Cardo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot - Trocar uso de {{Referencias}} por {{Listaref}}; cambios estética
Liña 4:
 
'''Cardo''' é o nome común dun grupo de plantas herbáceas silvestres con follas e inflorescencias espiñentas da cal existen varias especies. A maioría pertencen á familia [[Asteraceae]] (asteráceas). Os espiños aparecen por toda a planta – nos talos e nas partes planas das follas; son unha [[Adaptación biolóxica|adaptación]] que protexe as plantas de ser comidas polos animais [[herbívoro]]s. Tipicamente, as cabezas florais están formadas por una especie de involucro en forma de cáliz que abraza os pétalos.
O termo cardo emprégase ás veces para nomear as plantas da [[tribo (bioloxía)|tribo]] [[Cynareae]] (sin.: Cardueae),<ref>{{cite web | title = Cardueae | work = Tree of Life webproject | url = http://tolweb.org/Cardueae/104543 | accessdate = 2012-10-30 }}</ref> especialmente os xénero ''[[Carduus]]'', ''[[Cirsium]]'', e ''[[Onopordum]]''.<ref name="mw">{{cite web | work = Merriam-Webster's online dictionary | title = thistle | url = http://www.m-w.com/cgi-bin/dictionary?book=Dictionary&va=thistle | accessdate = 2007-11-30}}</ref> Porén, algunhas plantas fóra desta tribo coñécense vulgarmente co nome galego cardo. O ''Dicionario das ciencias da natureza e da saúde''<ref>A Coruña, Deputación da Coruña, 2000</ref> di que se chama cardo a diferentes das familias das compostas, dipsacáceas, papaveráceas, solanáceas e [[umbelíferas]], especialmente os xéneros ''[[Carduus]]'' sp. e ''[[Cirsium]]'' sp.
O [[cardo asneiro]] é o emblema floral de [[Escocia]].
 
== O cardo na cultura popular ==
O cardo é a flor nacional de [[Escocia]] (especialmente o [[cardo asneiro]]) dende hai 700 anos. Segundo a lenda os viquingos que intentaban atacar Escocia á noite, decidiron descalzarse para non facer ruído. Porén acabaron picándose nos cardos e os seus berros de dor alertaron os escoceses<ref>[http://www.portaldaspalabras.org/setestrelo/flores-nacionais Artigo sobre flores nacionais no Portal das Palabras da [[RAG]]]</ref>.
=== Refraneiro ===
* ''Tèrra que dá cardo, pra min a gardo; a que dá o espiño pró meu veciño''<ref>[http://sli.uvigo.es/DdD/ddd_pescuda.php?pescuda=cardo&tipo_busca=lema [[Marcial Valladares Núñez]] (1884): ''Diccionario gallego-castellano'', Santiago, Imp. Seminario Conciliar]</ref>.
* ''Corta cardos en abril, e de cada un naceranche mil.''
* ''O cardo e o queixo, ao peso.''
* ''Ao cardo que ha de picar, logo lle nacen espiñas.''
* ''Ao cardo que ha de picar, xa espiñas trai ao nacer.''<ref>[[Eladio Rodríguez González]] (1958-1961): ''Diccionario enciclopédico gallego-castellano'', Galaxia, Vigo</ref>
 
== Taxonomía ==
Liña 20:
=== Cardos na familia Asteraceae ===
As plantas con nome vulgar cardo pertencen aos seguintes xéneros incluídos na familia Asteraceae:
* ''[[Carduus]]'' – cardo de almiscre (''[[Carduus nutans]]'') e outros
* ''[[Carlina]]'' – cardo cuco (''[[Carlina corimbosa]]'')
* ''[[Carthamus]]'' – cardo cabreiro (''[[Carthamus lanatus]]'')
* ''[[Centaurea]]'' – cardo estrelado (''[[Centaura calcitrapa]]'')
* ''[[Cicerbita]]'' – cardo de serra
* ''[[Cirsium]]'' – cardos comúns e cardo condidor (''[[Cirsium arvense]]'')
* ''[[Cnicus]]'' – cardo santo (''[[Cnicus benedictus]]'')
* ''[[Cynara]]'' – [[alcachofa]] e [[cardo común]] (''[[Cynara cardunculus]]'')
* ''[[Echinops]]'' – cardo globoso
* ''[[Notobasis]]'' – cardo sirio
* ''[[Onopordum]]'' – cardo asneiro (''[[Onopordum acanthium]]'')
* ''[[Scolymus]]'' – cardo dourado (''[[Scolymus hispanicus]]'')
* ''[[Silybum]]'' – cardo leiteiro (''[[Silybum marianum]]'')
* ''[[Sonchus]]'' – cardos molares (''[[Sonchus oleraceus]]'' ou ''[[Sonchus asper]]'')
=== Cardos noutras familias ===
Existen plantas noutras familias que en galego reciben o nome vulgar de cardo:
Liña 41:
 
== Notas ==
{{ReferenciasListaref}}
 
[[Categoría:Asteraceae]]
[[Categoría:Flores]]