Editorial Galaxia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Outroshomónimos|Galaxia (homónimos)}}
 
{{Compañía
| nome_compañía =
Liña 22 ⟶ 21:
| notas =
}}
[[Ficheiro:Editorial Galaxia.jpg|miniatura|dereita|300px|Stand da editorial no [[CulturGal]] 2010.]]
 
A '''Editorial Galaxia''' é unha [[Editorial|editora]] [[Galicia|galega]] fundada en [[1950]] e radicada en [[Vigo]]. O seu director xeral é [[Víctor Freixanes]].
 
==Historia==
[[Ficheiro:Editorial Galaxia.jpg|miniatura|dereita|300px|Stand da editorial no [[CulturGal]] 2010.]]
Rematada a [[Guerra Civil española]] apenas se publicaron libros en Galiza e moito menos en galego. A edición, igual que a resistencia política e cultural, desenvolveuse neste período principalmente en América ([[México]], [[Uruguai]], [[Arxentina]]), arredor de figuras como [[Castelao]], [[Manuel Puente]], [[Arturo Cuadrado]] ou [[Luís Seoane]], auténticos motores da produción editorial no exilio. En [[1949]] publicouse en [[Pontevedra]] a colección de poesía [[colección Benito Soto|Benito Soto]], promovida por [[Sabino Torres]], [[Manuel Cuña Novás]], [[Emilio Álvarez Negreira]] e [[Celso Emilio Ferreiro]]. Polas mesmas datas saíron os primeiros títulos de Bibliófilos Gallegos, e máis a [[Editorial Monterrey]], da man de [[Luís Viñas Cortegoso]] e [[Xosé María Álvarez Blázquez]], orientada maiormente cara á edición de [[bibliofilia]]. O proxecto Galaxia consolidouse, de entre todas elas, como o máis estábel e o de máis continuidade, e constituíu a referencia obrigada do rexurdimento da actividade intelectual na [[Galiza interior]].
 
[[Ficheiro:Ramón Piñeiro Siro López.jpg|miniatura|170px|Caricatura de [[Ramón Piñeiro]]]]
O Partido Galeguista do interior considerou que había que aproveitar as escasas posibilidades que ofrecía o franquismo para desenvolver a [[lingua galega|lingua]] e [[literatura galega]] e o propio pensamento galeguista, en aberta contradición do galeguismo do exilio, e así o [[25 de xullo]] de [[1950]] celebrouse no mesón do hotel Compostela, en [[Santiago de Compostela|Compostela]], a asemblea fundacional da Editorial Galaxia. Presidida por [[Ramón Otero Pedrayo]], o Patriarca das Letras, e coa presenza de personalidades senlleiras do galeguismo, como [[Manuel Gómez Román]], secretario do [[Partido Galeguista (histórico)|Partigo Galeguista]]. A Editorial Galaxia converteuse no núcleo principal da resistencia cultural e política do [[Galeguismo (política)|galeguismo]], obrigado á clandestinidade e ao exilio despois da guerra civil. [[Francisco Fernández del Riego]], [[Xaime Isla Couto]] e [[Ramón Piñeiro]] foron as tres personalidades que desde o primeiro momento orientaron a editorial, comprometida coa recuperación da lingua e da cultura galega, nos tempos difíciles da [[franquismo|ditadura]].
[[Ficheiro:Ramón Piñeiro Siro López.jpg|miniatura|170px|Caricatura de [[Ramón Piñeiro]]]]
 
{{cita|''A idea foi de Xaime Isla, que a tiña moi pensada e moi elaborada, e contou coa colaboración eficacísima de Paco del Riego, que xa fora a alma do suplemento de "La Noche". Foi Xaime Isla quen pensou en darlle a Galaxia a forma dunha sociedade mercantil, co seu consello de administración correspondente, para integrar neste ao equipo representativo do galeguismo, é dicir, Otero Pedrayo como presidente, Gómez Román como vicepresidente, Paco del Riego como secretario, Xaime Isla como conselleiro delegado, e eu mesmo como director literario. Máis ou menos a dirección do partido''.|Ramón Piñeiro en ''Casares: Da miña acordanza''}}