Luteína: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 76:
A '''luteína''' (do [[latín]] ''luteus'', "amarelo") é un [[carotenoide]] natural do grupo das [[xantofila]]s. A luteína sintetízana só as plantas e como outras xantofilas encóntrase en grandes cantidades en verduras e hortalizas como [[espinaca]]s, [[col rizada]] e cenorias amarelas. Nas plantas verdes as xantofilas actúan modulando a enerxía da luz e serven como [[desexcitador non fotoquímico|desexcitadores non fotoquímicos]] da [[clorofila]] triplete (unha forma excitada da clorofila), que se produce en exceso a altos niveis de luz durante a [[fotosíntese]] (ver [[ciclo das xantofilas]]).
 
A luteína obtéñena os animais directa ou indirectamente das plantas,e pode ter funcións antioxidantes e absorbe luz azul. A luteína atópase na xema dos [[ovo (alimento)|ovos]] e nas graxas animais. Nos [[galiña|polos]], ademais de dar cor ás xemas dos ovos, dálle cor amarela á pel e graxas, e utilízase na alimentación dos polos para ese propósito. A [[retina]] humana acumula luteína e [[zeaxantina]]. Esta última predomina na [[mácula da retina|mácula lútea]], mentres que a luteína predomina no resto da retina. Alí pode ter funcións fotoprotectoras para a retina evitando os danos producidos polos [[radical libre|radicais libres]] producidos pola luz azul. Tamén se encontra no [[corpo lúteo]] dos [[ovario]]s dos mamíferos.
 
O principal [[estereoisómero]] natural da luteína é o (3''R'',3′''R'',6′''R'')-''beta'',''epsilon''-caroteno-3,3′-diol.