Enlace peptídico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 33:
[[Ficheiro:Prolyl peptide group resonance electronegative.png|frame|dereita|Figura 4: Un substituínte electronegativo preto do nitróxeno da amida favorece a forma de resonancia de enlace simple C-N (á esquerda) sobre a forma de enlace dobre C=N (á dereita).]]
 
Os electróns p non implicados no enlace σ pertencentes aos tres átomos C, O, N, poden formar orbitais híbridos π, e o N e o O están competindo por reter eses electróns, pero como o N é menos electronegativo ca o O, hai máis posibilidades de que o dobre enlace estea no C=O (60%) ca no C=N, pero ambas as formas son posibles. O feito de que o grupo amida do enlace teña dúas formas de [[resonancia]], confírelle importantes propiedades. En primeiro lugar, estabiliza o grupo facéndoo menos reactivo ca grupos similares (como [[éster]]es). A resonancia fai que o grupo amida (C-N) teña un carácter de dobre enlace do 40% aproximadamente. O grupo péptido non ten carga nos valores normais de pH, pero o seu dobre enlace ten un momento [[dipolo|dipolar]] inusualmente grande (3,5 [[Debye]] ou 0,7 electrón-angstrom). Estes momentos dipolares poden alinearse en certas estruturas secundarias (como a α-[[hélice α]]), producindo un gran dipolo neto.
 
O carácter parcial de dobre enlace pode ser fortalecido ou debilitado por modificacións que favorecen unha das formas de resonancia sobre a outra. Por exemplo, a forma con dobre enlace (C=N) está desfavorecida en ambientes [[hidrófobo]]s, a causa da súa carga. Á inversa, doar un [[enlace de hidróxeno]] ao [[Osíxeno (elemento)|osíxeno]] da amida ou aceptar un enlace de hidróxeno do [[nitróxeno]] da amida favorece a forma con dobre enlace, porque o enlace de hidróxeno é máis forte coa forma cargada ca coa forma non cargada de enlace simple. Polo contrario, doar un enlace de hidróxeno ao nitróxeno da amida nun enlace peptídico X-[[prolina|Pro]] favorece a forma de enlace simple; e doalo á forma con dobre enlace (C=N) daría ao nitróxeno cinco enlaces ! (ver figura 3).