The Sex Pistols: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través da aplicación móbil
corrixo "soía" por "acostumaba" ou "adoitaba"
Liña 27:
 
=== A chegada de Johnny Rotten ===
Pouco despois, Malcom McLaren trocou o nome da súa tenda de roupa de "Let it Rock" a "SEX" e comezou a incluír novos deseños en parte baseados na imaxe de Richard Hell pero máis aínda usando estilos revolucionarios e orixinais ideados pola súa esposa Vivienne, que incluían o coiro e os accesorios sadomasoquistas á súa colección. Durante eses anos, John Lydon, que logo sería coñecido como Johnny Rotten, soíaadoitaba rondar por Kings Road co seu amigo Sid Vicious, usando o pelo tinguido de verde e unha camiseta de [[Pink Floyd]] sobre a cal escribira as palabras "I Hate" (en galego "eu odio"). Crendo que a súa imaxe e a súa actitude eran as indicadas para a banda, McLaren, Jones e Cook acercáronse a Johnny e ofrecéronlle ser vocalista do seu novo grupo. Máis tarde regresaron á tenda SEX e pedíronlle que cantara xunto á [[jukebox]] e Johnny cantou a canción "I'm Eighteen" de [[Alice Cooper]] co estilo arrogante e psicótico que sempre o caracterizou. Porén, anos despois no documental [[Blood on the turntable]] da [[BBC]], McLaren contou unha versión un pouco diferente. Segundo a súa versión foi Vivienne Westwood a que lle dixo que "debía conseguir a aquel rapaz, John, que rondaba pola tenda" e unha vez recrutado Johnny Rotten díxolle que se equivocara de persoa xa que ela se refería ó outro John, o amigo de Rotten. Aqueloutro John ó que se refería era [[John Simon Ritchie]], mellor coñecido como Sid Vicious. Segundo esta teoría Sid sempre estivo na mente de Vivienne para formar parte da banda e só foi esta confusión o que retrasou o feito de que se unira.
 
Pouco despois, a banda trocou o seu nome a Sex Pistols e comezaron a buscar outro guitarrista para que se sumase a Steve. Tal era a influencia dos New York Dolls en eles que publicaron un aviso no fanzine [[Melody Maker]] que dicía "Búscase guitarrista non maior de 20 anos, que non se vexa peor que [[Johnny Thunders]]". Non obstante, non conseguiron a ningún guitarrista que os satisfacera e continuaron tocando como un cuarteto.