Dinoflaxelados: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 64:
Tamén se encontran [[extrusoma]]s fibrosos de moitas formas. Xunto con outros detalles xenéticos e estruturais, esta organización indica unha estreita relación entre os dinoflaxelados, os [[Apicomplexa]], e os [[ciliado]]s, agrupados no supergrupo [[alveolado]]s. <ref> CAVALIER-SMITH, T. 1991. Cell diversification in heterotrophic flagellates. In D. J. Patterson and J. Larsen [eds.], The biology of free-living heterotrophic flagellates, 113–131. Clarendon Press, Oxford, UK. </ref>
 
Os [[cloroplasto]]s da maioría dos dinoflaxelados fotosintéticos están envoltos por tres membranas, o que suxire que probablemente se orixinaron a partir de algas inxeridas. A maioría das especies fotosintéticas conteñen [[clorofila]]s ''a'' e ''c2'', o [[carotenoide]] [[beta-caroteno]], e un grupo de [[xantofila]]s que parece ser exclusivo dos dinoflaxelados, tipicamente [[peridinina]], dinoxanthina, e diadinoxantina. Estes [[pigmento biolóxico|pigmentos]]s danlle a moitos dinoflaxelados a súa distintiva cor castaña dourada. Porén, algún dinoflaxelados adquiriron outros pigmentos por medio de [[endosimbiose]], como a [[fucoxantina]] <ref> Hackett, J. D. et al. 2004. “Dinoflagellates: a remarkable evolutionary experiment.” American Journal of Botany 91: 1523-1534. </ref>.
Isto suxire que os seus cloroplastos foron incorporados en varios eventos endosimbióticos que implicaron a formas xa pigmentadas ou que secundariamente perderan a cor. A descuberta de [[plasto]]s nos [[Apicomplexa]] fixo que algúns suxerisen que os herdaron dun antepasado común aos dous grupos, pero ningunha das liñas basais os ten.
A célula dos dinoflaxelados consta dos orgánulos máis comúns como o [[retículo endoplasmático]] rugoso e liso, [[aparato de Golgi]], [[mitocondria]]s, lípidos e [[gránulo (bioloxía)|gránulos]] de [[amidón]] e [[vacúolo]]s alimenticios. Algúns teñen un orgánulo sensible á luz, o punto ocular ou estigma, ou un gran [[núcleo celular|núcleo]] que contén un prominente [[nucléolo]]. O dinoflaxelado ''Erythropsidium'' ten o ollo máis pequeno coñecido. <ref name="Schwab">{{cite journal | last=Schwab | first=IR | title=You are what you eat | journal=British Journal of Ophthalmology | volume=88 | issue=9 | pages=1113 | publisher=BMJ Group | month=September | year=2004 | pmid=15352316 | doi=10.1136/bjo.2004.049510 | pmc=1772300 }}</ref>