Biblia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
retiro ligazóns agora proporcionadas polo Wikidata
→‎As versións da Biblia: + datos desde a edición en galego do texxto
Liña 20:
Pola contra, o grego do Novo Testamento que foi escrito nun periodo duns 70 anos, a pesar das diferenzas de estilo entre os libros, corresponde ao chamado grego Koiné, istó é, o grego común falado entón máis ou menos en todo o oriente do Imperio Romano.
 
== As versións da Biblia ==
A pesar da antigüidade dos libros bíblicos, os manuscritos existentes máis antigos que posuímos datan a maior parte dos séculos III-IV. Tales manuscritos son o resultado do traballo de copistas que, durante séculos, foron facendo copias dos textos, de modo que fosen transmitidos ás xeracións seguintes. Transmitido por un traballo desta natureza o texto bíblico, como é obvio, está suxeito a erros e modificacións, involuntarios ou voluntarios, dos copistas, o que se traduce na coexistencia, para un mesmo treito bíblico, de varias versións que, aínda que non afecten grandemente o contido, suscitan diversas lecturas e interpretacións dun mesmo texto.
 
A pesar da antigüidade dos libros bíblicos, os manuscritos máis antigos que posuímos datan a maior parte dos séculos III-IV. Tales manuscritos son o resultado do traballo de copistas que, durante séculos, foron facendo copias dos textos, de modo que fosen transmitidos ás xeracións seguintes. Transmitido por un traballo desta natureza o texto bíblico, como é obvio, está suxeito a erros e modificacións, involuntarios ou voluntarios, dos copistas, o que se traduce na coexistencia, para un mesmo treito bíblico, de varias versións que, aínda que non afecten grandemente o contido, suscitan diversas lecturas e interpretacións dun mesmo texto.
 
A gran fonte hebraica para o Antigo Testamento é o chamado Texto Masorético. Trátase do texto hebraico fixado ao longo dos séculos por escolas de copistas, chamados Masoretas, que tiñan como particularidade un escrúpulo rigoroso na fidelidade da copia ao orixinal. O traballo dos masoretas, de copia e tamén de vocalización do texto hebraico (que non ten vogais, e que, por ese motivo, ao tornarse lingua morta, necesitou de as indicar por medio de sinais), prolongouse ata o séc. VIII d.C. Pola gran seriedade deste traballo, e por ter sido feito ao longo de séculos, o Texto Masorético (abreviatura: TM) é considerado a fonte máis autorizada para o texto hebraico bíblico orixinal.
Liña 35 ⟶ 34:
 
Outra versión con importancia é a chamada [[Vulgata]], ou sexa, a tradución latina de [[San Xerome]], elaborada no séc. IV-V, e que foi utilizada durante moitos séculos polas Igrexas Cristiás do occidente.
 
===Edición en galego===
Tralo [[Concilio Vaticano II]] comezou a formularse a posibilidade de traducir a Biblia en [[lingua galega]], e en 1973 o consello de administración da SEPT (Sociedade de Estudos, Publicacións e Traballos, creada en 1966) decidiu levar a cabo o proxecto. Creouse un grupo de traballo coordinado por [[Xosé Fernández Lago]] e [[Andrés Torres Queiruga]], do que formaban parte [[Martín María Díaz]], [[Xesús Ferro Ruibal]], [[Anxo González Núñez]], [[Emilio Losada Castiñeiras]], [[Xosé Antón Miguélez Díaz]], [[Francisco Pérez Santalices]], [[Manuel Regal Ledo]], [[Xosé Rodríguez Carballo]], [[Xoán Carlos Rodríguez Herranz]], [[Xosé Manuel Rodríguez Pampín]] e [[Xosé Antonio Salgado Agromartín]]. En 1980 saíu a tradución do [[Novo Testamento]], e a edición completa da Biblia en galego apareceu en [[1989]]. En [[1990]] acadou o [[Premio Nacional de Tradución de España]].
 
== Libros da Biblia ==