Asco (micoloxía): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 4:
En moitos casos os ascos forman unha camada regular chamada ''[[himenio]]'', dentro dun [[corpo frutífero]] visíbel a simple vista chamado ''[[ascocarpo]]'' ou ''ascoma''. Noutros casos, como no [[lévedo]] unicelular, non se atopan estas estruturas. En raros casos os ascos dalgúns xéneros poden desenvolver regularmente dentro de ascos vellos descargados, por exemplo no xénero ''[[Dipodascus ]]''.
 
Os ascos normalmente ceiban as súas esporas por descarga activa desde a punta mais tamén pódeno facer de xeito pasivo desde un líquido ou en forma de po seco. Tipicamente a descarga activa dos ascos faise nunha punta diferenciada especial, un poro ou un opérculo. Nalgúns xéneros que forman himenio, cando un asco estoura pode inducir a que tamén o fagan os demais ascos do ascocarpo, resultando nunha descarga masiva que se ve como unha nube de esporas incluso nalgunhas especies como ''[[Peziza]]'' e noutros séneteseséntese un estalido ao se ceibaren as esporas.
 
No laboratorio se teñen empregado ascos, como os de ''[[Neurospora crasa]]'', para estudar o proceso da meiose, xa que estas especies fan a meiose moi regular e ordenada. Tamén se poden estudar, grazas a estes ascos, outros fenómenos cromosómicos.