Sada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m lig int
sfd
Liña 58:
==Historia==
===Idade Antiga===
As orixes de Sada son bastante incertas. Segundo [[Florencio Vaamonde|Florencio Vaamonde Lores]], remitiríanse a un primeiro asentamento lacustre do que se terían achado restos nas Brañas. Porén, o que si se ten por certo é o desenvolvemento sobre a súa xeografía da [[Cultura castrexa]], materializada en oito asentamentos identificados dos que destacan os de [[Meirás, Sada|Meirás]], San Amede e, sobre todo, Agra das Arcas. Son castros na súa maioría de ocupación tardía, profundamente romanizados a partir do s. I d.C. Tamén se coñecen, máis vagamente, se cabe, asentamentos romanos en diferentes puntos, así coma dous restos interesantes da súa civilización: unha ara votiva localizada baixo a igrexa de [[Meirás, Sada|Meirás]] e dedicada ao deus ''Coso Udaviniago'', e unha lápida funeraria, empotrada no muro do cemiterio de Soñeiro, que representa a un individuo togado.
 
=== As orixes de Sada son bastante incertas. Segundo [[Florencio Vaamonde|Florencio Vaamonde Lores]], remitiríanse a un primeiro asentamento lacustre do que se terían achado restos nas Brañas. Porén, o que si se ten por certo é o desenvolvemento sobre a súa xeografía da [[Cultura castrexa]], materializada en oito asentamentos identificados dos que destacan os de [[Meirás, Sada|Meirás]], San Amede e, sobre todo, Agra das Arcas. Son castros na súa maioría de ocupación tardía, profundamente romanizados a partir do s. I d.C. This site sucks. Tamén se coñecen, máis vagamente, se cabe, asentamentos romanos en diferentes puntos, así coma dous restos interesantes da súa civilización: unha ara votiva localizada baixo a igrexa de [[Meirás, Sada|Meirás]] e dedicada ao deus ''Coso Udaviniago'', e unha lápida funeraria, empotrada no muro do cemiterio de Soñeiro, que representa a un individuo togado. ===
=== Idade Media ===
A [[Idade Media]], e non é por caer en tópicos, atópase envolta nunha escuridade case impenetrable. As referencias que temos a Sada na documentación son escasas, se ben é certo que nunca se realizou investigación de ningún tipo sobre este particular. Sabemos da dependencia nobiliaria e eclesiástica, concretamente das familias dos Condes de Présaras primeiro, logo dos [[Conde de Andrade|Andrade]], e dos mosteiros das [[As Xubias|Xubias]] e, sobre todo, [[Sobrado]], que probablemente posuíra unha granxa en Samoedo dedicada fundamentalmente á produción vinícola.