Acoirazado Bismarck: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
corrixo *respostou |
|||
Liña 120:
=== Afundimento ===
Ao redor das 08:00 do [[27 de maio]], o ''Rodney'' e o ''King George V'' achegáronse a 39 km do ''Bismarck'', co inimigo ben iluminado polo sol da mañá no fondo. Nese momento a visibilidade era de só 19 km e o estado do mar era de 4–5 (de forte marusía a media vaga). O forte vento estaba soprando dende o noroeste cunha forza de 6 a 7. O ''Rodney'' dirixiuse cara o norte polo que podía disparar ao longo do ''Bismarck'', mentres que o ''King George V'' púxose de lado. Abriron fogo ás 08:47. O ''Bismarck''
[[Ficheiro:HMS Dorsetshire Bismarck survivors.jpg|250px|miniatura|Supervivintes do ''Bismarck'' sendo izados ao ''HMS Dorsetshire'']]
O ''Bismarck'' continuou coa súa enseña izada. Sen sinais de rendición, a pesar da desigual loita, o británicos resistíanse a deixar o ''Bismarck''. As súas reservas de combustible e munición eran baixas, unha demostración do difícil que era para un acoirazado destruir unha unidade semellante, incluso nun combate desequilibrado; porén, cando se fixo evidente que o seu inimigo non podería alcanzar un porto, o ''Rodney'', o ''King George V'' e os destrutores foron enviados a casa. Ao ''Norfolk'' non lle quedaban torpedos, polo que o ''Dorsetshire'' lanzou tres de 533 mm a unha distancia relativamente curta, que poderían alcanzar ao ''Bismarck''. As cubertas superiores do barco alemán estaban case completamente destruídas, pero os seus motores aínda funcionaban, aínda que Johannes "Hans" Zimmermann, un fogueiro que sobreviviu, confirmou que a auga salgada entrara nas liñas de alimentación das caldeiras o que obrigou aos enxeñeiros a reducir a velocidade a sete nós, por medo a un estoupido, e o casco aparentemente estaba en bo estado; polo que, en vez de arriscarse a ser capturado, aos supervivintes déuselles a orde de afundir o barco e despois abandonalo. Moitos dos tripulantes caeron á auga, pero poucos mariñeiros das zonas máis baixas dos motores sobreviviron. Como o capitán Lindemann presumíase morto, como todos os seus oficiais, despois do impacto na ponte cun proxectil de 410 mm, non está claro se puido dar a orde de afundir o barco.
|