Grupo de diferenciación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
Os '''grupos de diferenciación''', abreviados como '''CD''' (do inglés ''Cluster of Differentiation'') e moitas veces denominados '''''clusters'' de diferenciación''', '''cúmulos de diferenciación''', '''''clusters'' de designación''' ou '''''clusters'' de determinantes''' e tamén '''antíxenos de diferenciación''' ou '''antíxenos CD''' son moléculas que se encontran na superficie celular de [[leucocito]]s e outras células, que funcionan como marcadores [[antíxeno|antixénicos]] recoñecidos por certos [[anticorpo]]s ([[anticorpo monoclonal|anticorpos monoclonais]]), que serven para identificar o tipo de célula e o seu estado de diferenciación ou de actividade, xa que algúns son característicos de determinadas células ou estados.
 
Os CD utilízanse como un protocolo para a identificación e investigación das moléculas da superficie celular por medio do [[inmunofenotipificación]] (ou inmunofenotipado) de células. Por exemplo, durante a maduración e diferenciación dos linfocitos inmaduros, van aparecendo secuencialmente na superficie destes unha serie de receptores inmunitarios conforme progresa a maduración e diferenciación, de modo que aparecen uns, despois algúns desaparecen, outros mantéñense, e aparecen outros novos. Isto depende de acontecementos internos da célula como cambios na [[expresión xénica|expresión de xenes]]. Estes marcadores danlle aos linfocitos compoñentes [[fenotipo|fenotípicas]] únicas do estado en que se encontran. Ademais de nos leucocitos, aparecen tamén noutras células, como en células hematopoiéticas[[hematopoese|hematopoéticas]] (sanguíneas).
 
Existen varios centos de CD recoñecidos,e a [[lista de grupos de diferenciación humanos]] chegaba aos 350 en 2009.<ref name=hcdm>{{cite web | title=HCDM, responsible for HLDA workshop and CD molecules | url=http://www.hcdm.org/MoleculeInformation/tabid/54/Default.aspx | work= | publisher=Human Cell Differentiation Molecules Council (successor to the HLDA Workshops) | date= | accessdate=2009-06-01}}</ref><ref name="pmid16020511">{{cite journal | author = Zola H, Swart B, Banham A, Barry S, Beare A, Bensussan A, Boumsell L, D Buckley C, Bühring HJ, Clark G, Engel P, Fox D, Jin BQ, Macardle PJ, Malavasi F, Mason D, Stockinger H, Yang X. | title = CD molecules 2006--human cell differentiation molecules. | journal = J Immunol Methods. | volume = 318 | issue = 1–2 | pages = 1–5 | year = 2007 | pmid = 17174972 | doi = 10.1016/j.jim.2006.11.001 }}</ref>