Eleccións municipais en Ourense: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
engado máis información
Liña 175:
 
*[[1979]] '''Alcalde''': [[José Luis López Iglesias]] - [[UCD]]
 
Aos primeiros comicios democráticos presentáronse oito forzas políticas. A vencedora foi a [[Unión de Centro Democrático]], cun 32,22% dos votos, e 9 concelleiros. Á fronte deles estaba o enxeñeiro [[José Luis López Iglesias]], que acabaría sendo o alcalde, e como número 5 ía [[Victorino Núñez]]. En segunda posición quedou a [[Coalición Democrática]], cun 20,34% dos votos e 5 concelleiros. A candidatura popular estaba encabezada polo prohome local [[Celso Vázquez-Gulías]], e nela figuraba tamén, como número 5, [[Ángel Villanueva Cendón]]. En terceira posición figurou o [[Partido Socialista Obrero Español]], co 17,98% dos votos e tamén 5 concelleiros. A candidatura estaba liderada polo mestre [[Manuel Sueiro]] e como número 3 figuraba [[Manuel Veiga Pombo]].
 
Tamén foron elixidos concelleiros do [[Partido Comunista de Galicia]], do [[BNPG]] e dunha candidatura de independentes, chamada Independientes Saa-Carvajales. O PCG obtivo un 9,08% dos votos e dous concelleiros, liderados polo médico [[Manuel Peña Rey]]. A candidatura [[nacionalista]] obtivo o 8,99% dos votos e 2 concelleiros, e estaba encabezada por [[Norberto Tabarés]]. O líder dos independentes (6,86% e 2 concelleiros) era [[Adolfo Saa]], mestre, e foi a única candidatura que apoiou a investidura de López Iglesias.
 
Ademais, presentáronse o [[Partido Socialista Obrero Español (Histórico)]], que obtivo un 3,76% e mais o [[Movemento Comunista de Galicia]], que obtivo o 0,77% dos sufraxios. Ningunha destas formacións conseguiu representación.
 
*[[1983]] '''Alcalde''': [[Antonio Caride-Tabarés Castro]] - [[Coalición Popular|CP]]