Lourenzo de Medici: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Mecenado: testo traducido desde a wiki es:Lorenzo_de_Médici#Mecenazgo
Liña 57:
O mecenado de Lourenzo de Medici non consistiu tanto en financiar obras, como fixera o seu avó Cosme o Vello, senón en mandar aos artistas máis destacados de Florencia (Botticelli, os Pollaiolo a Roma, Maiano a Nápoles, [[Jacopo Sansovino|Sansovino]] a [[Lisboa]], [[Andrea del Verrocchio|Verrocchio]] a [[Venecia]], etc.) a diversas cortes, practicando a «política de prestixio artístico». O seu gusto e o seu criterio eran moi valorados posto que, dotado dunha gran sensibilidade demostrada polos seus poemas, gustou de rodearse de artistas, filósofos e científicos: amaba o contacto coa intelixencia e o talento, como para cultivar nel mesmo unha especie de artista universal, para adquirir ou presentir todas as virtualidades do xenio. Á xeración viril, a de Cosme que se compracía en construír en todas as ordes, seguiu a dos estetas, admirablemente dotados, que prefiren o goce e a especulación á actividade. Isto ademais ten a súa explicación no feito de que había que facer avanzar numerosos traballos xa emprendidos, que as vilas dos Medicis eran xa numerosas en [[1469]] e que estaban adornadas con cadros e estatuas, quedando pouco sitio libre. O que si é certo é que entre todas as ''anticaglie'' que conservaban en xardíns e no interior dos palacios, artistas como [[Michelangelo]] puideron entrar en contacto directo coas obras da antigüidade clásica -e reparar algunhas, como é o caso de Donatello-, sen esquecer por exemplo que no [[Camposanto monumental de Pisa]] hai unha magnífica colección de [[sarcófago]]s romanos, probablemente a primeira fonte de inspiración para os escultores florentinos do [[Quattrocento]].
 
Algúns estudiosos proclaman a Lourenzo de Medici como un dos «padrinos do renacemento». Destácase o chamado «xardín de escultura» que fundou, co cal pretendía revivir a arte da escultura, case extinto en Florencia. Neste xardín impartiose ensino gratuitogratuíto no proceso de esculpir aos máis talentosos aprendices dos talleres do momento, entre eles a Michelangelo, e foi alí onde este realizou varias das súas primeiras obras en mármore como A [[Virxe das Escaleiras]] e [[A batalla dos centauros]].
Para encher a necesidade de ter un mestre no xardín de escultura, Lourenzo contratou a Bertoldo, antigo aprendiz do famoso escultor [[Donatello]], quen á súa vez foi aprendiz de [[Lorenzo Ghiberti|Ghiberti]]. Bertoldo, malia a súa avanzada idade ensinou a arte de esculpir o mármore aos seus aprendices do xardín, o cal deulles as bases necesarias para revivir a escultura en Florencia.