Convento das Orfas de Santiago de Compostela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Coordenadas|42|52|41|N|8|32|36|W|display=title}}
 
[[Ficheiro:Interior_da_Igrexa_das_Orfas_%28Santiago_de_Compostela9.jpg|miniatura|130px|Interior da igrexa.]]
 
O '''convento, igrexa e colexio das Orfas''' é un conxunto de edificios de estilo [[barroco]] situados en [[Santiago de Compostela]].
Liña 8:
O conxunto localízase no número 5 da [[rúa das Orfas]], na parte oriental da cidade vella, e está formado por un [[convento]], unha [[Igrexa (arquitectura)|igrexa]] e un [[colexio]], que foron construídos a comezos do [[século XVII]] para dar aloxamento e educación ás nenas desamparadas da [[cidade]]. O seu impulsor foi o [[Xoán de San Clemente|arcebispo San Clemente]], e posteriormente foi modificada por [[Domingo de Andrade]] e [[Fernando de Casas Novoa]].
 
[[Ficheiro:Planta_do_Convento%2C_Igrexa_e_Colexio_das_Orfas%2C_en_Santiago_de_Compostela.jpg|esquerda|miniatura|120px|Plano do conxunto.]]
 
A [[Igrexa (arquitectura)|igrexa]] foi construída posteriormente, dende o ano 1666. O seu arquitecto foi [[Melchor de Velasco]] quen faleceu en 1669 antes de vela rematada, pois foi consagrada en [[1671]]. No seu interior alberga un [[altar]] maior de estilo [[rococó]], feito por [[Francisco de Lens]], no que destaca unha imaxe da [[Inmaculada]] obra de [[José Gambino]], localizada entre [[San Xosé]] e Santiago, feita en [[1756]].