Lenda urbana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 40 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q189349
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *maravilloso e outros
Liña 1:
'''Lenda urbana''' é un termo cuñado nas décadas recentes e apropiado pola ciencia folklórica e a etnografía para designar narracións e contos populares propios das sociedades modernas contemporáneas altamente urbanizadas, que reunen características análogas ás dos relatos tradicionais, en canto o maravillosomarabilloso e inefábel é parte importante de moitas destas historias recentes. Alternativamente emprégase o termo '''lenda contemporánea''', que está avalado pola [[Sociedade Internacional para o Estudo da Lenda Contemporánea]] (ISCLR), institución creada en [[1987]], precisamente con a finalidade de analizar e descreberdescribir a lenda urbana, termo este que ela mesma utiliza dado o seu enraizamento na bibliografía folklorista internacional.
 
== O termo ==
O vocábulo semella que apareceu primeiro nos [[Estados Unidos de América]]. En [[1978]] [[Alan Dundes]] e [[Carl R. Pagter]] utilizaron o termo “Urban Folklore”, e tres anos despois, en 1981, o estudoso [[Jan Harold Brunvand]], profesor na Universidade de [[Utah]], publicou o libro ''The Vanishing Hitchhiker: American Urban Legends and Their Meanings'' (''A autoestopista esvaescente: lendas urbanas americanas e os seus significados''), no que analizaba eses novos “folktales” e os puñapoñía en relación con materiais tradicionais; esta obra popularizou o termo. Rapidamente o termo foi, máis que traducido, calcado a outros idiomas: ''lenda urbana'' en portugués, ''legende urbaine'' en francés, ''leggenda urbana'' ou mesmo ''leggenda metropolitana'' en italiano, ''leyenda urbana'' en español, ''Grosstadt Sage'' ou ''Städtische Sage'' en alemán, ''llegenda urbana'' en catalán, ''miejska legenda'' en polonés, etc.
 
== Caracteres ==
 
As lendas urbanas o son tales en virtude de que transmiten feitos fabulosos, pero como se fosen reais, como ocorre con acoa lenda tradicional. O seu carácter fabuloso, é dicerdicir non verdadeiro ou irracional, só se evidencia para a persoa crítica ou para o analista que o investiga, porque para o seu transmisor popular é algo real ou, polo menos, verosímil ou ilusorio.
 
Analogamente, como nas lendas tradicionais, as urbanas posúen unha estrutura definida: protagonistas arquetípicos (un home, unha muller, un mozo, un matrimonio, etc) que se moven polo xeral nun lugar concreto (unha estrada de [[Cantabria]], a cidade de [[Madrid]] ou [[Nova York]], o hospital dun determinado lugar, etc) e nun tempo sempre pasado, pero que a diferenciadiferenza das lendas tradicionais non é remoto, senón máis ou menos inmediato, o que resalta a súa contemporaneidade. Do mesmo xeito que nas lendas e contos tradicionais, o moderno recitador, que narra en terceira persoa, alude con frecuencia a fontes de información máis ou menos verificábeis, das que a máis utilizada acostuma ser a de “un amigo dun amigo”, o que a emparenta con ascoas simples anecdotasanécdotas e sucedidos vulgares. A pesar de toda esta estrutura narrativa, o ambiente espazo-temporal resulta impreciso, dunha vaguedade que novamente entronca a lenda urbana co conto folklórico tradicional.
 
== Motivos ==
 
A lenda urbana ten xerado motivos ou argumentos básicos tan tipificábeis como os motivos dos contos e lendas tradicionais. Estes motivos, con diversas variantes, teñen alcanzadoalcanzaron, en varios casos, difusión internacional, ben por vías de transmisión oral, ben por medio dos modernos medios de comunicación de masas. Algúns destes motivos mesmo foron xa obxecto de estudo aparteá parte e publicación por parte de especialistas.
 
Velaí algún deles:
Liña 19:
* O mozo raptado para lle roubar un [[ril]] que será usado para transplantes.
* O taza de váter que explota, queimando ao seu usuario, un fumador.
* Os grandes saurios ou [[réptil|répteisréptiles]] que viven nas cloacas das grandes cidades.
* As mulleres secuestradas nos probadores das tendas de roupa.
* [[Calcomanía]]s impregnadas de droga para conseguir novos adeptos á mesma.
Liña 25:
* A persoa “cocida” ou esterilizada por exposición aos [[raios ultravioleta|raios UVA]].
* O [[can]] traído dunha viaxe ao estranxeiro e que resulta ser unha variante de [[rata]] xigante que ataca os animais domésticos autóctonos e, incluso, os nenos.
* A [[Gran Muralla chinesaChinesa]] é a única construción humana visíbel desde a [[Lúa]].
* SociedadesAs Asociacións ecoloxistas soltan [[lobo]]s no campo. Ou cobras, ou esquíos, ou ratos.