Ferrocarril: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
retiro ligazóns agora proporcionadas polo Wikidata
Liña 17:
 
=== España ===
[[Ficheiro:Stephenson's_Rocket.jpg|miniatura|esquerda|Locomotora Rocket.]]
A primeira liña ferroviaria de España foi inaugurada no ano [[1837]], pero non na metrópole, senón nunha das colonias: o ferrocarril entre [[A Habana]] e [[Güines]], na illa de [[Cuba]]. Once anos máis tarde, en [[1848]], inaugurouse o primeiro ferrocarril na península cunha liña, de 28 km de lonxitude entre as cidades de [[Barcelona]] e [[Mataró]]. Pouco antes, en [[1844]], os enxeñeiros Juan e José Subercase e Calixto Santa Cruz, ditaminaron nun informe, as características que tiña que cumprir o ferrocarril en España, entre outras, o ancho de vía, que sería de seis pés casteláns, 1674 milímetros, fronte os 4 pés e 8,5 polgadas do ancho da meirande parte dos ferrocarrís construídos ate ese momento. En [[1851]] inaugurouse o tramo de [[Madrid]] a [[Aranjuez]], que formou parte do ferrocarril de [[Madrid]] a [[Alacant]].
 
=== Galicia ===
[[Ficheiro:Sociedad del Ferro-Carril Compostelano de la Infanta Doña Isabel, 1863.jpg|miniatura|''Estatutos y contrato para la construcción y esplotación del camino de hierro de Santiago al Puerto del Carril'', 1863.]]
O [[15 de setembro]] de [[1873]] inaugurouse o primeiro ferrocarril de [[Galicia]] entre [[O Carril, Vilagarcía de Arousa|Carril]] ([[Vilagarcía de Arousa|Vilagarcía]]) e [[Cornes, Conxo, Santiago de Compostela|Cornes]] ([[Santiago de Compostela|Santiago]]). Nese momento, [[España]] tiña xa uns 6.000 km de vías, distribuídas por tódalas comunidades excepto en [[Galicia]] e as illas.<ref>"El tren del futuro arrolla al del ayer", en ''La Voz de Galicia'', 14.09.2008.</ref>