Aparencia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m remate traballo escolar
Xas (conversa | contribucións)
m elimino homónimos
Liña 1:
A '''aparencia''' é a manifestación externa do aspecto das cousas que percibimos polos [[Sentido (bioloxía)|sentido]]s no que non intervén a [[razón]], sendo así un equivalente ao [[fenómeno]]. Igualmente, contamos co termo [[aparencia sensible]] que fai referencia aos trazos comprendidos polos sentidos pero que non constitúen a verdadeira [[realidade]] das cousas. Deste xeito, todos os conceptos que captamos polos sentidos forman o mundo aparente.
 
==Na filosofía de Parménides e Platón==
A contraposición entre o aparente e o [[Realidade|real]] constitúe a esencia do pensamento de [[Parménides de Elea]]. Este filósofo distinguía a "vía da verdade", que se fundamenta na razón e lévanos á [[verdade]], e a "vía da opinión", que é a que nos mostra unha realidade enganosa, unha aparencia. Deste xeito podemos dicir que a aparencia oculta a verdadeira realidade e, o mesmo tempo, é a realidade mesa, a súa manifestación.
 
Tendo en conta a primeira afirmación, [[Platón]] dinos que o mundo sensible é un reflexo do mundo ideal, polo tanto, é unha aparencia del, constituíndo este a verdadeira realidade. Non obstante, todo o que digamos deste mundo nunca vai chegar a ser o verdadeiro [[coñecemento]], simplemente vai quedar coma unha opinión porque son unha copia imperfecta das Ideas.