Vitoria do Reino Unido: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
o verbo casar non é pronominal
Breogan2008 (conversa | contribucións)
non é pronominal
Liña 176:
== Viuvez ==
[[Ficheiro:Queen Victoria and Prince Albert 1861.jpg|miniatura|esquerda|Victoria e Alberto en 1861, poucos meses antes da morte do príncipe consorte.]]
En marzo de 1861, a nai de Vitoria morreu ao seu lado. Cando leu os documentos que lle deixou, Vitoria comprendeu que a súa nai quíxoa profundamente.<ref>Hibbert, p. 267; Longford, pp. 118, 290; St Aubyn, p. 319; Woodham-Smith, p. 412</ref> A raíña quedousequedou esnaquizada e culpou a Conroy e a Lehzen por habela afastado dela «maliciosamente».<ref>Hibbert, p. 267; Marshall, p. 152; Woodham-Smith, p. 412</ref> Para distraer á súa esposa durante este período de sufrimento intenso,<ref>Hibbert, pp. 265-267; St Aubyn, p. 318; Woodham-Smith, pp. 412-413</ref> Alberte substituíuna na maioría dos seus deberes malia que el tiña problemas crónicos no estómago.<ref>Waller, p. 393; Weintraub, p. 401</ref> En agosto, Vitoria e Alberte visitaron ao seu fillo, o príncipe Eduardo de Gales, que estaba participando nunhas manobras do exército en [[Dublín]], e pasaron algúns días en [[Killarney]]. En novembro, Alberte soubo da existencia duns rumores de que Eduardo durmira cunha actriz en Irlanda.<ref>Hibbert, p. 274; Longford, p. 293; St Aubyn, p. 324; Woodham-Smith, p. 417</ref> Arrepiado, foi ata [[Cambridge]], onde o seu fillo estaba estudando, e encarouse con el.<ref>Longford, p. 293; Marshall, p. 153; Strachey, p. 214</ref> A principios de decembro Alberte estaba moi doente,<ref>Hibbert, pp. 276-279; St Aubyn, p. 325; Woodham-Smith, pp. 422-423</ref> e o doutor [[William Jenner]] lle diagnosticou [[febre tifoidea]]. Morreu o [[14 de decembro]] de [[1861]]. A perda de quen fose o seu compañeiro, amigo e conselleiro devastou a Vitoria,<ref>Hibbert, pp. 280-292; Marshall, p. 154</ref> que mantivo desde entón un estado semipermanente de loito e usou a cor negra nos seus vestidos para o resto da súa vida. Evitou as aparicións públicas e de cando en cando puxo os pés en Londres durante os anos seguintes,<ref>St Aubyn, p. 343</ref> polo que se gañou con iso o alcumo da «Viúva de Windsor».<ref>e.g. Strachey, p. 306</ref> Vitoria considerou ao seu fillo, o príncipe de Gales, mozo indiscreto e frívolo, culpable da morte do seu pai.<ref>Hibbert, p. 299; St Aubyn, p. 346</ref>
 
O illamento de Vitoria do público diminuíu en gran medida a popularidade da monarquía, e ata animou o crecemento do movemento republicano.<ref>Marshall, pp. 170?172; St Aubyn, p. 385</ref> Aínda que cumpriu os seus deberes oficiais, non participou activamente no goberno, e permaneceu confinada nas súas residencias reais, como [[castelo de Balmoral|Balmoral]] en [[Escocia]] -que Alberte comprara en 1847-, [[Castelo de Windsor|Windsor]] e [[Osborne House]], na [[illa de Wight]]. En marzo de 1864 un home colocou un cartel nas balaustradas do [[palacio de Buckingham]] no que dicía: «esta propiedade está á venda debido a creba do negocio do antigo ocupante».<ref>Hibbert, p. 310; Longford, p. 321; St Aubyn, pp. 343-344; Waller, p. 404</ref> O seu tío Leopoldo escribiulle para aconsellarlle que aparecese en público. A raíña estivo de acordo en aparecer nos xardíns da sociedade real de horticultura en [[Kensington]] e dar un paseo nun carro aberto por Londres.<ref>Hibbert, p. 310; Longford, p. 322</ref>
Liña 187:
En 1870 o sentimento republicano británico alcanzou un punto álxido, alimentado polo illamento de Vitoria e pola creación da [[Terceira República Francesa]].<ref>Longford, p. 381; St Aubyn, pp. 385-386; Strachey, p. 248</ref> Realizouse un mitin republicano en [[Trafalgar Square]] onde se esixiu a abdicación de Vitoria, e varios membros radicais do goberno criticárona.<ref>St Aubyn, pp. 385-386; Strachey, pp. 248-250</ref> Entre agosto e setembro de 1871 a raíña estaba gravemente doente debido a un absceso no brazo, que [[Joseph Lister]] conseguiu tratar con éxito grazas ao seu novo ''spray'' de [[acedo carbólico]] antiséptico.<ref>Longford, p. 385</ref> A finais de novembro de 1871, no punto máis alto do movemento republicano, o príncipe de Gales contraeu febre tifoidea, a mesma enfermidade que matara ao seu pai, e Vitoria temeu pola morte do seu fillo.<ref>Hibbert, p. 343</ref> A medida que se achegaba o décimo aniversario da morte do seu marido, a saúde de Eduardo parecía non dar sinais de mellora e a preocupación de Vitoria continuou.<ref>Hibbert, pp. 343-344; Longford, p. 389; Marshall, p. 173</ref> Para alegría de todos, Eduardo sobreviviu.<ref>Hibbert, pp. 344-345</ref> Nai e fillo estiveron presentes nun acto público en Londres e nun gran servizo de acción de grazas na [[catedral de San Paulo de Londres|catedral de San Paulo]] o 27 de febreiro de 1872. O sentimento republicano empezou a decaer.<ref>Hibbert, p. 345; Longford, pp. 390-391; Marshall, p. 176; St Aubyn, p. 388</ref>
 
O último día de febreiro de 1872, dous días despois do servizo de acción de grazas, [[A
O último día de febreiro de 1872, dous días despois do servizo de acción de grazas, [[Arthur O'Connor]] -sobriño neto dun deputado irlandés- apuntou cunha pistola sen balas ao carruaxe aberto de Vitoria cando esta atravesaba as portas do palacio de Buckingham. Brown, que estaba á beira da raíña, atrapouno, e o pistoleiro foi condenado a doce meses de cárcere.<ref>Hibbert, pp. 426-427; St Aubyn, pp. 388-389</ref> Grazas a este incidente, a popularidade da raíña aumentou aínda máis.<ref>Hibbert, p. 427; Marshall, p. 176; St Aubyn, p. 389</ref>
 
== Emperatriz da India ==
[[Ficheiro:Queen Victoria 60. crownjubilee.jpg|miniatura|Vitoria en 1897.]]
Trala [[Rebelión na India de 1857|rebelión dos cipaios]] en 1857, a [[Compañía Británica das Indias Orientais]], que gobernara gran parte da India, foi disolta, e as posesións e protectorados británicos foron incorporados formalmente ao [[Raj Británico]]. A raíña tiña unha visión relativamente neutral sobre o conflito e condenou as atrocidades cometidas por ambos bandos.<ref>Hibbert, pp. 249-250; Woodham-Smith, pp. 384-385</ref> Escribiu sobre o seu «sentimento de horror e arrepentimento polo resultado desta guerra civil sanguenta»,<ref>Woodham-Smith, p. 386</ref> e insistiu, incentivada por Alberte, que debía anunciar que a proclamación oficial afirmando a transferencia de poder da compañía ao Estado «debía mostrar un sentimento de xenerosidade, benevolencia e tolerancia relixiosa».<ref>Hibbert, p. 251; Woodham-Smith, p. 386</ref> Por orde da raíña, unha referencia que ameazaba a «diminución das relixións nativas e dos seus costumes» foi substituída por un pasaxe que garantía a liberdade relixiosa.
 
Nas eleccións de 1874 Disraeli volveu ao poder, e o seu goberno aprobou unha lei de regulación de culto público que retiraba os rituais católicos da liturxia [[Anglicanismo|anglicana]], lei que Vitoria apoiou:<ref>Hibbert, p. 361; Longford, p. 402; Marshall, pp. 180-184; Waller, p. 423</ref> a raíña prefería misas curtas e sinxelas, e gustáballe máis a doutrina da igrexa [[Presbiterianismo|presbiteriana]] escocesa que a inglesa. Foi este primeiro ministro o que aprobou a lei que confería á raíña o título de «emperatriz da India» o 1 de maio de 1876.<ref>Hibbert, p. 361; Longford, pp. 405-406; Marshall, p. 184; St Aubyn, p. 434; Waller, p. 426</ref> O novo título foi proclamado no [[Delhi Durbar]] o [[1 de xaneiro]] de [[1877]].<ref>Waller, p. 427</ref>
 
O [[14 de decembro]] de [[1878]], aniversario da morte de Alberte, a segunda filla de Vitoria, a princesa [[Alicia do Reino Unido|Alicia]], que se casou co gran duque [[Luís IV de Hesse-Darmstadt]], morreu de [[difteria]] en [[Darmstadt]]. Vitoria atopou a coincidencia das datas «case incrible e moi misteriosa».<ref>Longford, p. 425</ref> En maio de 1879 converteuse en bisavoa por primeira vez debido ao nacemento da princesa [[Feodora de Saxonia-Meiningen]], filla da súa neta [[Carlota de Prusia]].<ref>Longford, p. 426</ref>
 
Entre abril de 1877 e febreiro de 1878 Vitoria ameazou con abdicar do trono cinco veces para facer presión a Disraeli para que condenara ao [[Imperio ruso]] polas súas accións na [[Guerra ruso-turca (1877-1878)|guerra ruso-turca]], pero as súas ameazas non tiveron ningún impacto nin acabaron co [[Congreso de Berlín de 1878|Congreso de Berlín]].<ref>Longford, pp. 412-413</ref> A política exterior expansionista de Disraeli, que Vitoria apoiaba, iniciou conflitos como a [[guerra anglo-zulú]] e a [[segunda guerra anglo-afgana]]. «Si queremos manter a nosa posición como gran potencia», escribiu a raíña, «temos que estar preparados para ataques e guerras nun lugar ou outro continuamente». Vitoria vía a expansión do Imperio británico como civilizadora e beneficiosa, xa que protexía aos pobos nativos das potencias máis agresivas ou de gobernantes crueis: «non é costume noso anexionar países», dixo, «a non ser que nos vexamos obrigados ou forzados a facelo».<ref>Longford, p. 411</ref> Para desalento de Vitoria, Disraeli perdeu as eleccións de 1880 e Gladstone volveu ao poder como primeiro ministro.<ref>Hibbert, pp. 367-368; Longford, p. 429; Marshall, p. 186; St Aubyn, pp. 442-444; Waller, pp. 428-429</ref> Cando Disraeli morreu ao ano seguinte, Vitoria chorou e mandou colocar unha placa na súa sepultura na que se podía ler: «colocada polo seu moi grata soberana e amiga, Vitoria, R.I.».<ref>Longford, p. 437</ref>
 
== Últimos anos ==
[[Ficheiro:Queen Victoria mounted and John Brown by W. and D. Downey.jpg|miniatura|esquerda|Vitoria a cabalo. Ao lado o seu criado John Brown.]]
O [[2 de marzo]] de [[1882]] [[Roderick Maclean]], un recoñecido poeta que se sentía ofendido porque Vitoria negouse a ler un dos seus poemas,<ref>Hibbert, p. 420; St Aubyn, p. 422</ref> disparou contra a raíña cando a súa carruaxe estaba saíndo da estación de trens de Windsor. Dous estudantes do [[colexio Eton]] golpeáronlle cos seus paraugas ata que o poeta foi detido pola policía.<ref>Hibbert, p. 420; St Aubyn, p. 421</ref> Vitoria se enfureceu cando se decatou de que Maclean quedou en liberdade por tolemia,<ref>Hibbert, pp. 420-421; St Aubyn, p. 422; Strachey, p. 278</ref> pero alegrouse coas demostracións de lealdade despois do ataque, e chegou a afirmar que «valeu a pena ser disparada só para ver como se me quere».<ref>Hibbert, p. 427; Longford, p. 446; St Aubyn, p. 421</ref>
 
O [[17 de marzo]] de [[1883]] Vitoria caeuse polas escaleiras en Windsor, o que provocou que estivese nunha cadeira de rodas ata xullo. A raíña nunca se recuperou completamente da caída e sufriu [[reumatismo]] ata o fin dos seus días.<ref>Longford, pp. 451-452</ref> John Brown morreu días despois do accidente e, para consternación do seu secretario privado, [[Henry Ponsonby]], a raíña empezou a traballar nunha biografía laudatoria do seu fiel criado.<ref>Longford, p. 454; St Aubyn, p. 425; Hibbert, p. 443</ref> Ponsonby e [[Randall Davidson]], decano de Windsor, que viran os primeiros esbozos, aconselláronlle a Vitoria que non publicase o traballo, xa que podería causar rumores de que os dous habían ter unha relación amorosa.<ref>Hibbert, pp. 443-444; St Aubyn, pp. 425-426</ref> O manuscrito foi destruído.<ref>Hibbert, pp. 443-444; Longford, p. 455</ref> A principios de 1884 Vitoria publicou o libro ''More Leaves from a Journal of a Life in the Highlands'', unha secuela do seu primeiro libro, que dedicou ao seu «criado persoal, devoto e fiel amigo, John Brown».<ref>Hibbert, p. 444; St Aubyn, p. 424; Waller, p. 413</ref> Un día despois do aniversario da morte de Brown, Vitoria soubo mediante un telegrama que o seu fillo pequeno, [[Leopoldo de Albany|Leopoldo]], morrera en [[Cannes]], vítima de [[hemofilia]]. Vitoria lamentou a morte daquel que era «o máis querido de entre os meus fillos».<ref>Longford, p. 461</ref> Ao mes seguinte, a filla menor de Vitoria, [[Beatriz do Reino Unido|Beatriz]], coñeceu e namorouse do príncipe [[Henrique de Battenberg]] na voda da súa sobriña [[Vitoria de Hesse-Darmstadt]] co irmán maior do príncipe [[Luís de Battenberg]]. Beatriz e Henrique querían casarse, pero nun primeiro momento Vitoria opúxose á unión, pois quería que Beatriz quedásese en casa con ela para facerlle compaña. Un ano despois cambiou de opinión, xa que Beatriz e Henrique prometeron que seguirían vivindo preto para facerlle compañía.<ref>Longford, pp. 477-478</ref>
 
Vitoria alegrouse cando Gladstone viuse obrigado a dimitir en 1885, tras non poder aprobar o seu orzamento.<ref>Hibbert, p. 373; St Aubyn, p. 458</ref> A raíña pensaba que o seu goberno fora o «peor que había ter» e culpáballe da morte do xeneral [[Charles George Gordon|Gordon]] en [[Jartum]].<ref>Waller, p. 433; véxase tamén Hibbert, pp. 370-371 e Marshall, pp. 191-193</ref> Gladstone foi substituído por [[Robert Gascoyne-Cecil|lord Salisbury]]. Con todo, este goberno apenas durou uns meses, e Vitoria tivo que chamar novamente a Gladstone, a quen denominaba como «medio tolo e, en verdade, non é máis que un home ridículo de moitos xeitos».<ref>Hibbert, p. 373; Longford, p. 484</ref> Gladstone intentou aprobar unha lei que daba a Irlanda un goberno propio pero, para alegría de Vitoria, non foi aprobada.<ref>Hibbert, p. 374; Longford, p. 491; Marshall, p. 196; St Aubyn, pp. 460-461</ref> Nas eleccións, o goberno Gladstone cedeu o poder a Salisbury.<ref># F. W. S. Craig, British Electoral Facts: 1832-1987</ref>
 
=== Xubileu de ouro ===
[[Ficheiro:Her Majesty's Gracious Smile by Charles Knight.JPG|miniatura|Vitoria no seu Xubileu de ouro.]]
En 1887 o Reino Unido celebrou o [[Xubileu de ouro]] de Vitoria. A raíña celebrou o 20 de xuño de 1887 -o quincuaxésimo aniversario da súa ascensión ao trono- cun banquete, ao cal foron invitados cincuenta reis e príncipes europeos. Ao día seguinte, participou nun desfile que, en palabras de [[Mark Twain]], «estendíase máis aló do límite da visión en ambas direccións» e estivo presente nunha misa de acción de grazas na [[abadía de Westminster]].<ref>Queen Vitoria, Royal Household</ref> A estas alturas, Vitoria era de novo extremadamente popular.<ref>Marshall, pp. 210-211; St Aubyn, pp. 491-493</ref> Dous días despois, o 23 de xuño,<ref>Longford, p. 502</ref> contratou a dous [[A India|hindús]] musulmáns para que fosen os seus criados. Un deles, [[Abdul Karim]], foi ascendido a «Munshi» (mestre), ensinou á raíña [[hindi]] [[urdu]] e converteuse no seu «[[escriba]]».<ref>Hibbert, pp. 447-448; Longford, p. 508; St Aubyn, p. 502; Waller, p. 441</ref> A familia e os criados da raíña asustáronse e acusaron a Abdul Karim de ser un espía da [[Liga Musulmá]], e intentaron poñer á raíña contra os hindús.<ref>Hibbert, pp. 448-449</ref> O cabaleirizo da raíña, [[Frederick Ponsonby]] -fillo de Henry, o secretario da raíña-, descubriu que Karim mentira sobre os seus pais e díxolle a [[Victor Bruce|lord Elgin]], vicerrei da India, que «o indio ocupa o mesmo posto que ocupaba John Brown».<ref>Hibbert, pp. 449-451</ref> Vitoria ignorou as queixas, ao consideralas racistas.<ref>Hibbert, p. 447; Longford, p. 539; St Aubyn, p. 503; Waller, p. 442</ref> Abdul Karim estivo coa raíña ata a morte desta, e despois volveu á India cunha pensión.<ref>Hibbert, p. 454</ref>
 
A filla maior de Vitoria converteuse en emperatriz consorte de Alemaña en 1888, pero enviuvou tres meses despois e o seu neto, Guillerme, converteuse en emperador de Alemaña co nome de [[Guillerme II de Alemaña|Guillerme II]]. Co reinado de Guillerme, as esperanzas que Vitoria e Alberte tiñan postas para que Alemaña se liberalizase non se cumpriron, xa que este cría na autocracia. Vitoria pensaba que o seu neto tiña «pouco corazón ou tacto e [que] (...) a súa conciencia e intelixencia foran totalmente deformadas».<ref>Hibbert, p. 382</ref>
 
Gladstone volveu ao poder unha vez máis en 1892, con 82 anos. Vitoria vetou o nomeamento do deputado radical [[Henry Labouchere]] para ocupar un sitio no goberno e Gladstone aceptouno.<ref>Hibbert, p. 375; Longford, p. 519</ref> En 1894 xubilouse e foi substituído polo liberal imperialista [[Archibald Primrose|lord Rosebery]]. Rosebery foi sucedido por Salisbury en 1895, quen gobernou ata a morte de Vitoria.<ref>Hibbert, p. 377</ref>
 
=== Xubileu de diamante ===
O [[22 de setembro]] de [[1896]] Vitoria excedeu ao seu avó [[Xurxo III do Reino Unido|Xurxo III]] como o monarca con máis tempo de reinado na historia inglesa, escocesa ou británica. De acordo a unha petición da raíña, todas as celebracións públicas especiais polo acontecemento foron atrasadas ata 1897, o ano en que se celebraba o [[xubileu de diamante]] de Vitoria.<ref>Hibbert, p. 456</ref> O secretario de colonias, [[Joseph Chamberlain]], propuxo que o xubileu fose un festival en todo o Imperio Británico.<ref>Longford, p. 546; St Aubyn, pp. 545-546</ref>
 
Así, invitaron aos primeiros ministros de todas as colonias autónomas xunto coas súas familias. O desfile no que participou a raíña por Londres fixo unha parada para realizar unha misa de acción de grazas ao aire libre xunto á catedral de San Paulo, durante a cal a raíña permaneceu sentada na súa carruaxe aberto. A celebración estivo marcada por mostras de afecto á raíña septuaxenaria.<ref>Hibbert, pp. 457-458; Marshall, pp. 206-207, 211; St Aubyn, pp. 546-548</ref>
 
Vitoria visitaba Europa moitas veces en vacacións. En 1889, cando estaba en [[Biarritz]], en Francia, converteuse na primeira soberana reinante que visitou [[España]] ao cruzar a fronteira para unha breve visita.<ref>Hibbert, p. 436; St Aubyn, p. 508</ref> En abril de 1900, a [[Guerras dos Bóeres|segunda guerra dos Bóeres]] estaba sendo tan mal vista que se lle desaconsellou a súa viaxe anual a Francia. No canto diso, foi a Irlanda, por primeira vez desde 1861, en parte para agradecer a contribución dos rexementos irlandeses en [[Sudáfrica]].<ref>Hibbert, pp. 437?438; Longford, pp. 554-555; St Aubyn, p. 555</ref> En xullo, o seu segundo fillo, Alfredo, morreu: «Deus meu, o meu querido e pobre «Affie» morreu», escribiu no seu diario; «este está sendo un ano horrible, só hai tristeza e horror por todas partes».<ref>Longford, p. 558</ref>
 
== Morte e sucesión ==
[[Ficheiro:Glasgow Royal Infirmary 02.jpg|miniatura|esquerda|Estatua da raíña Vitoria en Glasgow.]]
Seguindo un costume que mantivo durante toda o seu viudez, Vitoria pasou o seu último Nadal en [[Osborne House]] -que o príncipe Alberte deseñara por si mesmo-, na [[illa de Wight]]. O reumatismo das súas pernas impedíalle andar e a súa visión estaba moi afectada polas [[cataratas]].<ref>Hibbert, pp. 464-466, 488-489; Strachey, p. 308; Waller, p. 442</ref> A principios de xaneiro afirmou sentirse «mal e débil»,<ref>Hibbert, p. 492; Longford, p. 559 e St Aubyn, p. 592</ref> e a mediados de mes escribiu no seu diario que se atopaba «somnolenta (...) mareada e confusa».<ref>Hibbert, p. 492</ref> Morreu alí, debido á debilidade da súa saúde, o martes [[22 de xaneiro]] de [[1901]], ás 6:30, con 81 anos. No seu leito de morte estaba acompañada polo seu fillo e futuro rei, [[Eduardo VII do Reino Unido|Eduardo]], e o seu neto maior, o emperador alemán [[Guillerme II de Alemaña|Guillerme II]].<ref>Longford, p. 561; St Aubyn, p. 598</ref>
 
En 1897 Vitoria deixara escritas as instrucións para a súa funeral, que quería que fose militar, xa que era filla dun soldado e xefe do exército,<ref>Matthew, H. C. G.; Reynolds, K. D. (2004; edición en liña outubro de 2009) "Vitoria (1819-1901)" {{en}}</ref> e que a cor dominante fose o branco e non o negro.<ref>Hibbert, p. 497; Longford, p. 563</ref> O 25 de xaneiro o rei Eduardo, o káiser Guillerme e o príncipe [[Artur de Saxonia-Coburgo-Gotha|Artur]] axudaron a levar o ataúde.<ref>St Aubyn, p. 598</ref> A raíña estaba vestida co seu veo de noiva.<ref>Longford, p. 563</ref> A petición súa, o médico e as criadas que a vestiron colocaron tamén varias fotografías e obxectos da súa numerosa familia e dos seus criados no ataúde. Así, colocaron unha camisa de durmir de Alberte ao seu lado xunto cun molde de xeso da súa man e unha fotografía e un mechón de pelo de John Brown que esconderon na parte esquerda, debaixo dun ramo de flores.<ref>Hibbert, p. 498</ref> Varias xoias foron enterradas xunto con Vitoria, incluíndo a alianza da nai de John Brown que este lle deu en 1883. O seu funeral realizouse o sábado 2 de febreiro de 1901 na [[capela de San Xurxo (Castelo de Windsor)|capela de San Xurxo]] do [[castelo de Windsor]] e, logo de dous días de velorio, foi enterrada xunto a Alberte no [[Frogmore House|mausoleo de Frogmore]], no gran parque de Windsor.<ref>{{cita web|editorial=findagrave.com|título=Queen Vitoria|fechaacceso=28 de xuño de 2012|idioma=inglés}}</ref> Cando foi enterrada, empezou a nevar.<ref>Longford, p. 565; St Aubyn, p. 600</ref>
 
A morte de Vitoria supuxo o fin do poder da [[Casa de Hannover]] no Reino Unido. Como o seu marido pertencía á [[Casa de Saxonia-Coburgo e Gotha]] o seu fillo e herdeiro, Eduardo VII, foi o primeiro monarca británico desta nova dinastía.<ref>[http://www.royal.gov.uk/HistoryoftheMonarchy/KingsandQueensoftheUnitedKingdom/Saxe-Coburg-Gotha/Saxe-Coburg-Gotha.aspx, "The Official Website of the British Royal Family - Saxe-Coburg-Gotha", Visitado el 28 de junio de 2012] {{en}}</ref>
 
== Legado ==
[[Ficheiro:Melville - Queen Victoria.jpg|miniatura|A raíña Vitoria, por Alexander Melville.]]
Segundo un dos seus biógrafos, [[Giles St. Aubyn]], Vitoria escribiu unha media de 2500 palabras ao día durante a súa vida adulta.<ref>Hibbert, p. xv; St Aubyn, p. 340</ref> Desde xullo de 1832 ata pouco antes da súa morte escribiu diarios con frecuencia e chegou a ter 122 volumes.<ref>St Aubyn, p. 30; Woodham-Smith, p. 87</ref> Trala morte de Vitoria, a súa filla Beatriz foi nomeada a súa executora literaria. A filla pequena da raíña transcribiu e editou os diarios a partir da súa chegada ao trono e queimou os orixinais.<ref>Hibbert, pp. 503-504; St Aubyn, p. 30; Woodham-Smith, pp. 88, 436-437</ref> Malia esta destrución, moitos dos diarios aínda existen. Ademais da copia editada de Beatriz, [[Reginald Brett, 2ou vizconde Esher|lord Esher]] transcribiu dous volumes de 1832 a 1861 antes de que Beatriz destruíseos.<ref>Hibbert, p. 503</ref> Parte da extensa correspondencia de Vitoria foi publicada en varios volumes de diferentes autores.<ref>Hibbert, pp. 503?504; St Aubyn, p. 624</ref>
 
Vitoria estaba desproporcionada fisicamente: era corpulenta, pouco elegante e non medía máis dun metro e medio. Malia estes defectos, proxectou unha imaxe de grandeza.<ref>Hibbert, pp. 61-62; Longford, pp. 89, 253; St Aubyn, pp. 48, 63-64</ref> Foi pouco popular durante os primeiros anos de viuvez, pero foi moi querida as décadas de 1880 e 1890, cando encarnou a figura do imperio, unha figura matriarcal benevolente.<ref>Marshall, p. 210; Waller, pp. 419, 434-435, 443</ref> Só coñeceuse a súa verdadeira influencia política despois de que se revelasen ao público os diarios e cartas.<ref>Waller, p. 439</ref> Moitas biografías publicadas ata hoxe conclúen que Vitoria era emocional, obstinada, honesta e sincera.<ref>e.g. Hibbert, p. 352; Strachey, p. 304; Woodham-Smith, p. 431</ref>
Ao longo do reinado de Vitoria continuou o establecemento gradual dunha monarquía constitucional moderna en Gran Bretaña. As reformas no sistema electoral aumentaron o poder do parlamento prexudicando aos nobres e á monarquía.<ref>Waller, p. 429</ref> En 1867 [[Walter Bagehot]] escribiu que o monarca só tiña «o dereito a ser consultado, o dereito de animar e o dereito de avisar».<ref>Bagehot, Walter (1867) The English Constitution, Londres:Chapman and Hall, p. 103</ref> A medida que a monarquía de Vitoria volvíase máis simbólica que política, empezou a dar máis importancia á moralidade e aos valores familiares. Isto se contrapón aos escándalos financeiros, sexuais e persoais que se asociaban aos membros anteriores da casa de Hanóver, que habían desacreditado á monarquía. O concepto de «monarquía familia», co cal as clases medias podíanse identificar, se fortaleceu.<ref>St Aubyn, pp. 602?603; Strachey, pp. 303?304; Waller, pp. 366, 372, 434</ref>
 
Os lazos que Vitoria tiña coas familias reais europeas valéronlle o alcume de «a avoa de Europa».<ref>Erickson, Carolly (1997) ''Her Little Majesty: The Life of Queen Vitoria'', Nova York: Simon & Schuster, ISBN 0-7432-3657-2</ref> Vitoria e Alberte tiveron 42 netos. Entre os seus descendentes inclúense a raíña [[Isabel II do Reino Unido]]; o seu marido, o príncipe [[Filipe de Edimburgo|Filipe]]; o rei [[Harald V de Noruega]]; o rei [[Carlos XVI Gustavo]], a raíña [[Margarida II de Dinamarca]]; o rei [[Xoán Carlos I de España]] e a súa esposa [[Sofía de Grecia]], etc.
 
== Cultura popular ==
A raíña Vitoria foi retratada en diversas películas, libros, revistas e outras publicacións. A primeira película foi ''[[Victoria, the Great]]'', dirixida e producida por [[Herbert Wilcox]], e a súa actriz protagonista foi a británica [[Anna Neagle]]. A película estreouse en 1937, ano da coroación do bisneto de Vitoria, o rei [[Xurxo VI do Reino Unido|Xurxo VI]], e serviu para conmemorar o centenario da coroación da raíña en 1837. Tivo tanto éxito que ao ano seguinte estreouse a secuela ''[[Sixty Glorious Years]]''.<ref>Jerry Vermilye, ''The Great British Films'', pp. 39-41, 1978, Citadel Press, ISBN 080650661X</ref>
 
Outra película moi coñecida sobre a vida de Vitoria estreouse en 1950, ''[[The Mudlark]]''. Tiña a [[Irene Dunne]] como protagonista e era unha versión alternativa aos anos de loito da raíña.<ref>[http://www.imdb.es/title/tt0042757/ "The Mudlark"], [[IMDb]]. Consultado el 28 de xuño de 2012</ref> En 1954 o director austríaco [[Ernst Marischka]] rodaría con [[Romy Schneider]] ''The youth of a Queen'', precursora da saga de [[Isabel de Baviera|Sissi]]. En 1997, [[Judi Dench]] e [[Billy Connolly]] protagonizaron a película ''[[Mrs. Brown]]'' sobre a relación da raíña co seu criado escocés, John Brown. A película foi moi aclamada pola crítica e valeulle a Dench unha nominación ao [[Anexo:Óscar á mellor actriz|Óscar]].<ref>[http://www.imdb.es/title/tt0119280/ Mrs. Brown]. [[IMDb]]. Consultado el 28 de xuño de 2012</ref> En 2001, a [[British Broadcasting Corporation|BBC]] estreou unha serie de dous episodios titulada ''[[Vitoria & Albert]]'' protagonizada por [[Vitoria Hamilton]] e [[Jonathan Firth]], que retrataba a vida de Vitoria desde a súa infancia ata a morte de Alberte en 1861.<ref>[http://www.erasofelegance.com/entertainment/movies/victoria/victoria.html "Eras of Elegance - Victoria and Albert (2001)"]. Consultado el 28 de xuño de 2012 {{en}}.</ref>
 
Máis recientemente, en 2009, [[Emily Blunt]] e [[Rupert Friend]] protagonizaron a película ''[[The Young Vitoria]]'', unha versión romántica da vida da parella real, aclamada pola crítica e que recibiu varias nominaciones para os Óscars e para os [[Premios Globo de Ouro|Globos de Ouro]], incluíndo mellor actriz dramática para Emily Blunt (nos Globos de Ouro), mellor dirección artística, mellor maquillaje e vestiario (polo que conseguiu o Óscar).<ref>[http://www.imdb.es/title/tt0962736/ "The Young Victoria"], [[IMDb]]. Consultado el 28 de xuño de 2012.</ref>
 
== Títulos ==
* [[24 de maio]] de [[1819]] - [[20 de xuño]] de [[1837]]: ''A súa Alteza Real'' a princesa Alexandrina Vitoria de Kent e Strathearn
* [[20 de xuño]] de [[1837]] - [[22 de xaneiro]] de [[1901]]: ''A súa Maxestade'' a Raíña
* [[1 de maio]] de [[1876]] - [[22 de xaneiro]] de [[1901]]: ''A súa Maxestade Imperial'' a Emperatriz da India
 
==Ascendentes==
<div style="clear: both; width: 100%; padding: 0; text-align: left; border: none;" class="NavFrame">
<div style="background: #ccddcc; text-align: center; border: 1px solid #667766" class="NavHead">'''Ascendentes de Vitoria do Reino Unido'''
</div>
<div class="NavContent" style="display:none;">
<center>{{ahnentafel-compact5
|style=font-size: 90%; line-height: 110%;
|border=1
|boxstyle=padding-top: 0; padding-bottom: 0;
|boxstyle_1=background-color: #fcc;
|boxstyle_2=background-color: #fb9;
|boxstyle_3=background-color: #ffc;
|boxstyle_4=background-color: #bfc;
|boxstyle_5=background-color: #9fe;
|1= 1. '''Vitoria do Reino Unido'''
|2= 2. [[Eduardo de Kent (1767-1820)|Eduardo de Kent]]
|3= 3. [[Vitoria de Saxonia-Coburgo-Saalfeld]]
|4= 4. [[Xurxo III do Reino Unido]]
|5= 5. [[Carlota de Mecklemburgo-Strelitz]]
|6= 6. [[Francisco de Saxonia-Coburgo-Saalfeld]]
|7= 7. [[Augusta de Reuss-Ebersdorf]]
|8= 8. [[Federico Luís de Gales]]
|9= 9. [[Augusta de Saxonia-Gotha]]
|10= 10. [[Carlos Luís de Mecklemburgo-Strelitz]]
|11= 11. [[Isabel Albertina de Saxonia-Hildburghausen]]
|12= 12. [[Ernesto Federico de Saxonia-Coburgo-Saalfeld]]
|13= 13. [[Sofía Antonia de Brunswick-Wolfenbüttel]]
|14= 14. [[Henrique XXIV de Reuss-Ebersdorf]]
|15= 15. [[Carolina Ernestina de Erbach-Schönberg]]
|16= 16. [[Xurxo II de Gran Bretaña]]
|17= 17. [[Carolina de Brandeburgo-Ansbach]]
|18= 18. [[Federico II de Saxonia-Gotha-Altenburg]]
|19= 19. [[Princesa Magdalena Augusta de Anhalt-Zerbst]]
|20= 20. [[Adolfo Federico II de Mecklemburgo-Strelitz]]
|21= 21. [[Cristina Emilia de Schwarzburg-Sondershausen]]
|22= 22. [[Ernesto Federico I de Saxonia-Hildburghausen]]
|23= 23. [[Condesa Sofía Albertina de Erbach-Erbach]]
|24= 24. [[Francisco Xosías de Saxonia-Coburgo-Saalfeld]]
|25= 25. [[Princesa Ana Sofía de Schwarzburg-Rudolstadt]]
|26= 26. [[Fernando Alberte II, duque de Brunswick-Lüneburg]]
|27= 27. [[Antonieta Amalia de Brunswick-Wolfenbüttel]]
|28= 28. [[Enrique XXIX, Conde de Reuss-Ebersdorf]]
|29= 29. [[Condesa Sofía Teodora de Castell-Remlingen]]
|30= 30. [[Xurxo Augusto, Conde de Erbach-Schönberg]]
|31= 31. [[Condesa Fernanda Enriqueta de Stolberg-Gedern]]
}}</center>
</div></div>
 
==Notas==
{{listaref|3}}
 
==Véxase tamén==
{{commonscat|Victoria of the United Kingdom|Victoria del Reino Unido}}
===Outros artigos===
* [[Alberte de Saxonia-Coburgo e Gotha]]
===Bibliografía===
* {{cita libro|autor=Auchincloss, Louis|título=Persons of Consequence: Queen Victoria and Her Circle|editorial=Random House|ano=1979|isbn=0-394-50427-5|idioma=inglés}}
* {{cita libro|autor=Carter, Miranda|título=Three Emperors: Three Cousins, Three Empires and the Road to the First World War|lugar=Londres|editorial=Penguin|ano=2009|isbn=978-0-670-91556-9|idioma=inglés}}
* {{cita libro|autor=Cecil, Algernon|título=Queen Victoria and Her Prime Ministers|editorial=Eyre and Spottiswode|ano=1953|idioma=inglés}}
* {{cita libro|autor=Eilers, Marlene A|título=Queen Victoria’s Descendants|edición=2ª ampliada y actualizada|lugar=Falköping|editorial=Rosvall Royall Books|ano=1997|isbn=0-8063-1202-5|idioma=inglés}}
* {{cita libro|título=Queen Victoria|autor=[[Encyclopædia Britannica]]|edición=11ª|editorial=[[Cambridge University Press]]|ano=1911|idioma=inglés}}
* {{cita libro|autor=Farnborough, T. E. May (1st Baron)|título=Constitutional History of England since the Accession of George the Third|edición=11ª|lugar=Longmans|editorial=Green|ano=1896|idioma=inglés}}
* {{cita libro|autor=Hibbert, Christopher|título=Queen Victoria: A Personal History|editorial=Harper Collins Publishing|ano=2000|idioma=inglés}}
* {{cita libro|autor=Hicks, Kyra E.|título=Martha Ann's Quilt for Queen Victoria|editorial=Brown Books|ano=2007|isbn=978-1-933285-59-7|idioma=inglés}}
* {{cita libro|autor=Kirwn, Anna|título=The royal diaries; Victoria. May blossom of Britannia|editorial=Scholastic Inc|lugar=Nueva York|ano=2001|idioma=inglés}}
* {{cita libro|autor=[[Elizabeth Longford|Longford, Elizabeth]]|título=Victoria R.I|editorial=Weidenfeld & Nicolson|ano=1998|isbn=0-297-84142-4|idioma=inglés}}
* {{cita libro|autor=Marshall, Dorothy|título=The Life and Times of Queen Victoria|editorial=George Weidenfeld and Nicolson Ltd|ano=1972|idioma=inglés}}
* {{cita libro|autor=Packard, Jerrold, M.|título=Victoria's Daughters|editorial=St. Martin's Press|ano=1998|isbn=0 312 24496 7|idioma=inglés}}
* {{cita libro|autor1=Potts, D. M.|autor2=W. T. W. Potts|título= Queen Victoria’s Gene: Haemophilia and the Royal Family|editorial=Alan Sutton|ano=1995|isbn=0-7509-1199-9|idioma=inglés}}
* {{cita libro|autor=St. Aubyn, Giles|título=Queen Victoria: A Portrait|editorial=Sinclair-Stevenson|año=1991|isbn=1 85619 086 2|idioma=inglés}}
* {{cita libro|autor=[[Lytton Strachey|Strachey, Lytton]]|título=Queen Victoria|lugar=Londres|editorial=Chatto et Windus Publishers|ano=1921|isbn=2-228-88610-6|idioma=inglés}}
* {{cita libro|autor=Waller, Maureen|título=Sovereign Ladies: Sex, Sacrifice, and Power. The Six Reigning Queens of England|editorial=St. Martin's Press|lugar=Nueva York|título=2006|isbn=0-312-33801-5|idioma=inglés}}
* {{cita libro|autor=Weiberg, Thomas|título=... wie immer Deine Dona. Verlobung und Hochzeit des letzten deutschen Kaiserpaares|editorial=Isensee-Verlag|lugar=Oldemburgo|año=2007|isbn=978-3-89995-406-7|título=alemán}}
* {{cita libro|autor=Weintraub, Stanley|ano=1997|título=Albert: Uncrowned King|título=Londres|editorial=John Murray|isbn=0-7195-5756-9|idioma=inglés}}
* {{cita libro|autor=Woodham-Smith, Cecil|ano=1972|título=Queen Victoria: Her Life and Times 1819–1861|lugar=Londres|editorial=Hamish Hamilton|isbn=0-241-02200-2|idioma=inglés}}
 
 
{{Sucesión
| título = [[Ficheiro:Coat of Arms of the United Kingdom (1837-1952).svg|70px]]<br />[[Monarca británico|Raíña do Reino Unido e os seus Dominios de Ultramar]]
| predecesor = [[Guillerme IV do Reino Unido|Guillermo IV]]
| sucesor = [[Eduardo VII do Reino Unido|Eduardo VII]]
| período = [[1837]] – [[1901]]
| título2 = [[Ficheiro:Star-of-India-gold-centre.svg|45px]]<br />[[Emperador da India|Emperatriz da India]]
| predecesor2 = Ningún<br /><small>(Título de nova creación)</small>
| sucesor2 = [[Eduardo VII do Reino Unido|Eduardo VII]]
| período2 = [[1877]] – [[1901]]
}}
 
[[Categoría:Reis do Reino Unido]]
[[Categoría:Nados en Londres]]
[[Categoría:Nados en 1819]]
[[Categoría:Finados en 1901]]