República Democrática Alemá: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
agora faise en d:Wikidata
corrixo
Liña 101:
O 10º Congreso do Partido, que tivo lugar en [[abril]] de [[1981]], centrouse na mellora da economía, estabilizar o sistema socialista, conseguir éxitos en política exterior e fortalecer as relacións con Alemaña Occidental. Presentando o SED como a forza dirixente en todas as áreas da sociedade alemá oriental, o secretario xeral (posto que substituíu ao de primeiro secretario en [[1976]]) Honecker salientou a importancia de educar a cadros leais para asegurar a posición do Partido. Anunciou que máis dun terzo de todos os militantes e candidatos electorais e preto de dous terzos dos secretarios do Partido completaran un curso de estudos superiores e que catro quintos dos secretarios recibiran formación nunha escola do Partido durante máis dun ano.
 
Afirmando que unha relexaciónrelaxación do [[Centralismo|centralismo]] [[democracia|democrático]] era inaceptable, Honecker salientou nun ríxido centralismo dentro das filas do Partido. Subliñando o curso xeral tomado polo SED, o Congreso confirmou a unidade da política social e económica de Alemaña Oriental na fronte interna e o seu absoluto aliñamento coa Unión Soviética na fronte exterior. De acordo co pronunciamiento último, o SED aprobou a [[Guerra Afgano-Soviética|intervención soviética en Afganistán]], aínda cando isto significou que a RDA queda diferenciada da posición tomada polos comunistas [[Iugoslavia|iugoslavos]], [[Partido Comunista Romanés|romaneses]] e [[Italia|italianos]], que criticaron a acción da URSS.
 
O Comité Central do SED, que durante os [[1960|anos 60]] fora un órgano consultivo, foi reducido á función de ''aclamador'' durante o 10º Congreso do Partido. O [[Politbüro]] e o Secretariado permaneceron na súa meirande parte sen cambios. Á parte dos acordos políticos, o Congreso analizou o novo Plan Quinquenal ([[1981]]-[[1985]]), chamando a maior produtividade, máis uso eficiente dos recursos materiais, e produtos de mellor calidade. Aínda que o plan previo non fora alcanzado, o Congreso lanzou de novo obxectivos moi ambiciosos.
Liña 131:
=== Poder executivo ===
[[Ficheiro:Bundesarchiv Bild 183-19204-3150, Otto Grotewohl.jpg|miniatura|200px|Otto Grotewohl]]
Respecto ao poder executivo, a Cámara do Pobo tiña sobre o papel amplos poderes, xa que elexíaelixía aos Consellos de Estado e de Ministros e ao secretario do Comité de Defensa Nacional. Estes eran os organismos que rexían o Goberno da República Democrática Alemá teoricamente. Na práctica, as principais decisións políticas de poder proviñan do Comité Central e o [[Politbüro]] do SED, cuxo secretario xeral era a principal fonte de poder do Estado.
 
=== Principais dirixentes ===