Cuzco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
engado táboa cidade
desenrolar ==> desenvolver
Liña 60:
Cuzco foi tomada como cabeceira da administración virreinal no sur do país, sendo nos seus comezos a localización mais importante, por diante das recén fundadas [[Arequipa]] ou Moquegua. A súa poboación era principalmente de indíxenas pertencentes á aristocracia incaica, ós que se lles respectaran algúns dos seus privilexios, pero tamén se instalaron alí un bo número de españois. Nese tempo comezou o proceso de mestizaxe cultural que actualmente caracteríza á cidade.
 
O desenrolodesenvolvemento urbanurbano víuse detido por varios [[sismo]]s, que en mais dunha ocasión desfixeron a cidade. En [[1650]] un gran terremoto esnaquizou a maioría dos edificios coloniais.
 
En [[1780]] a cidade de Cuzco viuse convulsionada polo movemento iniciado polo cacique José Gabriel Condorcanqui, e Túpac Amaru II levantouse contra a administración española. Ese levantamento foi sofocado despois de varios meses de loita nos que puxo en perigo ás autoridades virreinais da cidade. Túpac Amaru foi vencido e executado coa súa familia na Praza de Armas. Non obstante, o seu movemento extendeuse polo Andes comezando o proceso emancipador sudamericano.
 
Em [[1814]] tivo lugar en Cuzco outro levantamento contra a administración do Virreinato. O brigadier Mateo Pumacahua, mestizo de Cuzco que tivera loitado fronte a Túpac Amaru, comezou a chamada Rebelión de Cuzco cos irmáns Angulo para acadar a independencia de Perú. Este levantamente tamén fracasou.
 
===Época republicana===
[[Perú]] declarou a súa independencia en [[1821]] e a cidade de Cuzco mantivo a súa importancia dentro da organización político-administrativa do país. Creouse o Departamento de Cuzco, que abranguía mesmo territorios amazónicos ata o límite con [[Brasil]]. A cidade foi declarada capital dese departamento e a cidade mais importante do sueste andino.
 
A partir do século XX a cidade comezou un desenrolodesenvolvemento urbanurbano maismáis rápido do que houbera ata entón, chegando a extenderse polos distritos veciños de Santiago e Wanchaq. En [[1911]] partiu da cidade a expedición de [[Hiram Bingham]] que o levou a explorar as ruínas de [[Machu Picchu]].
 
En [[1933]] a cidade foi declarada "Capital Arqueolóxica de América" polo ''Congreso de Americanistas'' realizado en [[La Plata]], [[Arxentina]]. Un sismo destruiu un tercio dos edificios da cidade en [[1950]], o cal provocou unha nova reconstrución da cidade con intereses turísticos. En [[1978]], a ''Convención de Alcaldes das Grandes Cidades Mundiais'' declarou a Cuzco "Herdanza Cultural do Mundo". Finalmente a [[Unesco]], o [[9 de decembro]] de [[1983]], declarou á cidade "[[Patrimonio Cultural da Humanidade]]". O estado peruano declarou entón a Cuzco "Capital Turística do País" e "Patrimonio Cultural da Nación". Mais recente foi a inclusión de Cuzco na constitución peruana de [[1993]] como "Capital Histórica de Perú". En [[2007]] [[Machu Picchu]] foi elexida como "unha das [[novas sete marabillas do mundo]]".