Franz Ferdinand: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 14:
| web = [http://www.franzferdinand.co.uk franzferdinand.co.uk]
}}
'''Franz Ferdinand''' é unha banda escocesa de [[rock alternativo]] formada en [[Glasgow]] no ano [[2002]]. O grupo está composto por [[Alex Kapranos]] (voces, guitarra e teclados), [[Robert Hardy|Bob Hardy]] (baixo), [[Nick McCarthy]] (guitarra, tecados e coros) e [[Paul Thomson]] (batería, percusión e coros).
 
O seu nome inspirouse orixinalmente nun cabalo de carreiras chamado Archduke Ferdinand.<ref>{{cita web|título=Archduke Ferdinand takes Plate honours|url=http://news.bbc.co.uk/sport2/hi/other_sports/1415638.stm|editor=BBC Sport|dataacceso=4 de xaneiro de 2015}}</ref> Despois de ver que o cabalo gañara a carreira Northumberland Plate en 2001 a banda comezou a barallar chamarse [[Francisco Fernando de Austria|Archduke Franz Ferdinand]] debido á [[aliteración]] do nome e ás implicacións da morte do arquiduque (o seu asasinato foi un factor moi importante para o inicio da [[Primeira Guerra Mundial]]).
 
== Biografía ==
Os membros do grupo tocaron en distintas bandas ao longo dos nos 90, como [[The Karelia]], [[Yummy Fur]], 10p Invaders ou [[Embryo]]. A finais de [[2001]], o cantante e guitarrista [[Alex Kapranos]] e o baixista [[Robert Hardy]] comezaron a tocar xuntos en [[Glasgow]]. Despois de coñecer a [[Nicholas McCarthy]] nunha festa, eles comezaron a ensaiar xuntos na casa deste. McCarthy tiña unha formación clásica de [[piano]] e de [[contrabaixo]], pero inicialmente ocupou o posto de batería da banda. O trío entón coñeceu a [[Paul Thomson]], o cal tocara a [[batería (instrumento musical)|batería]] en Yummy Fur. Thomson orixinalmete guitarrista, xa que quería probar con outro instrumento, pero, unha vez que Nicholas comezou a tocar a batería, déronse conta de que non sabía facelo, polo cal Thomson colleu as baquetas e Nicholas pasou a ser a guitarra solista.
 
A banda comezou a tocar nunha casa abandonada das aforas de [[Glasgow]] chamada ''The Château''. Alí facían concertos mesturando música e arte, xa que Hardy estudaba pintura na Glasgow School of Art nesa época. Cando a policía lles prohibíu seguir facendo estes eventos eles atoparon unha casa vitoriana abandonada para seguir tocando.
 
A banda gravou un EP coa intención de editalo eles mesmos, pero a súa reputación estaba medrando rapidamente e Domino Records ofreceulles un contrato para editar o EP ''[[Darts of Pleasure]]'' a finais do [[2003]]. A banda fixo medrar a súa reputación tocando con [[Hot Hot Heat]] e [[Interpol (grupo musical)|Interpol]], así como gañando o premio "Phillip Hall Radar Award" da revista NME en [[2004]]. Epic Records asinou un contrato coa banda en [[2004]] para os [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], aínda que o selo principal para o resto do mundo é Domino.
 
O grupo trasladouse aos Gula Studios en [[Malmö]], [[Suecia]], co produtor de [[The Cardigans]] Tore Johansson para gravar o seu álbum de estrea. En xaneiro de [[2004]] o sinxelo "[[Take Me Out]]" acadou o número 3 nas listas británicas. O disco, [[Franz Ferdinand (álbum)|Franz Ferdinand]], publicouse a principios dese ano, estreándose no 3 da lista británica de álbums no mes de febreiro, e no 12 da lista australiana en abril.
 
== Discografía ==