Señorío de Villena: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 4 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q3321410
lig ints
Liña 1:
[[Ficheiro:Blasón de los Manuel.jpg|miniatura|250px|Escudo de Armas dos Manuel.]]
[[Ficheiro:Señorío de Villena en 1340.png|miniatura|255px|Extensión do Señorío de Villena en tempos de don Juan Manuel, por [[1340]].]]
A base territorial do '''señorío de [[Villena]]''' estendeuse por unha ampla comarca limitada polo norte co alfoz da Cidade de [[Cuenca, España|Cuenca]] e polo sur co termo da Cidade de [[Murcia]]. Este territorio estruturouse fundamentalmente en dous centros políticos: a Terra de [[Alarcón]], ao norte, e a Terra de [[Chinchilla de Monte-Aragón|Chinchilla]], ao sur. E, arredor deles, agrupáronse outras vilas con con extensións máis reducidas, entre elas, [[Iniesta]], a Terra de [[Jorquera]], [[Hellín]], [[Tobarra]], [[Almansa, Albacete|Almansa]], [[Yecla]], [[Sax, Alacant|Sax]] e [[Villena]], que, a pesar de conferirlle o nome ao señorío, ocupou unha situación periférica respecto a todo o conxunto. O señorío experimentou durante a súa duración cambios conxunturais externos, debido a anexión temporal dalgunha poboación próxima, como o caso de [[Villarrobledo]], [[Lezuza]], [[Munera]], [[Jumilla]] ou [[Utiel]] no [[século XV]], ou tamén polas perdas doutras Vilas.
 
Este conxunto señorial ten unha dobre orixe histórica, por un lado as poboacións da Terra de [[Jorquera]], [[Hellín]], [[Villa de Ves|Ves]], [[Tobarra]], [[Almansa, Albacete|Almansa]], [[Yecla]], [[Sax, Alacant|Sax]] e [[Villena]], pertenceron ao infante don [[Manuel de Castela|Manuel]] no [[século XIII]], unidas a outras vilas alacantinas, de aí o de denominar este territorio ''Terra de don Manuel''. Por outro lado, o sector norte, a ''Terra de [[Alarcón]]'' e [[Iniesta]], pertenceu ao reguengo durante o [[século XII]] e [[século XIII|XIII]], sendo incorporado ao señorío de Villena polo referido infante.
 
== Formación do señorío ==
 
En [[1252]], ano no que [[Afonso X]] chega ao trono de [[Coroa de Castela|Castela]], o infante don [[Manuel de Borgoña e Suabia|Manuel]], irmán de [[Afonso X de Castela|Afonso ''o Sabio'']], figurará a miúdo entre os seus conselleiros, como asinante de documentos reais. Afonso armarao cabaleiro, en [[1254]], e logo terá oficios e cargos da casa real. Cando foi nomeado alférez do rei, serviu tamén ao seu irmán como embaixador ante o Papa, co que aproveitou para gañarse a amizase da poderosa [[Orde de Santiago]] e intentou que [[Afonso X]] fora elixido emperador e, ao mesmo tempo, impedir, con notable éxito, os plans para o mesmo fin que tiña [[Ricardo de Cornualles]]. En xaneiro de [[1261]], o infante don Manuel e a súa esposa, [[Constanza de Aragón e Hungría|Constanza]], afiliáronse como familiares á [[orde de Santiago]], prometendo axudarlle a esta e ao seu mestre [[Paio Peres Correia]], e facerse enterrar a si mesmos e os seus descendentes no [[Mosteiro de Uclés]], onde levantaron unha capela. Moi probablemente, esta amizade co mestre Paio Peres, unida, desde logo, aos seus servizos á Coroa, valeulle a posesión de [[Elx]], [[Crevillent]], [[Aspe]] e o val de [[Elda]], no reino de Murcia, ocupado quince anos antes, pero apenas poboado aínda por cristiáns; que lle foron recoñecidos polo rei en [[1262]], e que a partir de entón constituíron o núcleo máis forte das súas dispersas posesións. Algunhas referencias indican que [[Elda]] pertencíalle con anterioridade a este ano <ref name="pretellyllopis">{{cita libro
| autor = Aurelio Pretel Marín, Miguel Rodríguez Llopis