Dinoflaxelados: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 114:
 
==Bioluminescencia==
[[Ficheiro:Noctiluca scintillans.jpg|miniatura|dereita|Bioluminescencia de ''Noctiluca scintilans''.]]
Pola noite, ás veces a auga pode ter unha aparencia escintilante debido á [[bioluminescencia]] dos dinoflaxelados. <ref>{{cita libro|autor=Castro, Peter; Huber, michael E.|título=Marine Biology|ano=2010|editor=McGraw Hill|lugar=New York|páxinas=95|edición=8}}</ref><ref>{{cite journal|last=Hastings|first=J. Woodland|title=Chemistries and colors of bioluminescent reactions: a review|journal=Gene|year=1996|volume=172|issue=1|pages=5–11}}</ref> Polo menos 18 xéneros de dinoflaxelados son bioluminescentes, e a maioría deles (como [http://www.mbari.org/staff/conn/botany/dinos/alimon/biolumin.htm ''Gonyaulax'']) emiten unha [[lonxitude de onda]] verde-azulada. Por tanto, cando son estimulados mecanicamente polo paso dun barco, a natación ou as ondas do mar, pode verse por exemplo un escintileo azul que emana da superficie do mar. <ref name="haddock">{{cite journal|last=Haddock|first=Steven H.D.|coauthors=Moline,M.A., Case, J.F|title=Bioluminescence of the sea|journal=Annual Review of Marine Science|date=1|year=2009|month=October|volume=2|pages=443–493|doi=10.1146/annurev-marine-120308-081028}}</ref> A reacción [[luciferina]]-[[luciferase]] responsable desta bioluminescencia é sensible ao [[pH]]. <ref name="haddock"/> Cando cae o pH (maior acidez), o encima [[luciferase]] cambia a súa forma, permitindo que a molécula bioluminescente [[luciferina]] se una. <ref name="haddock"/> Os dinoflaxelados poden utilizar a bioluminescencia como un mecanismo de defensa. Poden asustar aos seus depredadores cos seus escintileos de luz ou poden protexerse dos seus predadores potenciais indirectamente por un efecto de "alarma antirroubo". <ref name="haddock"/> Os dinoflaxelados poden usar a súa bioluminescencia para atraer a atención sobre o seu depredador, que pode así ser vulnerable a outros depredadores de cadeas tróficas máis altas.<ref name="haddock"/>