Franz Ferdinand: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Beninho (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 14:
| web = [http://www.franzferdinand.co.uk franzferdinand.co.uk]
}}
'''Franz Ferdinand''' é unha banda escocesa de [[rock alternativo]] formada en [[Glasgow]] no ano [[2002]]. O grupo está composto por [[Alex Kapranos]] (voces, guitarra e teclados), [[Robert Hardy|Bob Hardy]] (baixo), [[Nick McCarthy]] (guitarra, tecados e coros) e [[Paul Thomson]] (batería, percusión e coros). Ata a data leva publicados catro álbums de estudio: ''[[Franz Ferdinand (álbum)|Franz Ferdinand]]'' (2004), ''[[You Could Have It So Much Better]]'' (2005), ''[[Tonight: Franz Ferdinand]]'' (2009) e ''[[Right Thoughts, Right Words, Right Action]]'' (2013) ademais de varios EPs, numerosos sinxelos, un álbum de remesturas e un DVD.
 
O seu nome inspirouse orixinalmente nun cabalo de carreiras chamado Archduke Ferdinand.<ref>{{cita web|título=Archduke Ferdinand takes Plate honours|url=http://news.bbc.co.uk/sport2/hi/other_sports/1415638.stm|editor=BBC Sport|dataacceso=4 de xaneiro de 2015}}</ref> Despois de ver que o cabalo gañara a carreira Northumberland Plate en 2001 a banda comezou a barallar chamarse [[Francisco Fernando de Austria|Archduke Franz Ferdinand]] debido á [[aliteración]] do nome e ás implicacións da morte do arquiduque (o seu asasinato foi un factor moi importante para o inicio da [[Primeira Guerra Mundial]]).
Liña 25:
A banda gravou un EP coa intención de editalo eles mesmos, pero a súa reputación estaba medrando rapidamente e Domino Records ofreceulles un contrato para editar o EP ''[[Darts of Pleasure]]'' a finais do [[2003]]. A banda fixo medrar a súa reputación tocando con [[Hot Hot Heat]] e [[Interpol (grupo musical)|Interpol]], así como gañando o premio "Phillip Hall Radar Award" da revista NME en [[2004]]. Epic Records asinou un contrato coa banda en [[2004]] para os [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], aínda que o selo principal para o resto do mundo é Domino.
 
O grupo trasladouse aos Gula Studios en [[Malmö]], [[Suecia]], co produtor de [[The Cardigans]] Tore Johansson para gravar o seu álbum de estrea. En xaneiro de [[2004]] o sinxelo "[[Take Me Out]]" acadou o número 3 nas listas británicas. O disco, [[Franz Ferdinand (álbum)|Franz Ferdinand]], publicouse a principios dese ano, estreándose no 3 da lista británica de álbums no mes de febreiro, e no 12 da lista australiana en abril. Nos [[Estados Unidos]] non tivo tanta repercusión na ''[[Billboard 200]]'' a principios de 2004, pero acadou o ''top 5'' das listas de indie rock e da Heatseeker para artistas noveis. Despois dun par de xiras por [[Norteamérica]] e de que o video de "Take Me Out" tivese unha alta rotación na [[MTV]], o disco finalmente chegou ao número 32 da ''Billboard 200'' posteriormente nese ano, vendendo ao redor dun millón de copias nos Estados Unidos. En xeral ''Franz Ferdinand'' tivo unha resposta moi positiva entre a crítica.
 
== Discografía ==