UNIX: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *cientista
Liña 37:
Ao longo dos [[anos 1970|anos 70]] e [[anos 1980|80]] desenvolvéronse as primeiras distribucións de gran dimensión, como os sistemas [[BSD]] (na [[Universidade de Berkeley]] na [[California]]) e, máis tarde, os [[System III]] e [[System V]] (nos [[Bell Labs]] ).
 
En [[1977]], a AT&T comezou a fornecer o UNIX para institucións comerciais. A abertura do mercado comercial para o UNIX debe moito a Peter Weiner - cientistacientífico de [[Yale]] e fundador da ''Interactive System Corporation''. Weiner conseguiu da AT&T, entón xa espida do seu monopolio nas comunicacións e ceibelibre para actuaciónactuar no mercado de [[software]], licenza para migrar e comercializar o UNIX para o computador [[Interdata 8/32]] para [[ambiente de escritorio]]. O UNIX saía da liña das máquinas PDP, da [[Digital Equipment Corporation]] (DEC), demostrando a relativa facilidade de migración (transporte) para outros computadores, e que, en parte, debeuse ao uso da linguaxe C. O éxito da Interactive de Weiner co seu produto probou que o UNIX era vendíbel e encoraxou outros fabricantes a seguiren o mesmo curso. Iniciábase a abertura do chamado mercado UNIX.
 
Coa crecente oferta de microcomputadores, outras empresas migraron o UNIX para novas máquinas. Debido á dispoñibilidade das [[código fonte|fontes]] do UNIX e á súa simplicidade, moitos fabricantes alteraron o sistema, xerando variantes personalizadas a partir do UNIX básico licenciado pola AT&T. De 1977 a [[1981]], a AT&T integrou moitas variantes no primeiro sistema UNIX comercial chamado System III. En 1983, após engadir varios melloramentos ao System III, a AT&T presentaba o novo UNIX comercial, agora chamado System V. Hoxe en día, o UNIX System V é o padrón internacional de feito no mercado UNIX, constando das licitacións de compra de equipamentos de grandes clientes na [[América]], [[Europa]] e [[Asia]].