Sisto IV, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎Traxectoria: arranxiño
Liña 42:
Nacido como '''''Francesco della Rovere''''' nunha ilustre familia de Albisola, preto de Savona, [[Liguria]], formou parte da [[franciscanos|Orde dos Franciscanos]]. As súas habilidades intelectuais foron demostradas mentres estudaba [[filosofía]] e [[teoloxía]] na Universidade de [[Pavía]]. Logo dos seus estudos, ditou cátedra en varias universidades italianas de importancia. En [[1464]] converteuse no Ministro Xeral da [[franciscanos|orde franciscana]]. O [[Paulo II, Papa|Papa Paulo II]] elevouno a [[Cardeal (relixión)|cardeal]] en [[1467]].
 
Como moitos papas, '''Sisto IV''' incorreu no [[nepotismo]]. Logo de lograr aumentar o territorio dos [[Estados Papais]], o seu sobriño o cardeal Raddaele Riario dirixiu o fracasado intento de asasinato (coñecido como a ''[[conxura dos Pazzi]]'', [[1478]]) en contra de [[Lourenzo de MédiciMedici]] e o seu irmán Xulián. O [[arcebispo]] de [[Pisa]], un dos principais organizadores deste golpe, foi aforcado nas paredes do Palazzo della Signoria. '''Sisto IV''' contestou estas accións cun interdito e desatando unha guerra de dous anos contra [[Florencia - Firenze|Florencia]]. Tamén induciu a [[Venecia]] para que atacase [[Ferrara]], xa que desexaba este último territorio para o seu outro sobriño. Os príncipes italianos, anoxados ante estas accións, crearon unha alianza para obrigalo a declarar a paz, feito que molestou moito a '''Sisto IV'''.
 
Como gobernante temporal, que construíu varias fortalezas nos Estados da Igrexa, '''Sisto IV''' comprometeuse na agresión de [[Venecia]] en contra do ducado de [[Ferrara]], acto que el mesmo incitara en [[1482]]; o seu ataque combinado foi rexeitado por unha alianza de [[Milán]], [[Florencia - Firenze|Florencia]] e o Rei de Nápoles, o seu aliado. Ao negarse a desistir das hostilidades que el había instigado, '''Sisto IV''' emitiu un [[interdito]] en contra de Venecia no ano [[1483]].