Vaqueiriza (522 m), Labradas (602 m), Castro de Pereira (530 m), O Pozo (540 m) e As Picoñas (550 m). A Cota máxima sitúase na fronteira co concello de [[Allariz]], nos montes do Barracel (856 m). Xeoloxicamente a zona setentrional ten unha orixe precámbrica e paleozoica.
 
=== Climatoloxía ===
O concello aséntase nunha zona de transición climática, entre o oceánico mediterráneo e o oceánico continental.
 
Os valores térmicos medios anuais oscilan arredor dos 12 º °C no sur (a media mínima dáse en xaneiro con 6,5 º °C, e a máxima en xullo con 19,2 º °C) e de 15 º °C no norte (media mínima en xaneiro de 6,9 º °C e máxima en xullo de 22,9 º °C). Na zona sur hai uns 120 días de choiva ao ano, cunhas cantidades de entre 1000 e 5000 mm. No norte a contía total non excede os 1000 mm. anuais.
 
=== Hidrografía ===
A rede hidrográfica organízase arredor dos ríos [[río Barbaña|Barbaña]] e o Arnoia. O primeiro nace no Alto da Manchica e únese ao Miño en [[Ourense]]. O Arnoia inicia o seu percorrido no termo da Merca, e tras cruzar o canón do Muíño dos Mouros - Salpurido con fervenzas, comeza a escavar un val a partir de Rubillós. Recibe pola dereita os arroios dos Muíños, Seixoso, Covo e Portamosqueiro, e pola esquerda, o Fechiñas, Corvillón, Pardavedra e Entrambosríos.
 
== Historia ==
Ao longo do río Arnoia apareceron os máis antigos vestixios, como os castros da Peneda da Lebre (en alusión a unha ermida antiga, da que non existen restos, adicada a San Amaro, de onde procede unha imaxe conservada na Capela do Espírito Santo); o de Outeiro de San Marcos (situado na Mezquita, próximo á Compostela), o de Castro de Rodela (é o de maiores dimensións, e está situado en Faramontaos, entre o Concello da Merca e o de [[Celanova]]) e o do Monte do Castro de Olás.
 
=== Patrimonio ===
A igrexa de [[A Mezquita, A Merca|San Pedro da Mezquita]] foi declarada [[Monumento Nacional]] en 1931. Nas súas proximidades consérvanse sepulcros antropomorfos e un cruceiro de fuste estriado, decorado con figuras na parte central e descansando sobre o seu capitel un Cristo de gran tamaño.
 
Liña 95:
No Entroido da Mezquita os "galos" bailan polas rúas xuntándose cos "mecos" de Froxás das Viñas. Estes últimos, presentan unha singular persecución co público asistente aos actos, mostrando unha vestimenta de gran riqueza cromática.
 
== Galería de imaxes ==
{{APArtigo principal|Galería de imaxes da Merca}}
 
<Gallery>
Liña 103:
</Gallery>
 
== Parroquias ==
{{A Merca}}
 
== Lugares da Merca ==
Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Merca vexa: [[Lugares da Merca]].
 
== Notas ==
{{referencias}}
 
== Véxase tamén ==
{{commonscat}}
 
Liña 121:
 
{{ORDENAR:Merca, A}}
 
[[Categoría:Concellos da provincia de Ourense]]
[[Categoría:A Merca]]
 
[[Categoría:Concellos de Galicia sen imaxes da casa do concello]]