Rosetón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 4:
 
O rosetón utilizouse na [[arquitectura románica]] e con maior profusión na [[arquitectura gótica|gótica]]. Inicialmente adoitaban ser de pequeno diámetro e dispúñase a modo de [[óculo]] nos laterais das [[Nave (arquitectura)|naves]]. Pero a partir do [[século XIII]] os rosetóns foron aumentando en tamaño e en complexidade de decoración, ata chegar a incribles graos de filigrana pétrea. Pasaron a situarse nas fachadas, por encima das [[portada]]s, e en cada un das frontes do [[transepto]]. As vidreiras decorábanse normalmente con escenas [[Biblia|bíblicas]] en vivas cores.
 
[[Ficheiro:Notre Damme internal windown rose.JPG|miniatura|Notre Dáme de Paris. Vista interior do rosetón]]
Ao rosetón atribuíuselle un dobre simbolismo: un [[Virxe María|mariano]], pola aparencia que ten da estrutura dunha [[rosa (flor)|rosa]]; outro que suxire a [[Cristo]], como remedo dos raios do [[sol]].
 
A súa misión tamén é dobre: por unha banda, a máis simple de iluminar o interior dos templos; por outro, o conseguir un ambiente misterioso ao incidir no [[Altar (relixión)|altar]] os raios filtrados polas multicolores vidreiras cando os rosetones ábrense no [[imafronte]] da nave central.
 
Como un dos exemplos máis representativos dun rosetón adóitase citar a parella que adorna o [[transepto]] de [[Catedral Notre Dáme de París|Notre Dáme de Paris]]. En España existen magníficas e variadas mostras, por exemplo o maior do mundo, coñecido popularmente como o [[Rosetón maior da Catedral de Santa María de Palma de Mallorca|ollo do gótigo]] na [[Catedral de Santa María de Palma de Mallorca]] ou tamén o da [[Catedral de Burgos]] entre tantos outros.{{Commons|:Category:Rose window}}{{Elementos da arquitectura eclesiástica}}
 
== Véxase tamén ==
==Ligazóns externas==
{{Commons|:Category:Rose window}}
{{Elementos da arquitectura eclesiástica}}
 
[[Categoría:Elementos arquitectónicos|rosetón]]