Quilombo dos Palmares: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int
ahí ==> aí
Liña 14:
Despois da expulsión dos holandeses en [[1654]], novos escravos foron traidos ao Brasil para as plantacións de [[cana de azucre]]. Estes, cando fuxían, refuxiavanse en Palmares. Así, as incursións de terratenentes e de tropas en busca deses escravos no quilombo tornaronse frecuentes. Os ''quilombolas'' (moradores do quilombo) puideron repeler estes ataques grazas á súa organización de loita, creada por Ganga Zumba, na forma de guerrillas.
 
O sobriño de Ganga Zumba, Zumbi (nado quizais en [[1655]] no quilombo) foi capturado aínda xóven polos portugueses para ser escravo, pero máis tarde, con unscuns 15 anos de idade, conseguiu fuxir. De ahí viña a desconfianza na palabra dos portugueses.
 
En [[1677]], Fernão Carrillho ofreceu un tratado de paz aos quilombolas, recoñecendo a liberdade dos nados no quilombo e dándoles a posesión dunhas terras pouco fértiles unha vez que aceptasen o dominio portugués. A oferta provocou unha gran división no quilombo, pois a maioría non o aceptou, pero algúns si. Esa división culminou co envenenamento de Ganga Zumba e a asunción de seu irmán Ganga Zona, aliado dos portugueses. Pero isto non puxo fin ao conflito, e a maioría dos negros volveu a Palmares, xa baixo a lideranza de Zumbi, polo recoñecemento do seu valor persoal e combatividade.