Fuco Gómez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m lig int
Xas (conversa | contribucións)
m elimino homónimos
Liña 4:
Residiu en [[Cuba]], a onde chegou en [[1913]], a maior parte da súa vida. Autodidacta, participou activamente en actividades políticas no seo da colonia galega e comezou a escribir en publicacións como ''[[Galicia (A Habana)|Galicia]]'', ''[[Heraldo de Galicia (A Habana)|Heraldo de Galicia]]'' e ''[[Eco de Galicia]]'' defendendo a independencia de Galicia e a súa lingua. Tamén chegou a ser presidente da Sociedad de Instrucción de Becerreá y su contorno. Participou na constitución das primeiras organizacións políticas galegas, como a [[Irmandade Galega da Habana]] en [[1917]], o [[Partido Autonomista Galego]] dous anos máis tarde, e ao ano seguinte a [[Xuntanza Nazonalista Galega d'Habana]] e o [[Comité Revoluzonareo Arredista Galego]], de carácter independentista. Para a Xuntanza Nacionalista Galega dirixiu a revista ''[[Nós (A Habana)|Nós]]'' e a publicación ''[[Terra Gallega]]''.
 
Na [[Segunda República Española|Segunda República]] volveu para Galiza en [[1932]] co obxectivo de defender o independentismo, mais cun rotundo fracaso, pois os [[galeguista]]s considerárono un aventureiro. Tamén se dedicou a recoller palabras e refráns populares. Publicou varios artigos en ''[[A Fouce (Buenos Aires)|A Fouce]]''. Regresou a Cuba en [[1935]].
 
Colaborou en ''[[Cultura Gallega]]'' e foi presidente da Institución Galega (Círculo Benéfico Cívico-Social) en 1940. Entre os anos [[1941]] e [[1961]] dirixiu a revista mensual ''[[Patria Galega]]''. Fuco Gómez publicou case medio cento de obras.