Arsenio Martínez-Campos Antón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
+ cat; lig int
Liña 6:
Foi un militar de carreira que se formou na Escola do Estado Maior. En [[1854]] foi nomeado membro do Estado Maior español, do que máis tarde sería profesor. En [[1860]] foi destinado a [[África]], nunha expedición conxunta con Francia e Inglaterra, acadando o grao de [[tenente coronel]]; tamén tomaría parte na campaña de [[1862]] en [[México]] so as ordes do xeneral [[Joan Prim i Prats|Joan Prim]].
 
En [[1868]] a raíña [[Isabel II de España|Isabel II]] foi destronada. Un ano despois Martínez-Campos será destinado a [[Cuba]], onde acababa de comezar a [[Guerra dos Dez Anos]]. Regresa a España tres anos logo como [[brigadier]] por méritos de guerra. Unha vez na Península, recibe o mando dunha brigada para combater os [[carlista]]s en [[Cataluña]]. En [[1873]], durante a [[Primeira República española]], o presidente [[Nicolás Salmerón]], noméao Capitán Xeneral de Valencia e encárgalle someter os [[Cantonalismo|cantóns]] de [[Almansa, Albacete|Almansa]] e de [[Valencia]], cousa que consegue sen demasiada dificultade, pero empregando toda a dureza posíbel; así a última cidade foi bombardeada e tomada a asalto.
 
O [[2 de xaneiro]] de [[1874]] o xeneral [[Manuel Pavía]] disolveu as Cortes republicanas, aínda que a Primeira República sobreviviu case todo ese ano, dirixida por Serrano, estaba ferida xa de morte.