Huey P. Newton: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
engado imaxe
Liña 1:
[[Ficheiro:Huey Newton HS Yearbook.jpeg|miniatura|dereita|220px|Huey P. Newton en [[1959]].]]
'''Huey P. Newton''' ([[17 de febreiro]] de [[1942]] - [[22 de agosto]] de [[1989]]). Activista [[afroestadounidense]] cofundador e líder do [[Panteras Negras|Partido Pantera Negra]]. Nacido en [[Monroe]], [[Louisiana]], fillo dunha labrega e dun crego baptista, tras rematar a secundaria é incapaz de ler por si mesmo, polo que ten que aprender dun xeito autodidacta. Continua a súa educación no Oakland City College, onde forma parte da Asociación Afro-americana e de fraternidade Phi Beta Sigma. Neses anos consegue integrar o primeiro curso de historia afroestadounidense como parte do programa oficial do centro. Neses anos comeza a formarse ideoloxicamente lendo as obras de [[Frantz Fanon]], [[Malcolm X]], [[Mao Tse-tung]], e o [[Che Guevara]]. Na súa estancia no centro tamén coñece a [[Bobby Seale]], co que decide fundar o [[Panteras Negras|Partido Pantera Negra para a Autodefensa]] en outubro de [[1966]]. [[Bobby Seale]] fica como xefe da organización e el asume o posto de director das labouras defensivas.