Amoeba: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 66:
 
=== Osmorregulación ===
''Amoeba proteus'' é unha especie de vida libre de auga doce. Ten un só [[vacúolo contráctil]] que expulsa auga para manter o equilibrio [[osmose|osmótico]]. O exceso de auga do citoplasma entra no vacúolo, e este ao fusionarse coa membrana plasmática, contráese rapidamente liberando a auga no exterior. O vacúolo está rodeado de pequenas vesículas, van aumentando de tamaño e parece que son as que traen a auga. Cando se baleira queda enrugada e pouco despois aparecen as pequenas vesículas arredor,<ref name="Nishihara, E. 2008">Nishihara, E., Yokota, E., Tazaki, A., Orii, H., Katsuhara, M., Kataoka, K., et al. (2008). Presece of aquaporin and V-ATPase on the contractile vacuole of Amoeba proteus. Biology of the cell , 100 (3), 179-188.</ref> que se suxeriu que proceden da propia membrana do vacúolo contráctil. As membranas do vacúolo e das pequenas vesículas teñen a proteína [[acuaporina]],<ref name="Nishihara, E. 2008"/> que facilita o paso de auga. Como as vesículas entre todas teñen unha gran superficie, recollen máis rápido a auga ca un vacúolo grande só.<ref name="Nishihara, E. 2008"/>
 
Na membrana das pequenas vesículas hai tamén [[ATPase vacuolar]],<ref name="Nishihara, E. 2008"/> que bombea H<sup>+</sup> ao interior das vesículas, acidificando o seu [[pH]], creando un gradiente para facilitar o transporte de ións (seguramente K<sup>+</sup> e Cl<sup>-</sup>), o que crea un gradiente osmótico que favorece a entrada de auga nas vesículas.<ref name="Nishihara, E. 2008"/> Se a célula non expulsa o exceso de auga, incha e pode chegar a rebentar.<ref name="Patterson1981">{{cite journal | author = Patterson, D.J. | year = 1981 | title = Contractile vacuole complex behaviour as a diagnostic character for free living amoebae | journal = Protistologica | volume = 17 | pages = 243–248}}</ref>