Testosterona: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
DRAG
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 71:
# Accións sobre a [[hipófise]]: Por [[retroalimentación negativa]] a testosterona inhibe a secreción das gonadotropinas hipofisarias; concretamente de [[LH]]. A testosterona ou a DHT inhiben tamén no [[hipotálamo]] a produción dos factores de liberación de gonadotropinas cara ao sistema portal hipotálamo-hipofisario. Os factores de liberación ([[GnRH]]) son os que estimulan finalmente a secreción de [[LH]] e [[FSH]] na hipófise anterior. O envellecemento asóciase cunha diminución da función testicular, cunha baixada da concentración de testosterona plasmática e unha diminución do número de [[célula de Leydig|células de Leydig]] intersticiais despois dos 60 anos. Paralelamente, obsérvase un incremento na concentración plasmática de LH e FSH indicando a presenza de factores testiculares que afectan a produción de testosterona.
# Accións metabólicas: Os andróxenos e a testosterona producen en xeral efectos anabólicos e de tipo mineralcorticoide: aumento da síntese de proteínas, incremento da retención de [[nitróxeno]] e balance de N positivo, acción miotrófica (aumento da masa muscular), aumento da estatura corporal (efecto sobre os ósos longos), aumento do peso corporal, retención de [[sodio]], [[cloro]] e [[auga]] (acción mineralcorticoide), retención de [[fósforo (elemento)|fósforo]] e [[potasio]]. As accións anabólicas dos andróxenos poden ser útiles ocasionalmente en terapéutica. As drogas máis usadas pola súa actividade anabólica son derivados da 19-nor-testosterona, a nandrolona, oximetolona, metenolona e estanozolol. A súa utilización, porén, debe ser sumamente prudente polos seus posibles efectos secundarios.
# Estímulo da [[eritropoese]]: A concentración de [[hemoglobina]] é habitualmente de 1 a 2g/dl superior no home adulto ca na muller ou nos nenos. Ademais é frecuente observar unha [[anemia]] moderada en homes hipogonadotrópicos. Os andróxenos estimulan a eritropoese a través dun incremento na produción renal de [[eritropoietinaeritropoetina]]. Actualmente, observáronse efectos directos estimulantes da eritropoese en [[cultivo celular|cultivos celulares]] de medula ósea pola testosterona. Demostrouse un aumento do desenvolvemento do número de colonias eritroides BFU-E e CFU-E en placas de cultivo que contiñan testosterona.
 
=== Efectos segundo a idade ===