BMW Sauber: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Shyde (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-Suráfrica +Sudáfrica)
Liña 37:
[[Sauber F1|Sauber]] foi unha escudaría [[suíza]] fundada por [[Peter Sauber]], que xa construía e competía cos seus propios coches desde a década dos 70. Antes da súa participación en [[Fórmula 1]], estivo a competir nas [[24 horas de Le Mans]], onde acadou a vitoria en [[24 horas de Le Mans de 1989|1989]]; e en varias series de [[Sport Prototipos]], gañando o [[Campionato Mundial de Sport Prototipos]] en [[Campionato Mundial de Sport Prototipos de 1989|1989]] e [[Campionato Mundial de Sport Prototipos de 1990|1990]]. As tres vitorias acadáronse co mesmo coche, o [[Sauber C9]] con motor [[Mercedes-Benz|Mercedes]] M119 5.0L Turbo V8, que foi o máis exitoso que xamais construíu a escudaría.
 
Debutou en F1 en {{F1|1993}}, onde ficou competindo 12 anos, até que foi mercado por [[BMW]]. Disputaron a súa primeira tempada co [[Sauber C12]] con motores [[Ilmor]] baixo o nome de Sauber V10, que foi pilotado por [[Karl Wendlinger]] e por [[JJ Lehto]], conseguindo os seus dous primeiros puntos no seu primeiro Gran Premio, o de [[Gran Premio de SuráfricaSudáfrica de 1993]], e atinxindo a final de tempada o 7º posto no Campionato de Construtores con 12 puntos. En {{F1|1994}} xa correron con motores Mercedes, colaboración que só durou un ano, xa que en {{F1|1995}} e {{F1|1996}}, coa entrada de [[Dietrich Mateschitz]] como novo accionista maioritario, pasaron a utilizar motores [[Ford Motor Company|Ford]].
 
Desde {{F1|1997}} até {{F1|2005}}, o equipo utilizou motores e caixas de cambios construídos por [[Sauber Petronas Engineering]], unha empresa constituída con ese único fin. Porén, estes motores eran realmente construídos a partir dos mesmos deseños que os de [[Scuderia Ferrari]], chegando a haber incluso enxeñeiros da escudaría italiana como empregados desa empresa. {{F1|2001}} foi o ano máis exitoso da escudaría en F1, acadando o 4º posto no Campionato de Construtores con 21 puntos, co [[Sauber C20]] pilotado por [[Nick Heidfeld]] e [[Kimi Räikkönen]]. De {{F1|2004}} datan os dous maiores activos do equipo, o [[túnel de vento]] máis tecnolóxicamente avanzado do momento, e o [[supercomputador]] [[Albert]], utilizados ambos para labores de [[aerodinámica]].