Santos Futebol Clube: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Estevoaei (conversa | contribucións)
lig ints
corrixo "elexido" por "elixido"
Liña 66:
En [[2002]] o Santos rematou 8º no campionato brasileiro, acadando a última praza para disputar as eliminatorias polo título. Nos cuartos de final eliminou ó favorito, o [[São Paulo Futebol Clube|São Paulo FC]] de Luis Fabiano, nas semifinais desfíxose do [[Grêmio Foot-Ball Porto Alegrense|Gremio FPA]] de Rodrigo Fabri, e presentouse na final cun equipo xoven liderado por [[Robinho]], para enfrontarse ó [[Sport Club Corinthians Paulista|Corinthians]]. No primeiro encontro venceu o Santos por 2-0, e na volta venceu de novo por 2-3, facéndose así co seu primeiro Brasileirao.
[[Ficheiro:Neymar.jpg|180px|miniatura|esquerda|[[Neymar]].]]
En [[2003]] o Santos chegou de novo á final polo titulo nacional, caendo nesta ocasión fronte o [[Cruzeiro Esporte Clube|Cruzeiro]]. En [[2004]] o campionato brasileiro decidíase por vez primeira trala tempada regular, e dicir, o campión sería o primeiro da táboa, e tras 46 xornadas disputadas, o campión foi o Santos, acadando 103 goles e encaixando 58. [[Robinho]], que marcou 21 goles, foi elexidoelixido mellor xogador do campionato, pero en [[2005]] asinou co [[Real Madrid]], deixando ó Santos.
 
Trala marcha de [[Robinho]], o Santos mantivo un bo nivel, acadando o campionato paulista despois de 22 anos, en 2006 e 2007. Non obstante, nesta ocasión os afeccionados non tiveron que agardar moito tempo ata que chegou ó primeiro equipo unha nova xoia dende a canteira. En [[2009]] debutou na liga [[Neymar]] con 17 anos. En [[2010]] o Santos gañou de novo o campionato paulista, repetindo éxito en [[2011]]. Pero o mais salientable da tempada 2011 foi a actuación do Santos, liderado por [[Neymar]], na [[Copa Libertadores]]. O equipo chegou á final 50 anos despois do último título. O rival na final foi o [[Club Atlético Peñarol]], e os resultados foron 0-0 en [[Montevideo]] e 2-1 en [[São Paulo]], con goles de Neymar e Danilo. O Santos FC acadaba a súa 3ª [[Copa Libertadores]]. Na [[Copa Mundial de Clubs da FIFA 2011|Copa Mundial de Clubs]] disputada en decembro en terras xaponesas, o Santos eliminou fácilmente ó [[Kashiwa Reysol]] xaponés nas semifinais, cun marcador de 3-1. Na final agardaba o [[FC Barcelona]] de [[Lionel Messi|Messi]], [[Xavi Hernández|Xavi]] e [[Andrés Iniesta|Iniesta]] entre outros. A final foi de cor azulgrana dende o comezo, e rematou cun 4-0 a prol do [[FC Barcelona]] que deixou ó Santos sen poder repetir o campionato mundial que acadara 48 anos atrás con [[Pelé]].
Liña 73:
O Santos Futebol Clube é un club polideportivo, con seccións de [[boxeo]], [[capoeira]], [[karate]], [[fútbol sala]], [[fútbol]] feminino, [[halterofilia]], [[judo]], [[fútbol americano]], [[billar]], [[voleibol]], [[taekwondo]], [[tenis de mesa]], etc. Moitas destas seccións compiten na elite.
 
A sección de [[fútbol]] feminino acadou tódolos títulos estatais, nacionais e continentais nos últimos anos, incluída a Liga, a Copa, a Copa Libertadores e a Intercontinental. Marta Vieira da Silva, elexidaelixida 5 veces mellor xogadora do mundo, ten defendido as cores do Santos dende 2009, axudando decisivamente nestas vitorias.
 
Nos últimos anos o Santos está reforzando a sección de [[fútbol sala]], que conta con 7 xogadores internacionais por Brasil.