Clemente I, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
formato
Liña 16:
A súa obra máis importante, e quizais a única auténtica, é a [[Epístola de Clemente Romano|Epístola aos corintios]], que está considerado como o primeiro texto cristián logo do [[Novo Testamento]], e que sitúa a Clemente Romano como o primeiro dos [[pais apostólicos]]. A obra está dividida en dúas partes: na primeira exhorta ao cumprimento das virtudes, e particularmente da obediencia e da humildade, e na segunda centra estes consellos xerais na resolución do conflito interno da comunidade cristiá de Corinto.
 
A principal achega da obra son os aspectos organizativos: dálles nome aos [[bisposbispo]]s, aos [[diáconosdiácono]]s e aos [[presbíterospresbítero]]s e establece que son nomeados polos apóstolos en nome de [[Xesús de Nazaret|Cristo]], e que polo tanto teñen que ser obedecidos plenamente polos fieis. Tamén son interesantes os testemuños sobre a vida de Pedro e Paulo, e os capítulos dedicados á resurrección dos mortos, punto teolóxico combatido polos pagáns, e onde inclúe referencias á [[ave fénix]] como símbolo da [[resurrección]].
 
Ademais, atribuíronselle a el diversas obras, todas posteriores á súa morte.
* A [[Segunda epístola de Clemente]], importante non tanto pola autoría, que é falsa ([[século II]], senón porque é a primeira homilía que se conserva.
* As ''Dúas epístolas ás virxes'', onde aborda o tema da virxindade e a cohabitación dos fieis devotos de ambos sexos.
* Os ''[[Escritos pseudoclementinos]]'', que é unha escolma de aventuras que podería configurar unha [[novela]] no sentido clásico, e onde o protagonista é o propio papa Clemente, que percorre distintas escolas filosóficas ata que coincide con [[San Pedro]] e descobre a [[verdade]].
 
== Santidade ==