Vilamaior de Caldelas, Castro Caldelas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo
Liña 16:
 
==Xeografía==
'''Vilamaior de Caldelas''', antigamente coñecida por Vilamaior a secas, consta de cinco aldeas, por orde de habitantes, e de maior a menor: a propia Vilamaior, Os Casares, Casfiel, Villardoleiros e O Carballo. Esta última non ten moradores desde hai xa varios anos. Se ordenamos pola extensión dos núcleos de construcións, tamén de maior a menor: Vilamaior, Casfiel, Os Casares, Villadoleiros e O Carballo. As parroquias colindanteslindeiras son [[O Burgo, Castro Caldelas|O Burgo]], [[Sas de Penelas, Castro Caldelas|Sas de Penelas]] e [[Castrelo, San Xoán de Río|Castrelo]] (xa pertencente ao concello de [[San Xoán de Río]]).
 
Por estrada, dista a uns 6 km da capital do Concello ([[Castro Caldelas]]), a 52 km de [[Ourense]], a uns 485 de [[Madrid]], a 3 de Sas de Penelas, a 16 de Póboa de Trives, a 32 da [[Estación de montaña Manzaneda|estación invernal de Cabeza de Manzaneda]] (por un camiño con trazado directo, habería uns oito km; a pé, polo monte, facendo sendeirismo, poderíase ampliar a dez).