Lingua suahili: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Elisardojm (conversa | contribucións)
+ref
Liña 18:
| mapa =[[Ficheiro:Idioma suajili.png|300px]]<br /><center><small>Áreas onde se fala a lingua suahili</small>
}}
O '''suahili'''<ref>{{DRAG|suahili}}</ref>, tamén chamado '''''swahili''''' ou '''''kiswahili''''', é unha lingua africana que pertence ao subgrupo sabaki das [[linguas bantú|bantú]]. Dentro das [[linguas bantú|bantú]], é a que conta co número maior de falantes. É unha das linguas oficiais do [[Quenia]], da [[Tanzania]] e de [[Uganda]], aínda que os seus falantes [[nativo]]s, os pobos Suahili, sexan orixinarios só das rexións costeiras.
 
É falada por uns cincuenta millóns persoas no mundo, incluíndo, alén dos países que a teñen como lingua non oficial, Uganda e a [[República Democrática do Congo]]. É tamén falado con algunha frecuencia nas áreas urbanas do [[Burundi]] e de [[Ruanda]], no sur da [[Somalia]] ata ao norte de [[Mozambique]] (ao longo do litoral de África oriental), na [[Zambia]] e no sur da [[Etiopía]]. Existen tamén algunhas comunidades de falantes de suahili en [[Madagascar]] e nas illas [[Comores]]. Con todo, a maior parte dos seus falantes non a usan como lingua materna. De feito, crese que só dous a tres millóns, dos cincuenta millóns están nesta situación, o que significa que a gran maioría fala como lingua materna outro idioma níxer-congolés (por exemplo, bantú) ou [[cuxítico]] ([[somalí]], por exemplo).
Liña 26:
 
Por exemplo, en suahili , ''Mtoto mdogo amekisoma'' significa ''O neno pequeno leu isto'' (un libro, implícito). ''Mtoto'' = neno goberna o prefixo do adxectivo "m" (''mdogo'') e o suxeito do verbo co prefixo "a". De seguido vén o tempo do verbo (perfecto) "me" - e un marcador de obxecto "ki" - concordando con ''kitabu'' (implícito), libro. O plural desta frase é: ''Watoto wadogo wamekisoma''; se usarmos o plural para libros (''vitabu''), a frase tórnase: ''Watoto wadogo wamevisoma''.
 
==Notas==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==