Óso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
m DRAG
Liña 2:
[[Ficheiro:Gray350.png|250px|dereita|miniatura|Ósos do [[membro inferior]] do ser humano, en corte: [[fémur]], [[rótula]] e [[tibia]]]]
[[Ficheiro:Genga 10.jpg|miniatura|270px|Ósos [[Esqueleto humano|humanos]] da extremidade superior]]
O '''óso''' é un [[órgano (bioloxía)|órgano]] firme, duro e resistente que forma parte do [[endoesqueleto]] dos animais [[vertebrado]]s. Está composto principalmente por [[tecido óseo]], un tipo especializado de [[tecido conectivo]] constituído por [[célula]]s, e compoñentes extracelulares calcificados. Os ósos tamén posúen cubertas de [[tecido conectivo]] ([[periósteo]]) e [[cartilaxe]], vasos, [[nervio]]s, e algúns conteñen [[tecido hematopoiéticohematopoético]] e [[tecido adiposo|adiposo]] ([[medula ósea]]).
 
Os ósos posúen formas moi variadas e cumpren varias funcións. Cunha estrutura interna complexa pero moi funcional que determina a súa morfoloxía, os ósos son lixeiros mais moi resistentes e duros.
Liña 44:
 
=== Células do óso ===
No [[Tecido (bioloxía)|tecido]] óseo maduro e en desenvolvemento, pódense diferenciar catro tipos de [[célula]]s: osteoproxenitoras, [[osteoblasto]]s, osteocitos e osteoclastos. Os tres primeiros tipos son estadios funcionais dun único tipo celular. O proceso reversible de cambio dunha modalidade funcional a outra coñécese como ''modulación celular''. Os osteoclastos teñen unha oriseorixe hematopoiética[[hematopoese|hematopoética]] compartida coa liñaxe mononuclear-fagocítica. O estadio mitótico dos tres primeiros tipos celulares só se observa no estadio de célula osteoproxenitora.
 
* '''Células osteoproxenitoras ou osteóxenas'''. Proveñen do [[mesénquima]] no embrión. Posúen unha forma de fuso. Mostran retículo endoplásmico rugoso escaso, así como [[aparello de Golgi]] pouco desenvolvido, mais encóntranse [[ribosoma]]s libres en abundancia. No adulto encóntranse na capa celular interna do periósteo. A súa [[diferenciación celular|diferenciación]] depende das condicións do medio: se a tensión parcial de [[Osíxeno (elemento)|oxíxeno]] é alta, diferenciaranse en osteoblastos; se a tensión parcial de osíxeno é baixa, desenvolveranse células condróxenas.
Liña 53:
* '''[[Osteocito]]s'''. Encóntranse no óso completamente formado, xa que residen en lagoas no interior da matriz ósea mineralizada. A súa forma adáptase ao da lagoa e emiten prolongacións dixitiformes longas que se estenden polos canalículos da matriz ósea e isto ponos en contacto con outros osteocitos. Nesas zonas de contacto as membranas forman un nexo que permite o intercambio de [[ión]]s, [[molécula]]s pequenas e [[hormona]]s. Son similares aos osteoblastos, pero menos activos e por tanto o seu retículo endoplasmático e aparello de Golgi está menos desenvolvido. A súa función é seguir sintetizando os compoñentes necesarios para o mantemento da matriz que os rodea. Están amplamente relacionados coa mecanotransdución, proceso no cal reaccionan á tensión exercida liberando [[AMPc|cAMP (monofosfato de adenosina cíclico)]], osteocalcina e [[somatomedina]]s, o que induce á adición de osteoblastos para a remodelación do óso. Discútese se se poden transformar en osteoblastos activos.
 
* '''[[Osteoclasto]]s'''. Teñen como función a resorción ósea. Pola súa orixe hematopoiéticahematopoética, son entendidos como "macrófagos do óso". Até non hai moito tempo, críase que xurdían da fusión de varios monocitos, pero, de acordo ás novas investigacións descubriuse que teñen a súa orixe no sistema de [[fagocito]]s mononucleares e xorden da diferenciación (mediada por [[citocina]]s provenientes do osteoblasto) de [[macrófago]]s. Situados nas lagoas de Howship, poden chegar a ser células xigantes (até 150 micrómetros de diámetro), con varios núcleos. Encóntranse polarizados cos núcleos cerca da súa superficie lisa mentres que a superficie adxacente ao óso presenta prolongacións moi apertadas como unha folla delimitadas por profundas dobras.
 
== Formación do tecido óseo ==