Armorial: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
tradución de es.wiki
 
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *cabaleiría
Liña 24:
Desde o punto de vista do contido, outros autores dividen os armoriais en:
 
* armoriais de ocasión: son os que reúnen os escudos de diversos personaxes reunidos para un evento particular, como unha batalla ou un torneo de cabaleiríacabalería. Algúns dos armoriais máis estudados e difundidos pertencen a este tipo, como o ''Armorial de Bigot'', con ocasión da toma de Hainaut por Carlos de Francia en 1254 ou o ''Armorial do tratado de Guerande'' (''Rôle d'armes du traité de Guérande''), subscrito por 250 cabaleiros en 1381. En España atópase o ''Protocolo do torneo de Valladolid'' de 1527, obra de García Alonso de Torres;
 
* armoriais institucionais: son os que recompilan as armas de persoas pertencentes a unha institución determinada como ordes de cabalaría, confrarías ou corporacións. Son exemplos deste tipo de armoriais, O ''Grand Armorial Equestre da Toison d'Or'' que se conserva en París, e en España, o ''Libro da Confraría de Santiago'';
 
* armoriais xerais: son os que rexistran as armas de todos os cabaleiros ou liñaxes dun territorio. O ''Armorial de Gelre'' que recompila preto de 17001.700 escudos de cabaleiros de toda Europa, foi escrito entre 1370 e 1414;
 
* armoriais razoados (''ordinary rolls''): principalmente do ámbito anglosaxón, son aqueles que recollen as armas e ordénanas segundo as características heráldicas dos emblemas representados, como particións, figuras e pezas;