Fauna de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Desfixéronse as edicións de 190.60.93.218 (conversa); cambiado á última versión feita por 188.87.94.113
Etiquetas: artigo novo moi curto caracteres repetidos Edición visual
Liña 1:
== Hábitatsholaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa ==
 
== Mamíferos ==
{{AP|Lista dos mamíferos de Galicia}}
[[File:Fauna Mastológica de Galicia ó Historia natural de los Mamíferos de este antiguo reino, aplicada á la Medicina, á la Agricultura, á la Industria, á las Artes y al Comercio.pdf|thumb]]
Entre os grandes [[carnívoro]]s destacan dúas especies desaparecidas de boa parte da [[Europa occidental]], o [[oso pardo europeo|oso pardo]], noutrora espallado polos principais montes das catro provincias galaicas e hoxe visitante ocasional dos [[Serra dos Ancares|Ancares]] [[provincia de Lugo|lucenses]], e o [[canis lupus signatus|lobo ibérico]], subespecie endémica da Península que conta cunha poboación de 600 exemplares (o 30% da
 
peninsular<ref>La Xunta no considera que sea una especie amenazada, pues su población no está en descenso, sino bastante estabilizada en esta autonomía. La Comunidad gallega concentra unas 80 manadas de lobos, entre 500 y 600 ejemplares, una cifras que suponen el 30% del total en España. Además, la Xunta no considera que sea una especie amenazada, pues su población no está en descenso, sino bastante estabilizada en esta autonomía. Lavozdegalicia.es 29/11/2005, Consultada o 07/07/09</ref>), o que fai de Galicia a comunidade onde se atopa a maior densidade desta especie.<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2008/08/13/0003_7056715.htm?idioma=galego Os ecoloxistas esixen axudas para fomentar a pervivencia do lobo] Lavozdegalicia.es 13/8/2008, Consultada o 07/07/09</ref> Outros carnívoros destacados son o [[Felis silvestris|gato montés]], escaso en Galicia (distribúese polas zonas rochosas e os bosques caducifolios máis afastadas do home),<ref>[http://www.secem.es/GALEMYS/PDF%20de%20Galemys/17%20(NE).%20pdf/003%20Barja%20y%20B%E1rcena%2029-40.pdf DISTRIBUCIÓN Y ABUNDANCIA DE GATO MONTÉS (Felis silvestris) EN EL PARQUE NATURAL OS MONTES DO INVERNADEIRO (GALICIA, NO DE ESPAÑA): FACTORES DE HÁBITAT IMPLICADOS Y RELACIÓN CON LA PRESENCIA DE ZORRO Y MARTA]2005, Consultada o 07/07/09</ref> o [[raposo]] e os [[mustélido]]s; [[teixugo]], [[furón bravo]], [[donicela]], [[lutra lutra|londra]], [[visón americano]] (introducido polas granxas peleteiras nos anos 60, hoxendía constitúe unha ameaza para as aves),<ref>[http://medioambiente.xunta.es/espazosNaturais/blobs/especieficha.jsp?ID_ESPECIE=333&pdf=Mustela%20vison.pdf. Visón americano en Galicia] Medioambiente.xunta.es, Consultada o 08/07/09</ref> [[martaraña]] e [[garduña]]. Os [[Vivérridos]] están representados coa presenza da [[algaria]].
[[Ficheiro:WildZwijn.jpg|miniatura|Co abandono do rural especies coma o corzo e, en particular, o xabaril están vivindo unha rápida expansión]]
Os [[herbívoro]]s están representados por especies bastante espalladas como algúns cérvidos: [[cervo común]], [[gamo]], (introducidos como especies cinexéticas) e [[corzo]]. Poboacións de [[cabra montesa]] (reintroducida en [[1997]]), [[carneiro bravo]] (introducido como especie cinexética) e redutos de [[rebezo]]. Co paseniño abandono do rural galego, destaca o incremento das poboacións de [[xabaril]] e [[corzo]].<ref>[http://www.elcorreogallego.es/galicia/galicia-ambiental/ecg/furtivismo-s-a/idEdicion-2008-05-17/idNoticia-301473/ Furtivismo S.A.] Elcorreogallego.es 17/05/2008, Consultada o 08/07/09</ref> Segundo a ''Asociación del Corzo Español'', Galicia é a comunidade española coa maior densidade desta especie, destacando en particular a [[provincia de Lugo]] onde se cifrou unha poboación duns 22.000 corzos (2007).<ref>[http://www.corzo.info/foro/read.php?5,6879 LA FACULTAD DE VETERINARIA DE LUGO Y LA A.C.E. LLEVAN A CABO UN ESTUDIO SOBRE LAS ENFERMEDADES PARASITARIAS QUE AFECTAN AL CORZO EN GALICIA.] Corzo.info 23/11/09, Consultada o 08/07/09</ref> No tocante ao xabaril, a súa poboación estimouse nuns 40.000 animais, cifra que sen a incidencia das batidas podería chegar ata os 100 mil, consituíndo unha auténtica praga no monte galego.<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2009/03/01/0003_7561056.htm?idioma=galego O imparable abandono do campo apontoa o imperio do xabaril] Lavozdegalicia.es 01/03/09, Consultada o 08/07/09</ref>
 
Ten unha boa representación varias especies de insectívoros: [[ourizo cacho]], [[furaño común]] e de [[furaño de xardín|xardín]], [[neomys fodiens|murgaño patibranco]] e [[muraño de Cabrera|de Cabrera]], [[furafollas ibérico]], [[sorex coronatus|grande]] e [[sorex minutus|pequeno]], toupa, o [[galemys pirenaicus|aguaneiro]]; roedores: [[esquío]], [[mus spretus|rato mouro]], [[glis glis|rilón]], [[elyomis quercinus|leirón careto]]; lagomorfos (destacan endemismos como a ''[[lepus granatensis]]'' e a ''[[lepus castroviejoi]]''), quirópteros; rexistrouse a presenza de 19 das 40 especies de [[morcego]]s que viven en Europa o que fai de Galicia un paraíso para os quirópteros europeos,<ref>[http://www.soitu.es/soitu/2008/08/19/info/1219149349_118618.html Galicia cuenta con casi la mitad de la diversidad de murciélagos de Europa] Soitu.es 19/08/2008, Consultada o 07/07/09</ref> pinnípedos e cetáceos; Nas costas galegas atópanse 6 especies diferentes de pinnípedos,<ref name=Enclavesmariños>[http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=86&idNoticia=199552 Obxectivo: preservar os enclaves marítimos] Galicia-hoxe.com 17/08/2007, Consultada o 09/07/09</ref> no tocante aos [[cetáceo]]s, rexistrouse a presenza de ata 22 especies de cetáceos, das cales as máis comúns son o [[caldeirón]], o [[golfiño riscado]], o [[arroaz]] (cuns 500 exemplares), a [[toniña]] (con 300)<ref>[http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2927_8_122731__Sociedad-y-Cultura-fauna-gallega-exhala La fauna gallega exhala su SOS] Farodevigo.es 11/03/07, Consultada o 25/07/09</ref> e o [[golfiño común]].<ref>[http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=153&idNoticia=414361 Oceana reclama unha reserva mariña en Muros para conservar os cetáceos] Galicia-hoxe.com 08/04/2009, Consultada o 07/07/09</ref>
 
=== Extincións e reintroducións ===
 
Os séculos [[XIX]] e [[XX]] viron minguar as poboacións dalgúns dos principais mamíferos galegos ata o punto de extinguirse no territorio galaico. As causas principais foron a caza indiscriminada e a alteración do hábitat. Isto levou á extinción a especies tan senlleiras da fauna galega como o [[oso pardo europeo|oso pardo]], a [[cabra montesa lusitánica]] (endémica de Galicia e do norte de Portugal), o [[rebezo]] e outras que naquel tempo xa eran escasas en Galicia coma o [[lince ibérico]] (tamén coñecido como lobo cerval ou rabaz).<ref name=XuntadeGalicia>[http://medioambiente.xunta.es/espazosNaturais/bio_especies_extintas.jsp Biodiversidade/Especies/ Especies extintas] Medioambiente.xunta.es 2007, Consultada o 07/07/09</ref> Tense constancia da presenza do oso pardo en Galicia xa dende a [[Idade Media]]. A distribución do oso pardo en Galicia chegou a abranguer as catro provincias galegas, aínda que de xeito irregular. O oso debeu chegar incluso ata a costa como denota a [[toponimia]]; como por exemplo a parroquia costeira de [[Oseiro, Arteixo|Oseiro]] no concello de [[Arteixo]] cuxo topónimo fai referencia á abondosidade de osos.<ref name=mma>[http://www.mma.es/secciones/biodiversidad/especies_amenazadas/vertebrados/mamiferos/pdf/CAP01_OSOPARDO.pdf Distribución histórica del oso pardo en la Península Ibérica - Ministerio de Medio Ambiente] Mma.es 18/04/06, Consultada o 07/07/09</ref> Os derradeios osos galegos foron abatidos nos anos [[1920|20]] do [[século XX]]. Segundo Ortuño y De la Peña (1977) os derradeiros osos de Galicia foron unha osa e maila súa cría cazados nos Ancares en 1920. Porén L. Iglesias (1932) citou a súa presenza en [[1927]] e [[Álvaro Cunqueiro|Cunqueiro]] e [[Xosé María Castroviejo|Castroviejo]] (1977) falan dun oso cazado no concello de [[Cervantes]] sen citar data.<ref name=mma/> A ''Capra pyrenaica lusitanica'', autóctona do noroeste ibérico extinguiuse a finais do [[século XIX]]. Na actualidade a [[Xunta de Galicia]] está a reintroducir unha subespecie moi semellante á cabra montesa galega, a ''Capra pyrenaica victoriae'', con exemplates procedentes da [[Serra de Gredos]]. O programa está a ter grande éxito nos [[parque natural|parques naturais]] da [[Baixa Limia-Serra do Xurés]] e [[O Invernadeiro|Montes do Invernadoiro]].<ref name=XuntadeGalicia/> No ano [[2006]] censáronse 400 exemplares námbolos dous parques.<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2006/07/16/4950005.shtml?idioma=galego A poboación de cabra montesa multiplicouse por sete nun decenio] Lavozdegalicia.es 16/07/09, Consultada o 07/07/09</ref> No caso do [[lobo cerval]] en Galicia considérase extinguido dende os anos 1980-85, datas nas que aínda se cazaba en zonas do leste e sur da [[provincia de Ourense]].<ref>[http://www.rios-galegos.com/lince.htm#Distribución: O lince. O lobo cerval. Lynx pardinus. Unha xoia que xa non temos en Galicia.] Consultada o 12/07/09</ref> Sarmiento escribía xa no [[século XVIII]] que ''non é animal moi frecuente, nin tampouco moi raro en Galicia''.
 
== Avifauna ==
{{AP|Lista de aves de Galicia}}
=== Paseriformes ===
Os [[córvidos]] atópanse ben representados: [[pega rabilonga]], [[pega marza|marza]] e [[pega azul|azul]], [[gralla cereixeira]], [[corvo viaraz]] e [[Corvo carnazal|carnazal]], e maila [[choia biquivermella]]. O [[abelleiro]] e a [[carraca]] revelan a influencia das especies mediterráneas no sur de Galicia. Outros paxaros paseriformes de gran poboación no país son o [[Paséridos|pardal]] ou o [[merlo]].
 
=== Aves de caza, zancudas e de curral ===
 
=== Outras non paseriformes ===
 
=== Aves mariñas ===
Os [[álcidos]] xunto cos [[carráns]], [[gaivota]]s, [[paíños]], [[mascatos]] e [[corvos mariños]] son os principais explotadores dos recursos mariños das costas galaicas.
[[Ficheiro:European Storm-petrel.jpg|[[Paíño do mal tempo]]|miniatura]]
 
A comunidade de aves mariñas de Galicia participa de dúas características fundamentais: As costas de Galicia debido á súa posición xeográfica, encauzan os pasos migratorios de varias especies de aves mariñas con importantes poboacións aniñantes nas costas do Atlántico Norte, circunstancia á que se sumarían as rutas de dispersión postnupcial dalgúns [[procellariformes]]; pardelas [[pardela cincenta|cincenta]], [[pardela curricacho|curricacho]], [[pardela xoubeira|xoubeira]], [[pardela furabuchos|furabuchos]] e [[pardela balear|balear]].
[[Ficheiro:ThickbilledMurre23.jpg|[[Arao dos cons]]|miniatura|esquerda]]
 
En segundo lugar, un volume máis ou menos importante de aves mariñas do Atlántico Norte ten cuarteis de invernada nas augas de Galicia tal e como sucede co [[corvo mariño grande]], as gaivotas [[gaivota escura|escura]] e [[gaivota chorona|chorona]], o [[arao dos cons]], [[arao romeiro|romeiro]], e [[arao papagaio|papagaio]], o [[mascato]], o [[paíño gallado]] e os carráns [[carrán cristado|cristado]], [[carrán ártico|ártico]] e [[carrán común|común]].
 
As costas galegas destacan tamén polas súas colonias de cría de aves mariñas. En Galicia hai 7 especies aniñantes: o [[paíño do mal tempo]], o [[corvo mariño cristado]], as gaivotas [[gaivota escura|escura]], [[gaivota chorona|chorona]], [[gaivota patiamarela|patiamarela]], [[gaivota tridáctila|tridáctila]], e mailo [[arao dos cons]]. O [[paíño do mal tempo]] foi descuberto como aniñante no ano [[1989]] no illote de Agoeira, nas [[Illas Cíes]]. Dende entón descubríronse niños nas furnas de illotes aillados ao longo de toda a costa galega.<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2004/03/17/2515338.shtml Os paíños europeos das illas galegas] Lavozdegalicia.es 17/03/04, Consultada o 22/07/09</ref> Arcos & Gil (2001) estimaron unha poboación de máis de 240 parellas.<ref>[http://www.seo.org/media/docs/Libro%20Rojo%20de%20las%20Aves%20(pa%C3%AD%C3%B1o).pdf Paíño Europeo ''Hydrobates pelagicus'']Seo.org 24/07/09</ref> O [[corvo mariño cristado]] aniña ao longo de toda a costa, atopándose o groso da poboación no [[Parque nacional das Illas Atlánticas]] onde se atopa a maior colonia europea.<ref>[http://medioambiente.xunta.es/espazosNaturais/detalleespeciecat.jsp?ID_ESPECIE=16&ID_CATEGORIA=11 Corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis)] Medioambiente.xunta.es, Consultada o 25/07/09</ref> O primeiro censo galego da especie data de [[1976]], cando se citou unha poboación de 539-555 parellas, a poboación seguiu medrando ata chegar a un máximo de 2.500 pp entre os anos 2000-03.<ref>{{cita libro|autor=Xosé Manuel Penas Patiño & Carlos Pedreira López & Calros Silvar|título=Guía das aves de Galicia|editor=Baía Edicións.|ano=2005|páxinas=50|id=ISBN 84-96128-69-5}}</ref> A partir desa data, mentras o resto das poboacións galegas medraban notablemente, as colonias principais sufriron un descenso maior ao 40%, pasándose a unha poboación total de 1.266 en [[2007]] (un 33 % menos)<ref>[https://sites.google.com/site/comoraniberico/poblacion Web dedicada ao estudo e a divulgación de información sobre o cormorán moñudo na Península Ibérica] {{es}}. (Consultado o 25/07/09)</ref>.
 
[[Ficheiro:Phalacrocorax aristotelis.jpg|miniatura|[[Corvo mariño cristado]] no niño.]]
Entre as causas da diminución, atópanse a mortalidade producida por mor da [[marea negra]] do [[Prestige]], as capturas accidentais producidas polos [[trasmallo]]s e a presión que exercen sobre as colonias especies invasoras.<ref>No ano [[2009]] detectáronse os primeiros casos de depredación por [[visón americano|visóns americanos]].</ref> A [[gaivota escura]] é principalmente invernante (15.000 exemplares de media),<ref name=Aves1>[http://medioambiente.xunta.es/espazosNaturais/humidais/gal/humedal/datos/03b_1.htm As aves acuáticas 1] Medioambiente.xunta.es Consultada o 25/07/09</ref> aínda que tamén existen pequenas poboacións ao longo da costa galega. No ano [[2000]] contabilizáronse unhas 330 parellas aniñantes nas [[Illas Sisargas]], [[Illa de Sálvora|Sálvora]], [[Illa Coelleira|Coelleira]] e nas [[Illas Cíes]] principalmente.<ref>[http://webs.uvigo.es/c04/webc04/prestige/Avesmarinas.htm Aves Mariñas de Galicia- Marea Negra do Prestige] Webs.uvigo.es 27/03/2003, Consultada o 25/07/09</ref> Como invernante a súa poboación varía entre os 6.000 e os 14.000 exemplares. [[Ficheiro:Larus michahellis.007 - Islas Cies.JPG|Exemplares de [[gaivota patiamarela]] nas [[Illas Cíes]]|miniatura|esquerda]]A [[gaivota chorona]] ao igual ca escura inverna nun número considerable (22.500 exemplares),<ref name=Aves1/> atópase en expansión e cría localmente ao longo da costa e do interior galego. A [[gaivota patiamarela]] é a gaivota máis abondosa en Galicia. No suroeste do país vive o 10% da poboación mundial, asemade ten no [[Illas Cíes|arquipélago das Illas Cíes]] a súa principal colonia mundial. En toda a comunidade aniñan máis de 46.000 pp (MOURIÑO et ARCOS 2002) principalmente na costa, aínda que cada vez aniña máis nas vilas galegas costeiras, chegando a aniñar en vilas interiores coma [[Santiago de Compostela]].<ref>{{cita libro|autor=Xosé Manuel Penas Patiño & Carlos Pedreira López & Calros Silvar|título=Guía das aves de Galicia|editor=Baía Edicións.|ano=2005|páxinas=250|id=ISBN 84-96128-69-5}}</ref> A [[gaivota tridáctila]] colonizou a península a comezos dos anos 70, como consecuencia do grande aumento e expansión das súas colonias setentrionais, aniñando por primeira vez nas [[Illas Sisargas]] en [[1974]]. Máis tarde descubríronse colonias no [[Cabo Vilán]] en [[1987]] e nas [[Illas Berlengas]] de [[Portugal]], desaparecendo destas en [[1983]]. Estas colonias marcan o límite sur da súa distribución no [[Océano Atlántico|Atlántico]]. En [[1992]] a súa poboación aniñante estimouse en 235 parellas, cunhas 185 parellas na colonia das [[Illas Sisargas]], considerándose como estabilizada e cunhas 50 parellas no [[Cabo Vilán|Vilán de Fóra]]. Até finais dos 90 a evolución das colonias semella confirmar a súa estabilidade ou un lixeiro medre. Durante o inverno, pasan polas costas galegas miles de aves, sendo máis escaso o seu número no Mediterráneo.
e o [[arao dos cons]]. Xunto a estas 7 especies que aniñan ao longo da costa galaica probablemente engadiranse nos próximos anos a 2 máis: o [[gaivotón]], a meirande das gaivotas que habitan en Europa, que foi localizada nos últimos anos aniñando en senllas localidades da costa lucense ([[2005]]) e na [[illa de Sálvora]] ([[2008]]),<ref name=Mar>[http://www.masmar.net/esl/Pesca/Mas-Especies/La-gaviota-de-mayor-envergadura-de-Europa-la-Larus-marinus-anida-en-Salvora La gaviota de mayor envergadura de Europa, la "Larus marinus" anida en Sálvora] Masmar.net 23/05/2008, Consultada o 28/07/09</ref> e posiblemente a [[pardela cincenta]], que foi atopada en época de aniñamento nunha [[furna]] do parque nacional das Illas Atlánticas.<ref name=Mar/>
 
=== Aves de rapina ===
[[Ficheiro:Buteo 6(loz).JPG|miniatura|O [[miñato común]] é a ave de rapina máis abondosa de Galicia]]
En Galicia habitan cinco xéneros de aves de rapina: os xéneros accipitrae, falconidae e mailo pandionidae (rapinas diurnas) e os xéneros tytonidae e strigidae (rapinas nocturnas). Na súa maioría estas aves distribúense ao longo de todo o territorio galaico, mais son as provincias de [[provincia de Lugo|Lugo]] e [[provincia de Ourense|Ourense]] onde se atopa unha maior diversidade destas aves.<ref name=Lino>[http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2006/12/02/5338551.shtml?idioma=galego A maioría das aves rapaces de Galicia habitan en Ourense e Lugo] Lavozdegalicia.es 02/12/06, Consultada o 29/07/09</ref>
 
Segundo apunta o [[bioloxía|biólogo]] Lino Fontán, as principais ameazas que afectan ás rapinas son os [[incendio forestal|incendios forestais]], a urbanización descontrolada, os traballos forestais inaxeitados, a proliferación de pistas, a destrución das tradicionais zonas abertas con arboledo, a [[cinexética|caza]], e os [[pesticida]]s e praguicidas que matan ou reducen a variedade de plantas e insectos onde viven estas aves.<ref name=Lino/>
 
As principais rapinas do xénero accipitridae son o [[miñato común]] (3.000-4.000 pp.),<ref> [http://www.mma.es/secciones/biodiversidad/inventarios/inb/atlas_aves_reproductoras/pdf/busardo_ratonero.pdf Busardo ratonero: Ministerio de medio ambiente] Mma.es, Consultada o 28/07/09</ref> o [[gabián (ave)|gabián común]] (2.000-3.000 pp.),<ref>[http://www.mma.es/secciones/biodiversidad/inventarios/inb/atlas_aves_reproductoras/pdf/gavilan_comun.pdf Gavilán común: Ministerio de medio ambiente] Mma.es, Consultada o 28/07/09</ref> o [[azor común]] (800-1.400 pp.),<ref>[http://www.mma.es/secciones/biodiversidad/inventarios/inb/atlas_aves_reproductoras/pdf/azor_comun.pdf Azor común: Ministerio de medio ambiente] Mma.es, Consultada o 28/07/09</ref> o [[miñato queimado]] (560 pp.),<ref>[http://www.seo.org/media/docs/11-Milano%20negro%20color%20LR.pdf El milano negro en España I Censo nacional (2005)] Seo.org 2005, Consultada o 28/07/09</ref> e mailo [[miñato abelleiro]] (100-130 pp.).<ref>[http://www.chioglossa.com/fotos/1220400610_3LEL.pdf Situación actual e estado do Miñato abelleiro (''Pernis apivorus'') en Galicia] Chioglossa.com 2004, Consultada o 28/07/09</ref> Destacan tamén outras aves coma a [[tartaraña cincenta]] (non chega a común<ref>{{cita libro|autor=Xosé Manuel Penas Patiño & Carlos Pedreira López & Carlos Silvar|título=Guía das aves de Galicia|editor=Baía Edicións.|ano=2005|páxinas=128|id=ISBN 84-96128-69-5}}</ref>), o [[miñato real]],<ref>[http://medioambiente.xunta.es/espazosNaturais/detalleespeciecat.jsp?ID_ESPECIE=22&ID_CATEGORIA=2] Consellería de Medio Ambiente, Consultada o 02/01/10</ref> a [[aguia albela]] (30-80 pp.),<ref>[http://www.mma.es/secciones/biodiversidad/especies_amenazadas/vertebrados/libro_rojo_vert/pdf/Aguila_culebrera.pdf http://www.mma.es/secciones/biodiversidad/especies_amenazadas/vertebrados/libro_rojo_vert/pdf/Aguila_culebrera.pdf] Ministerio de Medio Ambiente, Consultada o 02/01/10</ref> a [[tartaraña arpella]], a [[gatafornela]] (38-57),<ref>[http://www.ardeola.org/files/Ardeola_41(2)_177-181.pdf Distribución actual y estima poblacional del aguilucho pálido en España (1994)] Consultada o 02/01/10</ref> a [[aguia real]] (>5 pp; en perigo de extinción<ref>[http://www.mma.es/secciones/biodiversidad/especies_amenazadas/catalogo_especies/vertebrados_aves/pdf/ver134.pdf Ministerio de medio ambiente: Águila real] Mma.es, Consultada o 29/07/09</ref>), a [[aguia caudal]], e mailo [[voitre branco]] (1 p. 2007),<ref>[http://medioambiente.xunta.es/espazosNaturais/blobs/especieficha.jsp?ID_ESPECIE=172&pdf=Neophron%20percnopterus.pdf. Consellería de medio ambiente: Voitre branco] Medioambiente.xunta.es, Consultada o 28/07/09</ref> todas elas nidificantes e escasas.<ref>{{cita libro|autor=Xosé Manuel Penas Patiño & Carlos Pedreira López & Carlos Silvar|título=Guía das aves de Galicia|editor=Baía Edicións.|ano=2005|id=ISBN 84-96128-69-5}}</ref> Outras aves do xénero que habitan en Galicia malia non aniñar nela son o [[voitre común]] (en aumento<ref>{{cita libro|autor=Xosé Manuel Penas Patiño & Carlos Pedreira López & Carlos Silvar|título=Guía das aves de Galicia|editor=Baía Edicións.|ano=2005|páxinas=124|id=ISBN 84-96128-69-5}}</ref>) a [[aguia perdiceira]], e mailo [[peneireiro cincento]] (en aumento, descubríronse indicios de aniñamento). Do xénero pandionidae atópase tan só a [[aguia peixeira]], que fica en terras galegas durante a época de invernación. Do xénero falconidae as aves máis abondosas son o [[lagarteiro peneireiro]] (min. 1.500 pp.)<ref>[http://www.mma.es/secciones/biodiversidad/inventarios/inb/atlas_aves_reproductoras/pdf/cernicalo_vulgar.pdf Cernícalo vulgar: Ministerio de medio ambiente] Mma.es, Consultada o 28/07/09</ref> e mailo [[falcón peregrino]] (<50 pp.),<ref>[http://www.chioglossa.com/fotos/1220402823_D6eg.pdf Situación del halcón peregrino (Falco peregrinus) en A Coruña (No España): población reproductora, distribución y amenazas] Consultada o 02/01/10</ref> outro falcónido que aniña localmente no país é o [[falcón pequeno]] (>30 pp.),<ref>[http://www.mma.es/secciones/biodiversidad/especies_amenazadas/vertebrados/libro_rojo_vert/pdf/Alcotan.pdf ''Falco subbuteo'' Ministerio de medio ambiente] Mma.es, Consultada o 28/07/09</ref> entre os que non aniñan destacan o [[lagarteiro das torres]] e mailo [[esmerillón común]].
 
Entre as rapinas nocturnas, a [[curuxa común]] (<1.500 pp.)<ref>{{cita libro|autor=Xosé Manuel Penas Patiño & Carlos Pedreira López & Carlos Silvar|título=Guía das aves de Galicia|editor=Baía Edicións.|ano=2005|páxinas=327|id=ISBN 84-96128-69-5}}</ref> representa ao xénero tytonidae, o xénero strigidae está representado pola [[avelaiona común]] (<1.400 pp.),<ref>{{cita libro|autor=Xosé Manuel Penas Patiño & Carlos Pedreira López & Carlos Silvar|título=Guía das aves de Galicia|editor=Baía Edicións.|ano=2005|páxinas=290|id=ISBN 84-87674-06-2}}</ref> o [[moucho común]], e [[moucho de orellas|de orellas]], o [[bufo real]], e [[bufo pequeno|pequeno]] e maila [[curuxa das xunqueiras]] (ave invernante que cría de xeito local).
 
=== Extincións e reintroducións ===
[[Ficheiro:Northern Pintails (Male & Female) I IMG 0911.jpg|Macho e femia de [[pato rabilongo|parrulo rabilongo]], extinto en Galicia|miniatura|esquerda]]
Durante os anos [[1950|50]] do [[século XX]], o [[Franquismo]] levou a cabo en Galicia traballos de desecamento de humidais, traballos que constituíron auténticos atentados ecolóxicos coma a desecación total da [[lagoa de Antela]], o maior humidal da Península Ibérica, ou a parcial da [[lagoa de Cospeito]]. Estos traballos conlevaron á extinción da fauna galega, de especies senlleiras coma o [[grou]], a [[gaivinia negra]], o [[abetouro común]], a [[Nycticorax nycticorax|garza denoteira]], a [[garzota]], o [[ganso bravo]], o [[pato rabilongo]], o [[cullerete]], a [[cerceta albela]], a [[agulla colinegra]], o [[bilurico común]], o [[carrán común]] e maila [[gaivina de cara branca]].<ref>[http://www.viaauria.es/presentacion/Galicia/ourense/rutasou/alimia/lagoaantela.htm Via Auria] Viaauria.es, Consultada o 28/07/09</ref> [[Ficheiro:Tetrao urogallus Richard Bartz.jpg|dereita|150px|miniatura|[[Pita do monte]]]]
 
Asemade, a perda de Antela supuxo a desaparición do derradeiro lugar de cría do [[ganso bravo]] na [[Península Ibérica]], así como a desaparición da principal área de reprodución do [[abetouro común]], a [[avefría]], a [[becacina cabra]] e do [[carrán común]] na península.
Durante as décadas dos [[1980|80]] e [[1990|90]], a desidia e a falta de compromiso do goberno autonómico e das autoridades competentes levaron á extinción ao [[arao dos cons]] e maila [[pita do monte]].<ref name=Extgh>[http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=86&idNoticia=217278 En perigo varias especies de aves en hábitats de Galicia] Galicia-hoxe.com, Consultada o 29/07/09</ref> Na actualidade existen varias especies que corren a mesma sorte e que se atopan en grave risco de desaparición. Estas son o [[corvo mariño cristado]], o [[mazarico real]],<ref>[http://www.elcorreogallego.es/index.php?option=com_content&task=blogsection&id=20&Itemid=63&idMenu=37&idNoticia=123953 Peligran 25 especies animales] Elcorreogallego.es 14/01/2007, Consultada o 28/07/09</ref> o [[sisón]], a [[aguia real]], a [[perdiz charrela]], o [[alcaraván]] e a [[avefría]], entre outras aves.<ref name=Extgh/>
 
No caso do corvo mariño cristado, estanse repetindo as mesmas causas que levaron a unha poboación de 3.000 parellas de arao nos anos [[1960|60]],<ref>{{cita libro|autor=Xosé Manuel Penas Patiño & Carlos Pedreira López & Carlos Silvar|título=Guía das aves de Galicia|editor=Baía Edicións.|ano=2005|páxinas=326|id=ISBN 84-87674-06-2}}</ref> á completa extinción a comezos do [[século XXI]]. Entre estas causas atópanse a mortandade directa producida por mor das [[marea negra|mareas negras]] (véxase afundimento do [[Prestige]]), as capturas accidentais producidas polos trasmallos e a sobreexplotación dos caladoiros. No tocante ao resto das [[aves]], estase producindo exactamente o que levou á pita de monte á extinción. A falta de protección das especies e dos seus hábitats está facendo que as súas poboacións atópense cada vez máis fragmentadas ata niveis que, sen un plan urxente de recuperación, fan inevitable a súa [[extinción]].
 
== Anfibios e réptiles terrestres ==
{{AP|Lista de anfibios de Galicia}}
De entre os [[urodelo]]s en Galicia só hai unha única familia, [[Salamandridae]] que comprende 15 xéneros con máis de 40 especies. Destas especies 5 habitan en Galicia, repartidas en 3 xéneros: ''[[Salamandra]]'', ''[[Triturus]]'' e ''[[Chioglossa]]''.
 
== Invertebrados ==
=== Invertebrados mariños ===
===Invertebrados terrestres===
 
== Conservación da natureza ==
 
== Notas ==
{{Listaref|2}}
 
[[Categoría:Fauna de Galicia]]